fase 3 na biblioteca

Este luns comezamos a Fase 3 da desescalada. Segundo o que marca a normativa aplicable, permitirase a consulta e o estudo en sala, o uso de ordenadores. A sala infantil deberá permanecer pechada.

Seguiremos co aforo limitado, e atendendo con cita previa tanto para devolucións como para préstamos, uso dos ordenadores, nos que se limitará o tempo de permanencia nas instalacións para evitar aglomeracións e e manter a distancia de seguridade de 2 metros, e para usar os postos habilitados para o estudio. Seguirá sendo necesario acodir con mascariña, e para usar os ordenadores da biblioteca ademais deberanse traer luvas. Para os préstamos e consulta en sala, deberase indicar durante a solicitude de cita os materiais que se desexan levar ou consultar na sala, que unha vez devoltos pasarán a depositarse en corentena, polo que é moi importante saber que materiais se precisan.

recomendacionsSavinaoFase3Os servizos dispoñibles, horarios, citas e aforo, modificaranse na medida das necesidades e de acordo co que as normativas aplicables permitan e/ou esixan.

O horario de atención ó público amplíase de luns a venres de 9 a 14 h., provisionalmente ata o 1 de setembro.horario verán COVID

Deberanse seguir unhas medidas de conducta e hixiene básicas: uso de luvas para usar os ordenadores, e mascariña para acceder á biblioteca, ademais de facer uso dos dispensadores de xel á entrada.normas acceso covid-19

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s