obradoiro xogos bailados e canto tradicional

Hoxe falámosvos dun obradoiro musical que vai ter lugar no Auditorio Municipal o vindeiro sábado 19 de marzo.

Trátase do Obradoiro Xogos Bailados e Canto Tradicional, organizado pola Tradescola (escola de música tradicional galega que xestiona a Asociación de Gaiteir@s Galeg@s na cidade de Lugo), e que estará  guiado polos seus mestres Xabier Iglesias e Xela Conde.

Cando: sábado 19 de marzo ás 11:00 h.

Onde: Auditorio Municipal do Saviñao

Prezo: de balde 

Para quen: toda a familia (pais/nais, avós/avoas e fillos/fillas) con nen@s a partir de 4 anos

En que consiste: @s participantes aprenderán xogos danzados así como as súas cantigas de acompañamento dun xeito divertido e ameno.

Inscrición: obrigatoria porque as prazas son limitadas. É preciso inscribirse previamente por calquera dos seguintes medios:

  • teléfono 982 229 966,
  • correo electrónico a tradescola@gaiteirosgalegos.gal
  • presencialmente nas instalacións da Tradescola, na rúa Pintor Corredoira, 4 de Lugo.

CartazObradoiroXogosBailadosSaviñao2016-01

festas 2014 en escairón

Recopilamos os informativos da TVG (e algúns outros) que falaron da carreira de burros do Saviñao nas festas deste 2014.

Telexornal Mediodía
Carreira de burros en Escairón
Publicado o 05/08/2014 15:09

http://www.crtvg.es/flow3/flowplayer.commercial.swf

Telexornal Mediodía
64 edición da carreira de burros do Saviñao
Publicado o 05/08/2014 15:25

http://www.crtvg.es/flow3/flowplayer.commercial.swf

Telexornal Serán
64 edición da carreira de burros do Saviñao
Publicado o 05/08/2014 20:51

http://www.crtvg.es/flow3/flowplayer.commercial.swf

Televinte Chantada
Máis dunha trintena de burros e milleiros de persoas na Gran Carreira de Escairón
Publicado 05 08 2014

ATLAS
Jinetes a lomo de burros compiten por ser los más veloces de Escairón
Publicado 05.08.14 | 19:11h.

http://www.crtvg.es/flow3/flowplayer.commercial.swf

Bos días
LXIV Edición da Carreira de Burros do Saviñao
Publicado o 06/08/2014 09:33

http://www.crtvg.es/flow3/flowplayer.commercial.swf

Bos días
LXIV Edición da Carreira de Burros do Saviñao
Publicado o 06/08/2014 09:33

http://www.crtvg.es/flow3/flowplayer.commercial.swf

A Revista
Genaro, montado por Sergio, campión da tradicional carreira de burros de Escairón
Publicado o 06/08/2014 13:22

curso de galego

Cursos de lingua galega preparatorios para as probas CELGA.

Se vos interesa, ou sabedes de alguén a quen lle interese, estas son algunhas indicacións:

  • Para maiores de 16 ano.
  • Inscrición só ata o 21 de Febreiro no Concello (ou no teléfono 982 45 20 61 preguntando por Mónica).
  • A realización está condicionada a un grupo mínimo de 20 persoas.
  • Os cursos realizaranse durante os meses de abril e maio.

Foto: Cursos de lingua galega preparatorios para as probas CELGA.

Para máis información contactade con Mónica no Concello.

moitas actividades este outono

Este outono temos un feixe de actividades no concello. Hainas para peques e para grandes.

Actividades infantís: tenis, ballet, baile galego, fútbol mixto, origami, contacontos e obradoiros varios.

Para adultos: ximnasia para maiores, tenis, zumba, curso de confección, iniciación á informática, e máis.

Pregunta, suxire e infórmate no concello.

actividades de verán

Na biblioteca continuaremos tendo tódolos venres origami, que desde o 1 de xulloserá ás 12 da mañá, e os últimos venres de mes (26 de xullo e 30 de agosto) teremos contacontos, en xullo xaponés-español e en agosto español-xaponés. Podes informarte na biblioteca.

Ademais no concello están previstas unha gran variedade de actividades para tódolos gustos e idades.

Pódese consultar o folleto pulsando en calquera das miniaturas do mesmo, que abren un arquivo en pdf.

As actividades requerirán previa inscrición e pago das correspondentes tarifas. Máis información no Concello, no número 982 45 20 61, preguntando por Bea.

As actividades que se desenvolverán na biblioteca (obradoiros de origami e contacontos) serán totalmente gratuítas, aínda que tamén é aconsellable previa inscrición. Máis información aquí no blog, ou na biblioteca, que lembramos, abrirá en horario continuado de 8 a 15 horas desde o 1 de xullo ata o 13 de setembro.

día do libro 2013

Para celebrar o Día do Libro, o día 23 de abril, a Biblioteca do Saviñao, en colaboración coa Biblioteca de Sober e o seu Clube de Lectura “Pintor de Castinande” organizan unha excursión, para coñecer algún dos enclaves culturais e patrimoniais máis representativos do concello do Saviñao.

Os desprazamentos faranse nos coches dos propios asistentes, polo que é importante anotarse para saber o número de participantes e de cantos coches se disporá, para poder organizar os traslados.

