a carteira de augasclaras

A carteira de Augasclaras con Carmen Domech, na Biblioteca Pública Municipal do Saviñao o vindeiro venres 13 de setembro ás 12 h., continúa o ciclo A biblioteca en igualdade.

cartaz carteira augas claras_pq

Martina reparte cartas na biblioteca:
Unha de Clementina, a tartaruga que viaxa ceibe polo mundo.
Outra, da elefantiña Rosa Caramelo, que logrou que na súa manada todos vivan xuntos e iguais.
A nena que rega a albáfega escríbenos dende moi lonxe, onde ninguén pode obrigala a facer o que non queira.
Estela dinos como aprendeu a berrar moi forte se algún maior nos fai xogar a xogos que non nos gustan NADA.

Esta actividade (para público a partir de 4 anos) enmárcase no programa Ler conta moito de igualdade, financiado pola Consellería de Cultura e Turismo dentro do Pacto de Estado contra a Violencia de xénero.

=igual

=Igual con Dani Viéitez e Iria Iglesias, na Biblioteca Pública Municipal do Saviñao o vindeiro venres 6 de setembro ás 12 h., iniciando o ciclo A biblioteca en igualdade.

Dani Viéitez e Iria Iglesias, autores da serie do Raposo Rufo e de Amanita e Pilonga falarannos do seu traballo como ilustradores, das tarefas na casa, que reparten equitativamente.

cartel = (redes)_pq.png

Neste contacontos relacionado coa igualdade, explicarán conceptos coma a empatía, o respecto, o sexismo e o feminismo. Rematando cun obradoiro.

Esta actividade enmárcase no programa Ler conta moito, financiado pola Consellería de Cultura e o Concello do Saviñao.

Ven o venres 6 de setembro ás 12 h. a esta actividade para participantes a partir de 3 anos e público familiar.

música miúda

Música miúda co cantautor e escritor Miguel Alonso na Biblioteca Pública Municipal do Saviñao o vindeiro venres 2 de agosto ás 12 h., como preludio ás Festas Patronais.

Esta actividade enmárcase no programa Ler conta moito, financiado pola Consellería de Cultura e o Concello do Saviñao.

cartaz música miúda saviñao_pq.jpg

Na vila de Bemol Pequeno a música nunca para! Ou si?

Ven o venres 2 de agosto ás 12 h. resolver o misterio da música desaparecida da man da Meiga Xela, canta co dinosaurio Pepón e baila ao ritmo da Banda do Carballo! As Historias de Bemol Pequeno. Contacontos e música.

Actividade para público familiar, a partir de 3 anos.

entrega de premios Letras Galegas 2019

A entrega de premios do Certame de narración e debuxo Letras Galegas 2019 terá lugar coa presentación do libro A manchas ou a raias? e con obradoiro a cargo da autora Estefanía Padullés.

entrega premios letras 19_pq.jpgEsta actividade desenvolverase o vindeiro venres 7 de xuño ás 17:00 h na sala infantil da biblioteca.

Agardamos por vós!

visita infantil

Para pechar a celebración do Día do Libro, recibimos hoxe a visita das 2 clases máis maiores da Escola Infantil Municipal.

Aproveitamos a ocasión para presentarlles a nosa nova sección de fondos da Sala Infantil, especialmente pensada para eles: a Bebeteca (BBTK).

Nesta sección atópanse libos en tea, plástico e cartón duro, especialmente deseñados para as idades de 0 a 3 anos, e que así se diferencian máis facilmente do resto do fondo infantil da sala.

Logo de escoitar algúns contos, aplaudir moito e cantarlle unha canción o lobo feroz dos tres porquiños para mellorarlle o humor, puideron ver e xogar cos libros recén incorporados á Bebeteca.

Este é un dos momentos da visita:

DDL2019_guarde.jpg

Ademais convidámolos a particiar con algún debuxo no Certame Letras Galegas 2019 e a volver coas súas familias para coñecer a fondo a nosa nova sección.

