Hoxe en día os podcasts están na picota.
Ven e achégate, imos facer un podcast! Queres aprender a facer un podcast? Aquí aprenderás a escribir e guionizar, a interpretar, a locutar e a editar un podcast!
E despois só hai que subilo á nube…
Aprende a facer un podcast! na Biblioteca Pública Municipal do Saviñao o vindeiro venres 5 de xullo ás 12 h., neste obradoiro do programa Ler conta moito, financiado pola Consellería de Cultura e o Concello do Saviñao.
Neste Obradoiro totalmente práctico en tan só 120 min. Aprenderás a:
- Escribir e guionizar o teu podcast!
- Locutar e interpretar o teu podcast!
- Gravar e editar o teu podcast con Audacity!
Esta actividade está recomendada a partir de 10 anos.