préstamos vencidos

Debido ás medidas e recomendacións achegadas pola Xunta de Galicia e as medidas adoptadas polo Concello do Saviñao ante a situación de emerxencia sanitaria que estamos a vivir con motivo do avance do COVID-19, a Biblioteca Pública Municipal do Saviñao permanecerá pechada temporalmente ó público desde o día 13 de marzo.

Os préstamos que venzan nestas datas RENOVARANSE AUTOMATICAMENTE debido ás inusuais circunstancias. As devolucións deberán facerse cando se reanude o servizo.

Para facilitarvos máis lecturas estes días publicamos un artigo presentándovos a biblioteca dixital da Rede de Bibliotecas de Galicia: GALICIALE. Para o que teredes que identificarvos.

galiciale-portada

Podedes enviar as vosas consultas e dúbidas á biblioteca a través do noso correo electrónico: osavinao.rbgalicia@eidolocal.es.

resume…aprende a facer un podcast!

Día 5 de xullo de 2019 ás 12:00, na biblioteca de Escairón

Hoxe en día os podcasts están na picota. E na biblioteca preparámoste para estar á última: imos facer un podcast! Aprendemos a escribir e guionizar, a interpretar, a locutar e a editar un podcast!

E despois só hai que subilo á nube…

Aprende a facer un podcast!

da man de Damián Alonso de Solovoz

o 5 de xullo, ás 12:00 na sala infantil

tivemos este obradoiro totalmente práctico, no que en apenas 2 horas aprendemos a:

  • Escribir e guionizar o noso podcast!
  • Locutar e interpretar o noso podcast!
  • Gravar e editar o noso podcast con Audacity!

O primeiro foi descobrir que é un podcast e como naceron.Despois vimos a importancia de vocalizar, a necesidade dunha correcta respiración e como proxectar ben a voz.

Logo de facer varias prácticas de narración de diferentes tipos de textos, pasamos á parte práctica máis divertida: gravarnos e editar o noso podcast!

Sorprendente como pode cambiar o que dixemos e como o dixemos unha vez editado:

podemos parecer máis xoves, falar máis rápido, facer coma se estiveramos nunha cova,… os efectos que lle podemos poñer á nosa voz son alucinantes. En canto poidamos, subiremos o resultado do noso obradoiro.

Este é o resultado do noso obradoiro:

audio 1, coas voces de Alba e Lucía:
Ir a descargar

audio 2 coas voces de Sandra e Mónica:
Ir a descargar

audio 3 coas voces de Nico e Ignacio:
Ir a descargar

O noso alucinante profe, Damián Alonso, conta con experiencia como actor de dobraxe (en documentais como Amish Mafia ou American Chopper, ou na serie Turbo Fast, dándolle voz a Tito, o vendedor de tacos), actor de teatro e formador. Guionista e creador de “cachosdesqueches” e voz de Click Clack en Dinotrux entre outras. Máis de 150 obradoiros e cursos impartidos por toda Galicia no que o punto de encontro é a voz. Obradoiros de radio, podcast, falar en público, comunicación e lectura interpretadada e teatro.

aprende a facer un podcast!

Hoxe en día os podcasts están na picota.

Ven e achégate, imos facer un podcast! Queres aprender a facer un podcast? Aquí aprenderás a escribir e guionizar, a interpretar, a locutar e a editar un podcast!

E despois só hai que subilo á nube…

Cartaz Obradoiro Podcast!_ed_pq.png

Aprende a facer un podcast! na Biblioteca Pública Municipal do Saviñao o vindeiro venres 5 de xullo ás 12 h., neste obradoiro do programa Ler conta moito, financiado pola Consellería de Cultura e o Concello do Saviñao.

Neste Obradoiro totalmente práctico en tan só 120 min. Aprenderás a:

  • Escribir e guionizar  o teu  podcast!
  • Locutar e interpretar o teu podcast!
  • Gravar e editar o teu  podcast con Audacity!

Esta actividade está recomendada a partir de 10 anos.

recursos web accesibles desde a biblioteca

Os socios da biblioteca ademais de poder levar libros en préstamo, teñen acceso a unha serie de recursos web. No artigo de hoxe imos ver cales son e como acceder a eles.

recursos web Desde a páxina do catálogo da biblioteca os nosos socios teñen acceso a:

1.- Recursos electrónicos, dentro dos cales:

* Banco de Contidos de AulaPlaneta (antes Enciclonet): o maior banco de contidos dixitais en lingua española tanto para público adulto como infantil e xuvenil, econta con innumerables materiais de consulta de todas as áreas do coñecemento e cunha ampla oferta audiovisual (galería multimedia con fotos, vídeos, interactivos, audios…) o que fai del un contorno educativo adaptado ás necesidades actuais do alumnado. A toda esta información engádese un dicionario multilíngüe, estatísticas, temas de actualidade etc.

AulaPlaneta

* E-Junior.net: enciclopedia electrónica para estudantes de primaria e primeiro ciclo de secundaria, adecuada ós contidos curriculares que se desenvolven nestas etapas.

e-junior.net* I-Conoce: servizo de novas aparecidas en medios dixitais de todo o mundo : prensa, publicacións especializadas en economía, deporte, tecnoloxía… , blogs e confidenciais.

i-conoce* Gale Virtual Reference Library: plataforma que contén obras de referencia en formato electrónico en español.