 

día do libro infantil

Coma tódolos anos, para celebrar o Día do Libro Infantil, ademais dunha mostra dos libros de Hans Christian Andersen, preparamos estas actividades para esta semana:

  • Visita-contacontos coa Escola Infantil Municipal o venres 5 de abril ás 11:00 h. na que lles mostraremos as novas incorporacións de 0 a 5 anos, que inclúen libros de baño, libros en cartón e libros para aprender xogando.
  • Mostra Bibliográfica “Hans Christian Andersen” desde o 22 de marzo na sala infantil.
  • Reparto de 100 dípticos coa mensaxe do escritor e ilustrador Kęstutis Kasparavičius (podedes atopala neste mesmo blog)
  • Promoción do concurso “Selfie LIX Día Internacional” (as Bases na páxina da OEPLI)

 

un banquete con moito conto!

En outubro tampouco faltará a sesión de contacontos do venres 5 de outubro ás 5 da tarde. [podedes ver o resumo da actividade no blog ler conta moito]

¿Algúen estivo algunha vez nun restaurante?
De ser así, desta vez será diferente.
Os nenos/as que asistan ao obradoiro,
terán a oportunidade de adentrarse
nun restaurante moi especial,
no que a imaxinación e os libros
serán os ingredientes principais
dos pratos a degustar. cartaz outubro_pq

Contacontos
Un banquete con moito conto!
,
da man de Andamiaxe

Esta actividade está recomedada de 5 a 8 anos e público familiar e acompañante.

As prazas son limitadas, polo que é preciso anotarse na biblioteca ou no número 982452324.

Para abrir boca porque se achega o Día das Bibliotecas, e como vimos facendo nos últimos anos a FESTA DA BIBLIOTECA! Cada día falta menos…en breve, máis información aquí mesmo.

A actividade englobada no programa “Ler conta moito” da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria conta coa colaboración do Concello do Saviñao.

pechamos por vacacións

Do 20 de agosto ó 4 de setembro, a biblioteca estará pechada por vacacións.

Ata o venres 17 de agosto poderán levarse e devolverse libros na biblioteca. A partir do luns 20, as devolucións faranse no mostrador de rexistro do concello (mostrador do 1º andar, en horario de 9:00-14:00).

En setembro comezaremos con forza, xa que o venres día 7, ás 12 da mañá, ofrecémosvos a actividade para toda a familia: Historias sorprendentes para nenos e nenas diferentes…(e para non tan nenos ou nenas).

Ademais teremos preparada unha ampla selección de libros moi divertidos e interesantes sobre a volta ó cole, ou sobre o primeiro día de cole. Asía que se vos pón “dos nervios” a volta a clase, ou estrearvos nun cole novo, podedes atopar ideas nesta selección.

Ampliaremos a información na vindeira semana.

autores con pegada

Chega agosto e chegan as festas. E na biblioteca imos deixar pegada! Farémolo xusto antes das festas patronais coa sesión de contos do venres 3 de agosto ás 12 da mañá, na que como tén prazas limitadas, convén que vos inscrivades canto antes.

Cartaz agosto_pq

Obradoiro creativo
Autores con pegada
,
da man de ‘Menos dá unha pedra

Esta actividade está recomedada de 4 a 7 anos e público familiar acompañante, cun máximo de 12 participantes (farase unha lista de espera, e no caso de que ás 11:45 falte algunha das persoas inscritas, avisarase por teléfono á seguinte da lista de espera).

Crearemos as personaxes da nosa historia, e ilustrarémola.

Cando rematemos, organizaremos unha exposición para mostrar ó mundo as nosas fantásticas creacións!

Inscricións: na biblioteca ou a través do teléfono 982452324.

A actividade englobada no programa “Ler conta moito” da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria conta coa colaboración do Concello do Saviñao.

grandes historias en formato pequeno

A sesión de contos do vindeiro venres ás 12 da mañá conta con só 20 prazas. Podedes inscrivirvos ata o xoves ás 12 h.

minicontos_pq2

Obradoiro de minicontos,
grandes historias en formato pequeno
,
da man de ‘O faiado de Nin

Esta actividade está recomedada a partir de 6 anos e público familiar acompañante.
Máximo 20 participantes (farase unha lista de espera, e no caso de que ás 11:45 falte algunha das persoas inscritas, avisarase por teléfono á seguinte da lista de espera).

Inscricións: na biblioteca ou a través do teléfono 982452324.

A actividade englobada no programa “Ler conta moito” da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria conta coa colaboración do Concello do Saviñao.