Certame de Poesía Infantil “Nadal 2020”

Xa nos chegaron as bases do certame de Nadal deste ano:

Certame de Poesía Infantil “Nadal 2020”

– Convocatoria Local –

A BIBLIOTECA PÚBLICA MUNICIPAL DO SAVIÑAO convoca o CERTAME DE POESÍA INFANTIL “NADAL 2020” (Fase local), de acordo coas seguintes

BASES:

1.- Poden participar tódolos nenos e nenas, con poemas sobre o tema xenérico de “O NADAL”.
2.- Establécense tres categorías:

  • A, ata 8 anos,
  • B, de 9 a 11 anos,
  • C, de 12 a 16 anos.

3.- Cada autor/a poderá presentar cantos traballos desexe. Os poemas estarán redactados en galego e a súa extensión será como máximo dun folio por unha soa cara, e poderán presentarse mecanografados, escritos a computador ou a man; neste último caso sempre a bolígrafo e nunca a lapis. Con cada traballo, acompañarase unha folla co nome e demais datos do autor. (ver nota 1). [pulsar para descargar o modelo]
4.- O prazo de presentación dos poemas rematará o 23 de decembro de 2020, debendo ser entregados polos seus autores na BIBLIOTECA PÚBLICA MUNICIPAL (ver nota 2).
5.- Un xurado, formado por entendidos na materia, seleccionará por cada modalidade e categoría un máximo de tres traballos. Os autores seleccionados recibirán cadanseu diploma e libros.
6.- Os traballos premiados nesta fase local, participarán na fase provincial do Certame, convocado pola Biblioteca Pública de Lugo, co patrocinio da Consellería de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia.
7.- O fallo do xurado local farase público na primeira quincena de xaneiro do 2019.
8.- Os traballos premiados pasarán a ser propiedade da Biblioteca Pública de Lugo que se reserva o dereito de publicación dos mesmos.
9.- Todas as incidencias non previstas nestas bases serán resoltas polo xurado.
10.- A presentación das obras a este certame supón a aceptación das presentes bases.

NOTAS:

  1. Podes imprimir o formulario para participar e cubrilo sen pasar pola biblioteca pulsando aquí. É moi importante que figuren completos todos os datos de contacto (sobre todo o número de teléfono de contacto).
  2. Os traballos poderán entregarse en horario de mañá no concello se a biblioteca estivera pechada.
  3. A data de entrega de premios e diplomas para os traballos gañadores darase a coñecer na biblioteca.
  4. Calquera outra dúbida, pode consultarse na biblioteca.
  5. Cos traballos seleccionados na fase provincial, a Biblioteca Nodal de Lugo adoita editar unha publicación, da que fai chegar varios exemplares tanto ás bibliotecas participantes coma a quen presentara un traballo gañador. Na biblioteca dispoñemos de exemplares destas publicacións das distintas edicións tanto para empréstito como para consulta na sala. As portadas pódelas ver aquí:
nenos e o nadal


Estes son os traballos publicados cos poemas gañadores da fase provincial nos certames anteriores e que se poden atopar na biblioteca.

un poema na túa voz

poemaGALIX

A Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil (GÁLIX) co gallo do Día Internacional do Libro Infantil convoca o concurso «Un poema na túa voz» co fin de

  • incentivar a lectura do xénero poético entre o lectorado infantil e xuvenil,
  • estimular a expresióón oral en lingua galega,
  • contribuír á divulgación da creación poética de autoras e autores galegos.

Neste concurso premiaremos as gravacións de poemas galegos na voz de lectoras e lectores de 6 a 14 anos.

Para participar deberán enviar un audio a través da súa biblioteca escolar ou pública ou dunha librería.

Podedes consultar toda a documentación do concurso premendo neste enlace ó blog de GÁLIX.

Basicamente consiste en: escoller un poema infantil ou xuvenil dunha autora ou autor da literatura galega, gravar o poema en formato de audio WAV ou MP3 e enviar o audio poético a GÁLIX xunto á ficha de datos coa ficha de autorización da nai, pai ou persoa titora. É importante indicar os datos que identifiquen o poema, a persoa lectora e máis a
persoa mediadora no centro escolar, biblioteca pública ou libraría, e enviar os poemas antes do 10 de abril.

