certame letras galegas 2017

AVISO: amplíase o prazo ata o venres 12!

Xa sabedes que cada ano festexamos o Día das Letras convidándovos a participar no Certame de Narración e Debuxo Infantil Letras Galegas. Pois ben, acaban de chegarnos as bases da convocatoria!

Lembrade que podedes participar tanto con historias coma con debuxos. Para iso lembrade que o día 7 de marzo temos un obradoiro de debuxo [preme aquí para máis información].

Queda máis dun mes, pero pasa rápido, non deixes pasar o tempo e ponte mans á obra!

Bases para o certame Letras Galegas 2017

– Convocatoria Local –

A BIBLIOTECA PÚBLICA MUNICIPAL DO SAVIÑAO convoca o

CERTAME DE NARRACIÓN E DEBUXO INFANTIL LETRAS GALEGAS 2017 (Fase Local),
de acordo coas seguintes bases:

1.- Poden participar tódolos nenos con:

– A) Narracións, en galego, cunha extensión máxima dun folio por unha soa cara, sobre o tema que se propón a continuación:

  • “O mundo que queremos”: coidado do medio ambiente, a saúde, a integración, a igualdade, o respecto,…

– B) Debuxos, feitos sobre cartolina de tamaño aproximado de DIN A4, sobre o tema que se propón a continuación:

  • “O mundo que queremos”: coidado do medio ambiente, a saúde, a integración, a igualdade, o respecto,…

2.- Cada autor pode presentar cantos traballos desexe, acompañando cada un deles cunha folla cos seus datos personais.

3.- Establécense tres categorías:

  • A, ata 8 anos,
  • B, de 9 a 11 anos,
  • C, de 12 a 16 anos.

4.- O prazo de presentación dos traballos rematará o vindeiro 8 de maio, debendo ser entregados polos seus autores na BIBLIOTECA MUNICIPAL DO SAVIÑAO (Escairón).

5.- O xurado, formado por persoas entendidas na materia, seleccionará por cada modalidade e categoría un máximo de tres traballos.

6.- Os traballos premiados nesta fase local participarán na fase provincial do Certame, convocada pola Biblioteca Pública de Lugo, co patrocinio da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia.

7.- O fallo do xurado local farase público antes do DÍA DAS LETRAS GALEGAS.

8.- Os traballos premiados pasarán a ser propiedade da Biblioteca Pública, que se reserva o dereito de publicación dos mesmos.

9.- Todas as incidencias non previstas nestas bases serán resoltas polo xurado.

10.- A presentación das obras a este Certame supón a aceptación das presentes bases.

Advertisements

2 thoughts on “certame letras galegas 2017

  1. Pingback: deixa o móbil e debuxa…na biblioteca | Biblioteca Pública Municipal do Saviñao

  2. Pingback: contacontos de maio | Biblioteca Pública Municipal do Saviñao

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s