Gale Virtual Reference Library

2.- GaliciaLe L. electrónico: plataforma de préstamo de libros electrónicos das bibliotecas públicas galegas GaliciaLe, á que podedes acceder tamén desde o enderezo www.galiciale.es.

GaliciaLe3.- Webs recomendadas: unha serie de webs clasificadas por temática.

recursos web    4.- Intute: buscador (en inglés) de webs para estudio e investigaciónintute

5.- e-revistas: Plataforma Open Access de Revistas Científicas Electrónicas Españolas y Latinoamericanas.

e-revist@s

6.- Biblioteca virtual galega: acceso á Biblioteca Virtual Galega

Biblioteca Virtual Galega

7.- Biblioteca dixital de Galicia: acceso a Galiciana, a biblioteca dixital de Galicia (presente Hispana, directorio e recolector de recursos dixitais españois, e en Europeana, a biblioteca dixital europea)

GalicianaXa sabedes, se sodes socios da biblioteca, podedes acceder identificándovos co voso código de usuario (o número de carné da biblioteca) e o voso contrasinal. Excepto a GaliciaLe (da que vos indicamos a web de acceso)ó resto de recursos, o acceso debe facerse desde a páxina da biblioteca para poder visualizar os contidos.

xogos educativos: matemáticas

En varios posts anteriores da sección de informática xa vos recomendamos algunha vez a web Vedoque, na que podemos atopar un feixe de recursos educativos, entre os que hai xogos tanto de ocio coma educativos (de idiomas, historia, xeografía, matemáticas,…).

Hoxe imos falar dun para entrenar as matemáticas. Aínda que non chega ó nivel de integrais ou ecuacións de 3º grado (posto que a web está orientada principalmente para os niveis de infantil e primaria), serviranos de reto para repasar as táboas de multiplicar. Sobre todo esa táboa á que todos lle collemos mal o ritmo: a do 7… ou era a do 8? Ah non, era a do 6… ou a do … Cal é a que non conseguiches dominar? Esa será a que máis che doerá non dominar, xusto esa.

Pantalla de inicio do xogo Liberad a Ergit

Pantalla de inicio do xogo Liberad a Ergit
[para xogar pulsa na pantalla do xogo]

O plantexamento do xogo é que Ergit (o vedoque protagonista) foi capturado non sabemos por quen, pero certamente uns cracks das mates. Para fuxir deberá pasar por varias probas para as que precisará da nosa axuda: abrir un candado cunha combinación numérica (multiplica, multiplica), cruzar unha estrada coidando de non ser atropelado para subir a un monopatín (multiplica, multiplica, pertencente á familia dos múltiplos dun número), atravesar un río (multiplica, multiplica) e escalar unha montaña (multiplica, multiplica).

Algunhas etapas da fuxida son máis complicadas ca outroa (xa sabedes, esa táboa que sempre se nos resistiu), pero de seguro que repasamos as táboas de multiplicar con ganas.

Ata podemos competir para ver a que membro da familia ou do grupo de amigos lle leva menos tempo chegar ó final. Ademais, como cada vez van cambiando os números, non hai trucos para “saltar pantalla”.

recuperamos contidos do antigo blog

blog wordpressConseguimos recuperar o contido do noso blog, pero por desgraza, as fotos dos artigos (na súa maioría), perdéronse coa migración de plataforma, e moitos dos enlaces tamén fallaron.
Non imos pasar o traballo de subir todas as imaxes de novo porque son sete anos de publicacións, pero se tedes interese anlgún artigo en concreto, comentádeo nese mesmo artigo e intentaremos insertar as imaxes de novo en canto poidamos. No caso de que non dispoñamos xa das fotos, tamén volo diremos.

Iremos engadindo informaicón e redeseñándoo de novo.

Un bo regalo de Nadal!

máis de 10.000 ebooks en español

Na biblioteca podedes usar algún dos libros electrónicos que temos cun certo número de libros precargados (1.000 títulos). Pero hoxe presentámosvos unha biblioteca con 10 mil ebooks para descargar en español.

O responsable é Eduardo Sandez, un usuario que se adicou a recolectar un gran número de libros en PDF e en ePub para compartilos en internet, creando unha biblioteca co seu nome en FileCloud e Drive, na que ofrece xa máis de 10.000 textos.

Información obtida na páxina clasesdeperiodismo.com

10.000 ebooks en español

Na biblioteca podedes usar algún dos libros electrónicos que temos cun certo número de libros precargados (1.000 títulos). Pero hoxe presentámosvos unha biblioteca con 10 mil ebooks para descargar en español.

O responsable é Eduardo Sandez, un usuario que se adicou a recolectar un gran número de libros en PDF e en ePub para compartilos en internet, creando unha biblioteca co seu nome en FileCloud e Drive, na que ofrece xa máis de 10.000 textos.

Información obtida na páxina clasesdeperiodismo.com

dicionario da Real Academia Galega

Ademais dos dicionarios que podes consultar na biblioteca, incluídos os de galego, desde hoxe, está á disposición dos usuarios deste blog unha práctica ferramenta en liña: o dicionario da Real Academia Galega, para consultar dúbidas.

Pódelo atopar á dereita da pantalla, ó final do apartado “Sobre mí”:

Seguro que che é de utilidade.

Ver como se fai para que non elimine todo o que hai na coluna por debaixo.