Podedes entregar as vosas participacións na Biblioteca Municipàl do Saviñao.

Certame de literatura infantil e xuvenil Día das Letras Galegas (EGAP)

Presentámosvos un concurso para a xuventude, organizado pola Escola Galega da Administración Pública. O prazo remata o 21 de febreiro. Gustaranos saber se algún dos traballos presentados por enterarse a través do blog resulta premiado!

Concurso de literatura infantil e xuvenil do Día das Letras Galegas

Como un máis dos actos que a Escola Galega da Adiministración Pública organizará para honrar as letras galegas, a EGAP convoca, un ano máis, o premio de literatura infantil e xuvenil co obxecto de que os nenos e nenas galegos teñan a oportunidade de demostrar a súa capacidade para redactar en lingua galega e de exercitar a súa imaxinación para concibir historias e desenvolver as súas habilidades neste idioma.
Participantes: poderán optar aos premios os nenos e nenas galegos con idades comprendidas entre estas dúas categorías: de 9 a 11 anos e de 12 a 14 anos. A idade estará referida á data de finalización do prazo de presentación de traballos.
Contido: os contos deberán redactarse en lingua galega e a súa temática será libre, á elección das persoas participantes. Os textos deberán ser presentados en folios A4, mecanografados por unha soa cara, a un espazo e medio, con formato de fonte Times New Roman, tamaño 12 e cunha extensión mínima dun folio e máxima de cinco.

Premios: en cada categoría existirán tres premios en metálico coa seguinte dotación económica:

De 9 a 11 anos De 12 a 14 anos
1º premio 250 euros 250 euros
2º premio 200 euros 200 euros
3º premio 150 euros 150 euros

Presentación de solicitudes: presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia (PR775A). Opcionalmente, poderanse presentar as solicitudes presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común. O formulario para entregar presencialmente , pode descargarse premendo neste enlace.
Prazo: desde o 22 de xaneiro ao 21 de febreiro

Máis información no DOG do 21 do xaneiro.

fallo do certame infantil de poesía de nadal 2019

Xa está exposta na biblioteca a lista de premiados no Certame de Poesía Infantil Nadal 2019

Categoría A: ata 8 anos

Deserta

Categoría B: de 9 a 11 anos

  • Aldara G., Candela I., Laura N. e Martha R.
  • Gael M., Dani R., Julio G. e Brais R.
  • Cintia R.

Categoría C: máis de 12 anos

  • Ximena L.
  • Nicolás L.
  • Isabella Nicolle R

Poderanse ver, expostas na Biblioteca, copias dos traballos premiados. Os traballos que non resultaron galardoados, poderanse recoller na mesma Biblioteca o día da entrega dos premios.

A entrega de premios anunciarase na biblioteca en vindeiros días.

Certame de Poesía Infantil “Nadal 2019”

Xa temos as bases do certame de Nadal deste ano:

Certame de Poesía Infantil “Nadal 2019”

– Convocatoria Local –

A BIBLIOTECA PÚBLICA MUNICIPAL DO SAVIÑAO convoca o CERTAME DE POESÍA INFANTIL “NADAL 2019” (Fase local), de acordo coas seguintes

BASES:

1.- Poden participar tódolos nenos e nenas, con poemas sobre o tema xenérico de “O NADAL”.
2.- Establécense tres categorías:

  • A, ata 8 anos,
  • B, de 9 a 11 anos,
  • C, de 12 a 16 anos.

3.- Cada autor poderá presentar cantos traballos desexe. Os poemas estarán redactados en galego e a súa extensión será como máximo dun folio por unha soa cara, e poderán presentarse mecanografiados, escritos a computador ou a man; neste último caso sempre a bolígrafo e nunca a lapis. Con cada traballo, acompañarase unha folla co nome e demais datos do autor. (ver nota 1). [pulsar para descargar o modelo]
4.- O prazo de presentación dos poemas rematará o 20 de decembro de 2019, debendo ser entregados polos seus autores na BIBLIOTECA PÚBLICA MUNICIPAL (ver nota 2).
5.- Un xurado, formado por entendidos na materia, seleccionará por cada modalidade e categoría un máximo de tres traballos. Os autores seleccionados recibirán cadanseu diploma e libros.
6.- Os traballos premiados nesta fase local, participarán na fase provincial do Certame, convocado pola Biblioteca Pública de Lugo, co patrocinio da Consellería de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia.
7.- O fallo do xurado local farase público na primeira quincena de xaneiro do 2019.
8.- Os traballos premiados pasarán a ser propiedade da Biblioteca Pública de Lugo que se reserva o dereito de publicación dos mesmos.
9.- Todas as incidencias non previstas nestas bases serán resoltas polo xurado.
10.- A presentación das obras a este certame supón a aceptación das presentes bases.

