Certame de Poesía Infantil “Nadal 2016”

Xa temos aquí as bases do certame de Nadal:

Certame de Poesía Infantil “Nadal 2016”

– Convocatoria Local –

A BIBLIOTECA PÚBLICA MUNICIPAL DO SAVIÑAO convoca o CERTAME DE POESÍA INFANTIL “NADAL 2016” (Fase local), de acordo coas seguintes

BASES:

1.- Poden participar tódolos nenos e nenas, con poemas sobre o tema xenérico de “O NADAL”.
2.- Establécense tres categorías:

  • A, ata 8 anos,
  • B, de 9 a 11 anos,
  • C, de 12 a 16 anos.

3.- Cada autor poderá presentar cantos traballos desexe. Os poemas estarán escritos en galego e a súa extensión será como máximo dun folio por unha soa cara. Con cada traballo, acompañarase unha folla co nome e demais datos do autor (sobre todo o número de teléfono de contacto). [pulsar para descargar o modelo]
4.- O prazo de presentación dos poemas rematará o 23 de decembro de 2016, debendo ser entregados polos seus autores na BIBLIOTECA PÚBLICA MUNICIPAL.
5.- Un xurado, formado por entendidos na materia, seleccionará por cada modalidade e categoría un máximo de tres traballos. Os autores seleccionados recibirán cadanseu diploma e libros.
6.- Os traballos premiados nesta fase local, participarán na fase provincial do Certame, convocada pola Biblioteca Pública Provincial de Lugo, co patrocinio da Consellería de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia.
7.- O fallo do xurado local farase público na primeira quincena de xaneiro do 2017.
8.- Os traballos premiados pasarán a ser propiedade da Biblioteca Pública que se reserva o dereito de publicación dos mesmos.
9.- Todas as incidencias non previstas nestas bases serán resoltas polo xurado.
10.- A presentación das obras a este certame supón a aceptación das presentes bases.

NOTAS:

  1. Podes imprimir o formulario para participar e cubrilo sen pasar pola biblioteca pulsando aquí. É moi importante que figuren completos todos os datos de contacto.
  2. A data de entrega de premios e diplomas para os traballos gañadores darase a coñecer na biblioteca.
  3. Calquera outra dúbida, podes consultala na biblioteca.
  4. Cos traballos seleccionados na fase provincial, a Biblioteca Nodal de Lugo adoita editar unha publicación, da que fai chegar varios exemplares tanto ás bibliotecas participantes coma a quen presentara un traballo gañador. Na biblioteca dispoñemos de exemplares destas publicacións das distintas edicións tanto para empréstito como para consulta na sala. As portadas pódense ver na wiki da biblioteca.

Os-nenos-e-o-nadal
Estes son parte dos traballos publicados cos poemas gañadores da fase provincial nos certames anteriores e que se poden atopar na biblioteca.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s