concurso de debuxo infantil feira do viño de amandi

Acaba de chegarnos a convocatoria do III Certame de Debuxo Infantil XXXVII Feira do Viño de Amandi. Como xa sabedes que nos gusta animarvos a participar en todo tipo de certames artísticos, aquí vos deixamos as bases:

O Concello de Sober convoca o III Certame de Debuxo Infantil Feira do Viño  de Amandi 2017, coa finalidade de elaborar un adhesivo co debuxo gañador, de acordo coas seguintes bases:

  1. Neste certame poden participar tódolos nenos, con idades comprendidas entre 6 e 12, dos centros de ensino da comarca da Terra de Lemos.
  2. Os debuxos deberán presentarse sobre cartolina tamaño aproximado DIN A4, sobre o tema que se propón a continuación:

O CULTIVO DA VIDE NA RIBEIRA SACRA.

  1. Cada autor presentará un único traballo acompañado cunha folla cos seus datos persoais.
  2. O prazo de presentación dos traballo rematará o vindeiro 24 de marzo, debendo ser entregados na Biblioteca Pública do Concello de Sober.
  3. O xurado, formado por persoas entendidas na materia, seleccionará un único traballo que será o gañador deste certame.
  4. O traballo premiado pasará a ser propiedade do Concello de Sober, que se reserva o dereito de publicación do mesmo.
  5. O premio estará valorado en 150 euros, e a entrega do mesmo terá lugar o día 31 de marzo, no Centro Sociocultural de Sober ás 12:00h.
  6. A presentación das obras a este Certame supoñen a aceptación das presentes bases.

En Sober, a  3 marzo de 2017

Animádevos a participar noCertame de debuxo infantil XXXVII Feira do Viño de Amandi.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s