NOTAS:

  1. Podes imprimir o formulario para participar e cubrilo sen pasar pola biblioteca pulsando aquí. É moi importante que figuren completos todos os datos de contacto (sobre todo o número de teléfono de contacto).
  2. Os traballos poderán entregarse en horario de mañá no concello se a biblioteca estivera pechada.
  3. A data de entrega de premios e diplomas para os traballos gañadores darase a coñecer na biblioteca.
  4. Calquera outra dúbida, podes consultala na biblioteca.
  5. Cos traballos seleccionados na fase provincial, a Biblioteca Nodal de Lugo adoita editar unha publicación, da que fai chegar varios exemplares tanto ás bibliotecas participantes coma a quen presentara un traballo gañador. Na biblioteca dispoñemos de exemplares destas publicacións das distintas edicións tanto para empréstito como para consulta na sala. As portadas pódelas ver aquí:

nenos e o nadal
Estes son os traballos publicados cos poemas gañadores da fase provincial nos certames anteriores e que se poden atopar na biblioteca.

concurso de debuxo sobre reciclaxe de aparellos eléctricos e electrónicos (RAEE)

Hoxe queremos compartir con vós a información sobre o concurso de debuxo sobre reciclaxe de aparellos eléctricos e electrónicos (RAEE).

Calquera nena ou neno galego que curse educación infantil ou primaria pode participar de forma individual desde a web do concurso.

É necesario que unha persoa adulta inscriba á menor e imprima a folla na que vai facer o seu debuxo, que deberá tratar de forma creativa calquera aspecto relacionado coa reciclaxe dos RAEE, o coidado do medio ambiente, o respecto pola contorna etc. O debuxo pode enviarse escaneado ou como fotografía por correo electrónico a debuxa@osbolechas.com ou por correo postal ao Apartado de Correos 50 de Santiago de Compostela. É importante que se vexan os datos do concursante, para máis seguridade aconséllase que os especifique no corpo do email!

Entre todos os participantes sortearanse 20 Bibliotecas Básicas Os Bolechas (cada colección está composta por 18 tomos que tratan diversos aspectos da vida cotiá da cativada dun xeito didáctico e moi divertido).

Podedes consultar as bases na páxina dos Bolechas.

certame letras galegas 2019

Como xa sabedes, cada ano convócase o Certame de Narración e Debuxo Infantil Letras Galegas para festexar o Día das Letras Galegas.

Presentámosvos xa as bases da convocatoria deste ano!

Aínda vos queda máis dun mes para entregar os vosos traballos na biblioteca de Escairón.

Animámosvos a participar tanto con historias coma con debuxos.

Bases para o certame Letras Galegas 2019

– Convocatoria Local –

A BIBLIOTECA PÚBLICA MUNICIPAL DO SAVIÑAO convoca o

CERTAME DE NARRACIÓN E DEBUXO INFANTIL LETRAS GALEGAS 2019 (Fase Local), de acordo coas seguintes bases:

1.- Poden participar todas as nenas e nenos con:

– A) Narracións, en galego, cunha extensión máxima dun folio por unha soa cara, sobre o tema:

  • “A revolución do Cambio Climático”

– B) Debuxos, feitos sobre cartolina de tamaño aproximado de DIN A4, sobre o tema:

  • A revolución do Cambio Climático”

A Biblioteca Pública quere sumarse ao rol das bibliotecas como aliadas na consecución da Axenda 2030: Desenvolmento Sostible, das Nacións Unidas, e os seus 17 obxectivos de desenvolvemento sostible. Centrarémonos no:

    • Obxectivo 13. EDUCACIÓN E SENSIBILIZACIÓN, adoptar medidas urxentes para combatir o cambio climático e os seus efectos.
    • Obxectivo 15. VIDA DE ECOSISTEMAS TERRESTRES, promover o uso e xestión sostibles dos ecosistemas terrestres, loitar contra a desertificación, deter a degradación das terras e a perda de biodiversidade.

