diario de ana frank

Acaban de facerse 70 anos da primeira publicación do Diario de Ana Frank da man do seu pai Otto co título de A casa de atrás (o 25 de xuño de 1947).

Trátase da historia dunha moza alemá de ascendencia xudea que se traslada coa súa familia fuxindo da Alemania nazi a refuxiarse en Ámsterdam.

diarioÓ facer os 13 anos Ana recibe como agasallo dos seus pais un libro de autógrafos que comeza a usar como diario.

Pouco despois, toda a familia terá que ocultarse coa chegada dos nazis.

Escribe no diario tamén durante os 2 anos e 1 mes en que permaneceu oculta coa súa familia e outras 4 persoas ata que foron descubertos (entre o 9 de xullo de 1942 e o 4 de agosto de 1944).

diario2Só un ano despois de ser capturadas, Ana e a súa irmá maior Margot, morreron de tifus pouco antes de que o campo de concentración nazi de Bergen-Belsen ó que foron trasladadas fora liberado.

O seu pai, Otto Frank, foi o único sobrevivinte do grupo de persoas que se escondían xuntos en Ámsterdam. Ó recuperar os escritos de Ana, decidiu cumprir o desexo da súa filla e publicou a súa historia, que foi traducida a varios idiomas.

Podes atopalo na biblioteca!

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s