Que significa a integración no Catálogo da Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia?
O catálogo da Rede de Bibliotecas Galicia ten, entre os seus obxectivos xerais:
- Favorecer a colaboración e o traballo cooperativo por medio dun catálogo común a todas as bibliotecas da Rede.
- Ofrecer un único catálogo en liña aos usuarios da Rede: consultar desde un único portal todos os libros dispoñibles en todas as bibliotecas da Rede.
- Propocionar aos usuarios un un só carné válido para todas as bibliotecas integrantes da Rede: con só resistrarse nunha biblioteca poden levar en préstamo materiais de todas as bibliotecas integradas na Rede.
Para a consecución destes obxectivos, o proxecto atópase actualmente nunha segunda fase que conleva:
- Novos desenvolvementos que contribuirán á mellora do catálogo e das funcionalidades que ofrece ós usuarios das bibliotecas da Rede.
- Incorporación ao catálogo da Rede de 70 bibliotecas Meiga.
Advertisements