Os mozos e mozas do presente son axentes fundamentais do cambio con novos enfoques para lograr que no futuro o noso planeta sexa un mundo mellor. Por iso o Certame de Narración e Debuxo Infantil “Letras Galegas 2019” centrarase na visión dos mais novos das revolucións que se poden producir.

2.- Cada autor pode presentar cantos traballos desexe, mecanografados, escritos a computador ou a man; neste último caso sempre a bolígrafo e nunca a lapis. Con cada traballo, acompañarase unha folla co nome e demais datos do autor.

3.- Establécense tres categorías:

  • A, ata 8 anos,
  • B, de 9 a 11 anos,
  • C, de 12 a 16 anos.

4.- O prazo de presentación dos traballos rematará o vindeiro 8 de maio, debendo ser entregados polos seus autores na BIBLIOTECA PÚBLICA MUNICIPAL DO SAVIÑAO (Escairón).

5.- O xurado, formado por persoas entendidas na materia, seleccionará por cada modalidade e categoría un máximo de tres traballos.

6.- Os traballos premiados nesta fase local participarán na fase provincial do Certame, convocada pola Biblioteca Pública de Lugo, co patrocinio da Consellería de Culturae Turismo da Xunta de Galicia.

7.- O fallo do xurado local farase público antes do DÍA DAS LETRAS GALEGAS.

8.- Os traballos premiados pasarán a ser propiedade da Biblioteca Pública, que se reserva o dereito de publicación dos mesmos.

9.- Todas as incidencias non previstas nestas bases serán resoltas polo xurado.

10.- A presentación das obras a este Certame supón a aceptación das presentes bases.

[Podes descarcar aquí a ficha para os teus datos persoais]

Recordade que quen gañe na fase local participa despois na fase provincial, co cal é o dobre premios!

certame de divulgación mulleres de lemos, 2019

O Colectivo Lemos Le para conmemorar o Día da Muller que se celebra o 8 de marzo; organiza por sexto ano o Certame Mulleres de Lemos coa finalidade de dar a coñecer e promover as figuras femininas relevantes na historia das Terras de Lemos.
O Certame deste ano estará dedicado a unha muller do Concello de Pantón: Inés Fernández, abadesa de Eiré no século XV. Propoñemos a esta muller como representante do poder das mulleres nos conventos de Galicia na época medieval xa que incluso chegou a enfrontarse ás normas ditadas polos Reis Católicos.
As actividades que levaremos a cabo serán as seguintes:
  • O obradoiro“Inés Fernández. Abadesa de Eiré. Unha muller para o 8 de marzo” nos centros educativos públicos e concertados da nosa comarca. Esta actividade desenvolverase en colaboración co CIM (Centro de Información á Muller) de Monforte de Lemos e constará por unha banda, nun traballo de reflexión sobre a súa vida e, por outra banda, na elaboración dun libro que plasme en imaxes esta reflexión.
  • VI Certame Mulleres de Lemos modalidade Banda Deseñada. Para Secundaria e Bacharelato na que os participantes terán que elaborar un traballo artístico e creativo que plasme a historia de Inés Fernández (extensión mínima: 2 páxinas).
  • VI Certame Mulleres de Lemos modalidade Divulgación. Esta modalidade está destinada a maiores de 18 anos que en calquera xénero literario presenten un traballo sobre a protagonista do certame (extensión de 10 a 25 páxinas a dobre espazo, tamaño de letra 12).
As bases do VI Certame de Divulgación Mulleres de Lemos publicáronse polo Día da Muller no blog do colectivo. Atoparédelas a continuación e no blog do Colectivo Lemos Le podedes ampliar a información.

Seguir lendo

día do libro infantil 2019

Un ano máis, xa están listos os preparativos para a celebración do Día Internacional do Libro Infantil, a xornada que conmemora o nacemento de Hans Christian Andersen o día 2 de abril.

A OEPLI Organización Española Para el Libro Infantil y Juvenil, GÁLIX e as súas outras seccións, traballan xa na celebración deste día animando a participar a centros escolares, bibliotecas e librarías na difusión da mensaxe escrita e ilustrada por Kęstutis Kasparavičius que este ano preparou a sección IBBY Lituania, traducido ao galego por Antía Marante Arias.

