O disposto no DOG Nº 16-Bis, do martes 26 de xaneiro de 2021, sobre medidas de prevención específicas como consecuencia da evolución da situación epidemiolóxica derivada do COVID-19 na Comunidade Autónoma de Galicia, decretou a restrición temporal da actividade das bibliotecas, polo que a Biblioteca Pública Municipal do Saviñao permanecerá pechada ó público desde o 27 de xaneiro ata o 17 de febreiro, polo que quedan pechados os servizos presenciais (préstamo e devolución, consulta e lectura en sala, uso de ordenadores).
Aínda así, continuaremos traballando a porta pechada para tervos preparadas máis novidades para cando reabramos, e continuaremos resolvendo consultas bibliográficas no teléfono 982 45 23 24 (de 10 a 14 horas) e no correo electrónico osavinao.rbgalicia@eidolocal.es.
A devolución e a reserva de documentos quedarán pospostas ata a reapertura dos centros, prevista para o día 17 de febreiro, polo que non debedes preocuparvos por que se vos sancione por non devolvelos antes desa data.
Lembrade que por ter carné da Biblioteca Pública Municipal do Saviñao podes ademais acceder de balde a GaliciaLe (plataforma de préstamo de libros, revistas, audiolibros e películas en formato electrónico da Rede de Bibliotecas de Galicia). Aí atoparedes 2 catálogos: Catálogo en galego e Catálogo en castelán. Podedes acceder a calquera deles.
Para consultar a normativa que decretou este peche temporal accede desde os seguintes enlaces: