Como xa sabedes, cada ano convócase o Certame de Narración e Debuxo Infantil Letras Galegas para festexar o Día das Letras Galegas.
Presentámosvos xa as bases da convocatoria deste ano!
Aínda vos queda máis dun mes para entregar os vosos traballos na biblioteca de Escairón.
Animámosvos a participar tanto con historias coma con debuxos.
Bases para o certame Letras Galegas 2019
A BIBLIOTECA PÚBLICA MUNICIPAL DO SAVIÑAO convoca o
CERTAME DE NARRACIÓN E DEBUXO INFANTIL LETRAS GALEGAS 2019 (Fase Local), de acordo coas seguintes bases:
1.- Poden participar todas as nenas e nenos con:
– A) Narracións, en galego, cunha extensión máxima dun folio por unha soa cara, sobre o tema:
- “A revolución do Cambio Climático”
– B) Debuxos, feitos sobre cartolina de tamaño aproximado de DIN A4, sobre o tema:
- “A revolución do Cambio Climático”
A Biblioteca Pública quere sumarse ao rol das bibliotecas como aliadas na consecución da Axenda 2030: Desenvolmento Sostible, das Nacións Unidas, e os seus 17 obxectivos de desenvolvemento sostible. Centrarémonos no:
-
- Obxectivo 13. EDUCACIÓN E SENSIBILIZACIÓN, adoptar medidas urxentes para combatir o cambio climático e os seus efectos.
- Obxectivo 15. VIDA DE ECOSISTEMAS TERRESTRES, promover o uso e xestión sostibles dos ecosistemas terrestres, loitar contra a desertificación, deter a degradación das terras e a perda de biodiversidade.
Os mozos e mozas do presente son axentes fundamentais do cambio con novos enfoques para lograr que no futuro o noso planeta sexa un mundo mellor. Por iso o Certame de Narración e Debuxo Infantil “Letras Galegas 2019” centrarase na visión dos mais novos das revolucións que se poden producir.
2.- Cada autor pode presentar cantos traballos desexe, mecanografados, escritos a computador ou a man; neste último caso sempre a bolígrafo e nunca a lapis. Con cada traballo, acompañarase unha folla co nome e demais datos do autor.
3.- Establécense tres categorías:
- A, ata 8 anos,
- B, de 9 a 11 anos,
- C, de 12 a 16 anos.
4.- O prazo de presentación dos traballos rematará o vindeiro 8 de maio, debendo ser entregados polos seus autores na BIBLIOTECA PÚBLICA MUNICIPAL DO SAVIÑAO (Escairón).
5.- O xurado, formado por persoas entendidas na materia, seleccionará por cada modalidade e categoría un máximo de tres traballos.
6.- Os traballos premiados nesta fase local participarán na fase provincial do Certame, convocada pola Biblioteca Pública de Lugo, co patrocinio da Consellería de Culturae Turismo da Xunta de Galicia.
7.- O fallo do xurado local farase público antes do DÍA DAS LETRAS GALEGAS.
8.- Os traballos premiados pasarán a ser propiedade da Biblioteca Pública, que se reserva o dereito de publicación dos mesmos.
9.- Todas as incidencias non previstas nestas bases serán resoltas polo xurado.
10.- A presentación das obras a este Certame supón a aceptación das presentes bases.
[Podes descarcar aquí a ficha para os teus datos persoais]
Recordade que quen gañe na fase local participa despois na fase provincial, co cal é o dobre premios!
Pingback: o gran xogo das letras galegas | Biblioteca Pública Municipal do Saviñao
Pingback: fallo do certame de narración e debuxo letras galegas 2019 | Biblioteca Pública Municipal do Saviñao