CARTEL_DILI_gl_pq-corrixido

Entre as actividades coas que se celebra este día, animámosvos a participar no concurso que convocou a OEPLI Organización Española Para el Libro Infantil y Juvenil, e as súas diferentes seccións, entre as que se atopa Galix Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil, co patrocinio do Ministerio de Cultura y Deporte:

o concurso «Selfie LIX Día Internacional»

O prazo de entrega dos traballos remata o 10 de abril de 2019

Poden participar todos os lectores e lectoras que estean a cursar Primaria ou o
primeiro ciclo de Secundaria, a través do seu centro docente ou desde a
biblioteca. Deben:

  • Escoller unha ilustración dun personaxe ou unha escena da literatura
    infantil e xuvenil.
  • Facer unha fotografía que recree o personaxe ou a escena escollida.
  • Presentar a fotografía xunto co fragmento ou a ilustración que a inspira,
    indicando o título do libro ao que pertence.

A participación no concurso organizarase a través dos centros docentes e bibliotecas que faremos unha selección previa de tres traballos por categoría e debemos entregalos antes do día 10 de abril. Por eso vos convidamos a que pasedes pola biblioteca e o entreguedes antes do 10 de abril, de xeito que poidamos facer a selección para enviar á organización. Podedes descargar as Bases do concurso e consultar o díptico na páxina Día do Libro Infantil da OEPLI.

OS LIBROS FANNOS ACOUGAR

Vou con présa!, Non teño tempo ningún!, Aburiño!… Expresións coma estas poden escoitarse quizais acotío, non só en Lituania -no centro mesmo de Europa-, senón en moitas partes do mundo. E a miúdo escóitase dicir tamén que vivimos na idade da abundancia da información, da présa e da precipitación.

Non obstante, colles un libro entre as mans e, inmediatamente sentes que algo muda. Parece que os libros teñen unha cualidade marabillosa: axúdannos a acougar. Tan pronto como abres un libro, mergúllaste nas súas tranquilas profundidades e sabes que nel as cousas non pasarán a tanta velocidade que non che permita apreciar nada. Comezas a entender que non paga a pena lanzarse a facer tarefas de dubidosa urxencia. Nun libro todo acontece paseniñamente, en orde e segundo unha secuencia. Quizais porque as súas páxinas están numeradas, quizais porque as súas follas roxen amodo a medida que as vas pasando. Nos libros, os acontecementos do pasado atópanse cos que aínda están por chegar.

O universo dos libros é moi extenso; e nel poden mesturarse a realidade coa imaxinación e a fantasía. Ás veces non sabes moi ben onde -se nun libro ou na vida- percibiches de que xeito tan fermoso caen as pingas do tellado nevado cando se derreten, ou de que forma tan bonita cobre a carriza o valado da veciña. Foi nun libro ou na realidade onde comprobaches que as amoras non só son bonitas senón tamén amargas? Aconteceu nun libro ou na realidade cando estabas estomballada sobre a herba seca no verán, e despois sentada coas pernas cruzadas, vendo como as nubes avanzan polo ceo adiante?

Os libros axúdannos a vivir amodo, apréndennos a observar e convídannos a buscar acomodo e sentar durante un longo anaco. A miúdo lemos sentadas, co libro sobre a mesa ou entre as mans, non si?

E non comprobastes o milagre de que cando estás a ler un libro, o libro tamén te le? Si, si, os libros tamén saben ler. Lenvos a fronte, as cellas, as comisuras da boca que soben e baixan, pero primeiro e por riba de todo, os libros len os ollos. E mirándote aos ollos, eles ven… vaites, xa sabedes o que ven!

Estou seguro de que os libros nunca están aburridos se están entre as túas mans. Unha persoa que goce lendo -sexa pequena ou adulta- é moito máis interesante que unha persoa á que non lle preocupen os libros, que sempre estea bulindo a contrarreloxo, que non teña tempo para sentar, que non teña tempo para fixarse en nada do seu arredor.

No Día Internacional do Libro Infantil, este é o meu desexo para todas nós:

Que non falten libros interesantes para o lectorado e lectorado interesante para os libros!

Kęstutis Kasparavičius