A biblioteca cambiará ó horario de verán o día 22 de xuño.
Abrirá e luns a venres de 8:30 a 14:30 ata o 15 de setembro.
A biblioteca cambiará ó horario de verán o día 22 de xuño.
Abrirá e luns a venres de 8:30 a 14:30 ata o 15 de setembro.
A biblioteca pechará os días 16 e 17 de maio.
Os libros quedarán prorrogados automaticamente ata o día 18 de maio.
Poderán devolverse no mostrador de rexistro do concello en horario de mañá 16 de maio.
Desculpen as molestias.
A biblioteca pecha desde o venres 8 por Semana Santa.
Os libros quedarán prorrogados automaticamente ata o día 18 de abril.
Poderán devolverse no mostrador de rexistro do concello en horario de mañá os días laborables.
Desculpen as molestias.
A biblioteca pecha o 28 de febreiro.
Os préstamos quedan automaticamente prolongados ata o 2 de marzo. Os libros tamén poderán devolverse no Concello no mostrador de rexistro (1º andar) en horario de mañá.
Desculpen as molestias
A biblioteca pecha o 31 de decembro e tamén a primeira semana de xaneiro.
Os préstamos quedan automaticamente prolongados ata o 10 de xaneiro. Os libros tamén poderán devolverse no Concello no mostrador de rexistro (1º andar) en horario de mañá.
Desculpen as molestias
Estas son as bases do certame de poesía infantil de Nadal deste ano:
A BIBLIOTECA PÚBLICA MUNICIPAL DO SAVIÑAO convoca o CERTAME DE POESÍA INFANTIL “NADAL 2021” (Fase local), de acordo coas seguintes
BASES:
1.- Poden participar tódolos nenos e nenas, con poemas sobre o tema xenérico de “O NADAL”.
2.- Establécense tres categorías:
3.- Cada autor/a poderá presentar cantos traballos desexe. Os poemas estarán redactados en galego e a súa extensión será como máximo dun folio por unha soa cara, e poderán presentarse mecanografados, escritos a computador ou a man; neste último caso sempre a bolígrafo e nunca a lapis. Con cada traballo, acompañarase unha folla co nome e demais datos do autor. (ver nota 1). [pulsar para descargar o modelo]
4.- O prazo de presentación dos poemas rematará o 23 de decembro de 2021, debendo ser entregados polos seus autores na BIBLIOTECA PÚBLICA MUNICIPAL (ver nota 2).
5.- Un xurado, formado por entendidos na materia, seleccionará por cada modalidade e categoría un máximo de tres traballos. Os autores seleccionados recibirán cadanseu diploma e libros.
6.- Os traballos premiados nesta fase local, participarán na fase provincial do Certame, convocado pola Biblioteca Pública de Lugo, co patrocinio da Consellería de Cultura, Educación e Universidade da Xunta de Galicia.
7.- O fallo do xurado local farase público na primeira quincena de xaneiro do 2022.
8.- Os traballos premiados pasarán a ser propiedade da Biblioteca Pública de Lugo que se reserva o dereito de publicación dos mesmos.
9.- Todas as incidencias non previstas nestas bases serán resoltas polo xurado.
10.- A presentación das obras a este certame supón a aceptación das presentes bases.
NOTAS:
Estas son as actividades que realizaremos na biblioteca para celebrar o Día das Bibliotecas 2021:
8 de outubro
-Álex quere ser coma papá: contacontos contra os estereotipos e a desigualdade. Ás veces a Álex dinlle que non son axeitadas as cousas que fai. A través de Alex debatemos c@s cativ@s, exemplificando distintas situacións que loitan contra os estereotipos.
15 de outubro
–Deixa o móbil e debuxa: obradoiro de iniciación sobre ilustración e banda deseñada. Faremos debuxos, algunhas viñetas e/ou tiras cómicas en común e para remataremos facendo cadaquén a súa.
22 de outubro
–Terroríficas, historias de terror: obradoiro de achega á literatura de terror a diversos públicos a través da lectura e da escritura. O obradoiro consta de dúas partes que combinan teoría e práctica: un repaso de distintas escritoras, do pasado ao presente, que traballaron o xénero do terror e a escritura dun relato de terror poñendo en práctica o visto no punto anterior.
Todas estas actividades enmárcanse no programa de animación Ler conta moito.