A celebración comezará na Biblioteca Municipal do Saviñao ás 17.00 h.

Comezará cunha visita guiada e un acto conmemorativo, e se a meteoroloxía non o impide, desprazarémonos a dous enclaves próximos: Abuime e Seteventos.

Para anotarse chamar a estes números ou contactar con estes correos:

Para saber como chegar á biblioteca do Saviñao, preme neste enlace.

.

Ademais, o venres 26, ás 17.00, venres de contacontos na biblioteca, visitaranos a Compañía Trinke Trinke, nunha actividade ofertada dentro do programa Ler conta moito, financiado polo Concello do Saviñao e a Consellería de Cultura, Educación e ordenación Universitaria.

Máis información en vindeiros días.

achegándonos ó día do libro

Xa falta menos para o Día do Libro, e ímolo celebrar ó grande. As bibliotecas de Sober e do Saviñao iniciamos polo Día do Libro Infantil e Xuvenil un bookcrossing polos nosos concellos, que imos continuar para celebrar o Día do Libro o vindeiro día 23.

Estas son algunhas das actividades que terán lugar nos vindeiros días:
  • venres 20 obradoiro de papiroflexia, con Loli. Os obradoiros de papiroflexia comezaron o venres pasado e terán lugar tódolos venres ás 6 da tarde ata o verán. Aviso: Non se celebrarán o último venres de mes, porque que haberá contacontos.
  • luns 23, Día do do Libro: proxección da película de debuxos animados do Quixote durante toda a tarde, e durante toda a semana do 23 ó 27 continuará o bookcrossing que se iniciou polo Día do Libro Infantil (o 2 de abril) polas vilas de Escairón e Currelos (liberaranse libros en distintos lugares públicos de Escairón e Currelos, como prazas, debesas, parques infantís, parques biosaudables,…) e ademais cambiaranse os libros do Punto Oficial de Bookcrossing da Biblioteca de Escairón. Tódalas persoas interesadas en facer bookcrossing e liberar os seus propios libros poden dirixirse á biblioteca de Escairón e pedir pegatinas para etiquetar os seus libros e axuda para rexistralos na web de bookcrossing. Onde ademais poden consultar todos os libros liberados pola biblioteca
  • venres 27 contacontos seguido de obradoiro coma tódolos venres de contacontos, será ás 5 da tarde.
En maio celebrarase o Día das Letras Galegas (17 de maio) con varias actividades, a 1ª delas está xa en marcha: o Certame de Narración e Debuxo Infantil Letras Galegas 2012 sobre o tema “É mentira“, que convoca anualmente a Biblioteca Nodal de Lugo para tódalas bibliotecas da provincia, e do que o prazo remata o vindeiro 9 de maio. Poderán presentarse os traballos en calquera das bibliotecas municipais, e as bases poden consultarse no post anterior.

De momento, imos facendo boca cun vídeo sobre a lectura:

http://vimeo.com/moogaloop.swf?clip_id=31603360&force_embed=1&server=vimeo.com&show_title=1&show_byline=1&show_portrait=1&color=00adef&fullscreen=1&autoplay=0&loop=0

Despois, podedes empezar o venres 20 a buscar libros por Sober, e continuar durante toda a semana seguinte no Saviñao.

máis actividades

Ademais dos cursos de informática, está previsto realizar cursos de manualidades para adultos e aula de estudio para nenos.

Os horarios das actividades dependerán do número de inscritos, e os lugares de impartición dependerán das dispoñibilidades espaciais e materiais, polo que é probable que algunha delas se realice noutras dependencias municipais.

Para máis información e inscripcións, hai que dirixirse ó Concello en horario de 8.00 a 14.00, ou chamar ó 982452061.

1ª festa da xuventude no saviñao [2]

A 1ª festa da xuventude do Saviñao, foi todo un éxito de asistencia e participación, como mostran os datos:

  • na comida popular houbo máis de 400 persoas
  • nos xogos populares inscribíronse case 20 equipos
  • a festa rematou pasadas as 4 da madrugada (lembramos que se celebrou en domingo)

Xa nos tarda a celebración da 2ª edición.

Un pequeno repaso fotográfico

A comida, concurrida:

A Debesa pola tarde, lista para os xogos, fresquiña e soleada:

E xa á noitiña (despois da chocolatada, da que non hai fotos porque a estabamos repartindo), empezaron as orquestras Atenas e Panorama:

[se alguén nos envía fotos da chocolatada, incluirémolas aquí]

A vós que vos pareceu a festa? Comentade!

1ª festa da xuventude no saviñao

Este fin de semana terá lugar en Escairón a 1ª festa da xuventude.

As entradas para o xantar poderán recollerse o xoves e o venres pola tarde na biblioteca (de 16.30 a 20.30). Non temos cambio, polo que haberá que traer o importe exacto (10€). Pola mañá poden seguirse recollendo en horario de 8.00 a 15.00 na Casa do Concello.

A partir do venres podedes chamar ó número da biblioteca para concertar a recollida: 982 452324 (estará desviado a un teléfono móbil).

A continuación podedes consultar o programa de actividades:

[pulsar para ampliar]

[pulsar para ampliar]

Vémonos na devesa !