próxima reapertura da biblioteca

Está previsto que as bibliotecas abran de novo ó público o día 11 de maio se están nunha área que pase á FASE 1 da desescalada.

Ata a seguinte fase, non está previsto que se permita o servizo de lectura en sala de materiais da biblioteca, posto que todo material que se manipule deberá pasar a depositarse en corentena para evitar o risco de contaxio.

Para a reapertura adoptouse un horario continuado, que será de 9 a 14 h. Deberase solicitar cita por teléfono para evitar colas e aglomeracións debido ó limitado aforo.

Para garantir a seguridade tanto do persoal da biblioteca coma das persoas usuarias da mesma, adoptáronse varias medidas que relacionamos a continuación:

Medias adoptadas para a reapertura:

  • Procedeuse á limpeza das instalacións
  • Os libros estiveron en corentena (biblioteca pechada 3 semanas)
  • Acotáronse as distintas zonas de uso (iranse adaptando co avance das fases)
  • Poranse dispensadores de xel hidroalcohólico á entrada do edificio e no mostrador de atención

As persoas que acudan á biblioteca deben ter en conta:

  • O aforo limitouse: na FASE 1 só 1 persoa cada vez e só para préstamo e devolución (posible modificación por publicación de normativas específicas)
  • Deberán pedir previamente cita telefónica para evitar esperas e aglomeracións (teléfono 982452324) e así o material solicitado xa estará preparado para cando cheguen recollelo
  • Agardarán quenda para entrar (na primeira fase o aforo está moi limitado),
  • O acceso á biblioteca farase con máscara e, de ser posible, con luvas. As máscaras subministráronse de balde no concello
  • A porta permanecerá aberta para evitar tocala coas mans e o edificio permanecerá ventilado en todo momento, así que non se debe pechar ó saír
  • Restrínxese o acceso ós inodoros porque non se pode garantir a súa limpeza e desinfección despois de cada uso, aínda que os lavabos si que estarán dispoñibles con xabón e toallas de papel

Para facer os préstamos e devolucións deberán:

  • Traer o carné da biblioteca
  • Traer todos os libros xuntos, preferentemente nunha bolsa
  • Manter a distancia mínima de seguridade recomendada (2 metros) tanto mentras agardan coma cando son atendidas
  • Levar os libros na bolsa na que se entreguen e desinfectar o seu exterior ó chegar á casa (por posible contaminación por contacto despois de saír da biblioteca)
  • Todas as devolucións serán postas en corentena un mínimo de 14 días (non se poderá levar un libro que acaba de ser devolto)

Estas medidas iranse adaptando á publicación de novas normativas ditadas polas autoridades competentes en materia de Sanidade e Bibliotecas.

Dúbidas frecuentes:

Teño libros na casa que venceron hai semanas, vanme sancionar?

NON. Debido á situación tan excepcional que nos tocou vivir, os servizos informáticos da Rede de Bibliotecas de Galicia, renovaron automaticamente todos os préstamos que tiñan a data de vencemento a partir do 13 de marzo desde o momento no que se decretou o Estado de Alarma. Se tés algún préstamo que estivera vencido, pódelo traer de volta e avisarnos antes de que o procesemos para retirar a sanción, pois nestes casos non se puido proceder á prórroga dos prazos.

Cantos libros podo levar?

As condicións de préstamos mantéñense e poderás levar o mesmo número de exemplares que podías levar antes do confinamento.

Por que 14 días de corentena?

Non hai medios de desinfección que garantan que non se deterioren os libros, posto que uns requiren mollalos, e outros non garanten que accedan ás partes interiores dos mesmos, polo que a medida que se demostra máis efectiva é non actuar sobre eles e mantelos en corentena.

Polo que respecta á corentena, hai discrepancias entre diferentes estudos sobre a permanencia do virus no papel, desde 72 horas a 14 días. Varias asociacións profesionais, tanto internacionais coma españolas, optaron pola opción máis duradeira por unha maior precaución, e salvo que a nivel galego se establezan outras pautas, na nosa biblioteca adoptaremos a opción máis precavida.

Cando poderei volver estudar na biblioteca?

De momento está previsto que na FASE 2 da volta á normalidade se permita.

 

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s