préstamos vencidos

Debido ás medidas e recomendacións achegadas pola Xunta de Galicia e as medidas adoptadas polo Concello do Saviñao ante a situación de emerxencia sanitaria que estamos a vivir con motivo do avance do COVID-19, a Biblioteca Pública Municipal do Saviñao permanecerá pechada temporalmente ó público desde o día 13 de marzo.

Os préstamos que venzan nestas datas RENOVARANSE AUTOMATICAMENTE debido ás inusuais circunstancias. As devolucións deberán facerse cando se reanude o servizo.

Para facilitarvos máis lecturas estes días publicamos un artigo presentándovos a biblioteca dixital da Rede de Bibliotecas de Galicia: GALICIALE. Para o que teredes que identificarvos.

galiciale-portada

Podedes enviar as vosas consultas e dúbidas á biblioteca a través do noso correo electrónico: osavinao.rbgalicia@eidolocal.es.

actividades de verán 2018

Está aberto o prazo de inscrición para as actividades culturais e deportivas deste verán, tanto  para nenos coma para adultos. O prazo de inscrición remata o 26 de Xuño.

Podedes atopar os formularios de inscrición na biblioteca e no concello. Máis información no Facebook do Concello do Saviñao.

Das actividades na biblioteca iremos informando puntualmente aquí, no blog. De momento, que saibades que teremos contacontos e obradoiros (todos con prazas limitadas) os primeiros venres de mes ás 12 da mañá:

  • 6 xullo Obradoiro de minicontos, grandes historias en formato pequeno
    recomedado a partir de 6 anos e público familiar
    Máximo 20 participantes
  • 3 agosto Obradoiro Autores con pegada
    recomedado de 4 a 7 anos (se quedan prazas, ata 10 anos)
    Máximo 15 participantes
  • 7 setembro Contacontos Historias sorprendentes para nenas e nenos diferentes
    recomedado de 4 a 11 anos
    Máximo 30 participantes

Non te despistes, e anótate para os contacontos e obradoiros da biblioteca.

visita sorpresa

Este luns, viñeron de visita polo Saviñao escolares dos colexios da Pobra do Brollón e de Sober. Na súa parada en Escairón, preguntaron se podían visitar a biblioteca, e como aquí recibimos a todas as visitas cos brazos abertos, convidámolos a pasarse polas nosas instalacións

visita-sober-pobra-01

Dado o escaso tempo que durou o percorrido, só fixemos a visita á sala de informática na que resumimos brevemente o motivo da súa visita: A Ribeira Sacra, o seu significado e os elementos máis definitorios deste territorio:

  • as xentes e a viticultura heroica,
  • arte románica e cultura,
  • paisaxe, flora e fauna
  • o río (no noso caso, o Miño)

Rematado o percorrido virtual polo territorio, visitamos a vila: desde o balcón da biblioteca vimos a casa de Balbina López Somoza e, desde a praza, o edificio no que se ubicou a súa farmacia.

Non houbo tempo para máis, así que quedaron convidados a volver outro día para coñecer máis cousas.

actividades entroideiras

Comezamos o mes fortes (contacontos, entrega de premios e obradorio), e continuamos con actividades luns, mércores e xoves:

  • luns 13 Obradoiro romántico de San Valentín de 18:00 a 19:00
  • mércores 15 Obradoiro de compadres de 18:00 a 19:30
  • xoves 16 Xoves de compadres xogos ás 18:00 e queima ás 19:15
  • luns 20 Obradoiro de disfraces de 18:00 a 19:00
  • mércores 22 Obradoiro de comadres de 18:00 a 19:30
  • xoves 23 Xoves de comadres xogos ás 18:00 e queima ás 19:15

Imprescindible anotarse para os obradoiros de entroido.

É fundamental anotarse para que poidamos ter material suficiente para a estrutura das figuras. Como faremos os compadres e as comadres con palla, quen queira participar deberá traer roupa para poder vestilos.

A inscrición pode facerse na biblioteca, ou nos teléfonos 982452324, ou 982452061 preguntando por Bea.

actividades 2016-2017 para adultos

Ampliamos a información sobre as actividades para adultos.

actividades inverno adulos.png
Anótate canto antes nas actividades que máis che interesen, pois precísase un mínimo de 10 inscritos para que se fagan.

Podes ampliar a información no concello ou chamando ó 982452061.

Organizan: Concellería de Cultura e Servizos Sociais e Concellería de Deporte.

actividades 2016-2017

Está aberto o prazo para inscribirse nas actividades culturais e deportivas do concello para o curso 2016-2017.

Aquí podedes ver as actividades infantís e para adultos que se ofertan. Podedes pasar pola biblioteca para cubrir o formulario que debedes entregar no concello.

actividades-2016-2017_pq

Na biblioteca terán lugar varias das actividades. Recomendámosvos inscribirvos en todas as que vos interesen porque fai falla un número mínimo de participantes en boa parte delas para que se forme polo menos un grupo e para calcular o prezo individual nas actividades que non son gratuítas.

carreira solidaria nas festas

Maratón de Escairón” é como se lle vén chamando á carreira popular que se celebra tódolos anos durante as festas da vila. CARREIRA SOLIDARIA.jpg

Este ano trátase dunha carreira solidaria en favor da Cruz Vermella (patrocinada por Banco Santander España), cunha inscrición de 5€ para os adultos, dos que 3 son para a Cruz Vermella, á que o concello doará 1€ máis por cada neno que se inscriba.

Terá lugar o día 6 de agosto: ás 10 da mañá tomarána saída a categoría de adultos, e ás 11:30 comezarán as categorías infantís.

O prazo de inscrición remata o día 4 de agosto, e pode facerse en liña neste enlace.

Pódese consultar o regulamento da carreira neste outro enlace.

 

doazón de sangue no saviñao

doazón-mércores

O vindeiro mércores, día 27 podedes ser solidarios e compartir o voso sangue.

A unidade móbil do Centro de Transfusión de Galicia estará no noso concello:

  • en Currelos ata mediodía, de 10:30 a 12:00
  • en Escairón desde mediodía, de 12:30 a 14:00 e 16:30 a 21:00

Se queres levar lecturas breves para entreterte durante a espera e a sesión oazón, podes pedirnos suxerencias de lectura na biblioteca!

actividades de verán

Está aberto o prazo de inscrición para as actividades culturais e deportivas deste verán, tanto  para nenos coma para adultos. O prazo de inscrición remata o 27 de Xuño.

O pase de diapositivas require JavaScript.

Podedes atopar os formularios de inscrición na biblioteca e no concello. Máis información no Facebook do Concello do Saviñao.

Este verán non te quedes na casa e disfruta coa oferta de actividades para toda a familia.