outubro, mes das bibliotecas

Estas son as actividades que realizaremos na biblioteca para celebrar o Día das Bibliotecas 2021:

8 de outubro

Sesión cos autores Dani Viéitez e Iria Iglesias

-Álex quere ser coma papá: contacontos contra os estereotipos e a desigualdade. Ás veces a Álex dinlle que non son axeitadas as cousas que fai. A través de Alex debatemos c@s cativ@s, exemplificando distintas situacións que loitan contra os estereotipos.

15 de outubro

Obradoiro con Hermanager Procucións

Deixa o móbil e debuxa: obradoiro de iniciación sobre ilustración e banda deseñada. Faremos debuxos, algunhas viñetas e/ou tiras cómicas en común e para remataremos facendo cadaquén a súa.

22 de outubro

Obradoiro coa escritora Andrea Barreira

Terroríficas, historias de terror: obradoiro de achega á literatura de terror a diversos públicos a través da lectura e da escritura. O obradoiro consta de dúas partes que combinan teoría e práctica: un repaso de distintas escritoras, do pasado ao presente, que traballaron o xénero do terror e a escritura dun relato de terror poñendo en práctica o visto no punto anterior.

Todas estas actividades enmárcanse no programa de animación Ler conta moito.

obradoiro de flores

Este venres, aproveitando a visita da nosa antiga mestra de origami, teremos con ela un obradoiro de flores de tela de deseño xaponés.

Debido ás medidas de prevención da Covid, o aforo será moi reducido, polo que é imprescindible reservar praza na biblioteca, presencialmente ou por teléfono no 982452324.

Debido ó procedemento de elaboración a actividade diríxese a un público adulto.

as superheroínas do noso pobo, na biblioteca

O venres 2 de xullo comeza o ciclo de actividades do Programa Ler conta moito deste ano, cofinanciado entre o Concello do Saviñao e a Consellería de Cultura.

A actividade As superheroínas do noso pobo, desenvolverase na biblioteca o 2 de xullo ás 11 da mañá coa autora e ilustradora Estefanía Padullés, que conta con varios libros infantís publicados en distintas editoriais, moitos dos cales se poden atopar na biblioteca.

Aplicaranse as medidas Covid establecidas para actividades culturais, polo que o aforo é limitado, e será preciso reservar as entradas previamente na Biblioteca ou no teléfono 982452324.


O obradoiro de ilustración versará sobre mulleres esquecidas en diferentes campos, aprendendo a debuxalas nunha ilustración que as represente. Para rematar a actividade, cada participante fará un cartel dunha muller do seu entorno, para darlle visibilidade e convertela nunha “superheroína” que amose os seus “superpoderes”.

cóntame un cine, na biblioteca

Este venres celebramos o Día das Bibliotecas con 2 das últimas actividades do programa Ler conta moito, trasladadas á biblioteca escolar e á gardería debido á situación que vivimos co coronavirus…

Na biblioteca escolar ás 10 da mañá:

Cóntame un cine, A Cinecleta na Biblioteca, con Anxo Moure achegaranos á historia do cinema mesturado con contos cinematográficos, coñecendo tamén os fondos mariños das Illas Atlánticas, proxectados desde a Cinecleta.

Nesta actividade participarán os alumnos de 4º de Primaria do colexio de Escairón.

día do libro infantil 2020

Tódolos anos nos gusta celebrar o Día do Libro Infantil, ademais de cunha mostra dos libros de Hans Christian Andersen, actividades variadas.

Debido á situación excepcional de Estado de Alarma decretado polo goberno por mor da pandemia do COVID 19, reorientamos as actividades para adaptalas ó confinamento domiciliario que nos toca vivir.

Visitas

En lugar das visitas-contacontos á biblioteca, recomendámosvos a visita virtual ó Salón (Virtual) do Libro de Pontevedra, no que poderedes atopar numerosas propostas de obradoiros, contos, e actividades.

Mostra Bibliográfica

Cambiámola polo acceso a varios contos de Hans Christian Andersen por internet:

Actividades

Propoñémosche que fagas un debuxo dun conto de Hans Christian Andersen e compártea no noso twitter @BSavinao ou envíanos unha foto ó correo da biblioteca (osavinao.rbgalicia@eidolocal.es) e nós compartirémola por ti.

Mensaxe

Presentámosvos noutro artigo o texto completo do díptico coa mensaxe conmemorativa deste ano, o texto é de Peter Svetina e o cartaz de Damijan Stepancic. A tradución galega é de Héctor Cajaravide.

folletoDLIX2020

Concurso

Promoción do concurso da OEPLI Organización Española Para el Libro Infantil y Juvenil, e as súas diferentes seccións, entre as que se atopa Galix Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil, “Un poema na túa voz” (as Bases modificadas no blog de GALIX para incluír a modalidade de participación en familia).

Feliz Día do Libro Infantil

Inés Fernández

Esta mañá presentouse na Casa da Cultura de Monforte o libro Inés Fernández, unha muller para o 8 de marzo que se acaba de editar. Acabamos de poñelo á vosa disposición e xa o podes atopar na biblioteca!

O conto está elaborado polo Centro de Información á Muller coa colaboración do Colectivo Lemos Le (integrado por bibliotecas escolares e municipais da Comarca de Lemos e a Asociación de Libreiros de Monforte) e está ilustrado cos traballos dos escolares dos concellos da Comarca de Lemos.

Esta mañá recollemos os exemplares da biblioteca e xa pode levarse para a casa xunto con

 

13321-1

Balbina López Somoza, unha muller para o 8 de marzo

portada Inés de Castro, unha muller para o 8 de marzo

Inés de Castro, unha muller para o 8 de marzo

12929-1

María Castaña, unha muller para o 8 de marzo

13105-1

Lola de Penelas, unha muller para o 8 de marzo

 

13321-1

Genoveva González Prieto, unha muller para o 8 de marzo

 

día da biblioteca-noite na biblioteca 2019

Xa temos o programa de actividades para celebrar o Día da Biblioteca-Noite na Biblioteca 2019!

DDB2019_cartaz Amigos del Libro.png

O Día da Biblioteca é o 24, pero adiantaremos a festa ó venres 18, e desde as 10 da mañá e ata a medianoite temos preparada unha ampla variedade de actividades e moita diversión: visitas guiadas, obradoiros, xogos, manualidades,  contos, libros, música,…

Por motivos organizativos hai que inscribirse previamente. Pode facerse presencialmente na biblioteca ou no teléfono 982452324.

DDB-NNB2019

Programa:

  • 10:00-14:00  Visitas guiadas con grupos escolares
  • 14:00-17:00  Minivisitas guiadas para calquera persoa que acuda á biblioteca
  • 17:00-18:00  Conta – obradoiro artístico con tapóns e palliñas(a partir de 5 anos)
  • 18:00-18:30  Merenda infantil
  • 18:30-19:30  Obradoiro – competición de buxainas (a partir de 6 anos)
  • 19:30-20:30  Xogo Rescate na Biblioteca con Antía Yáñez (programa Ler conta moito) (a partir de 6 anos e público adulto acompañante)
  • 20:30-21:30  Obradoiro de carteira/porta-retratos (a partir de 8 anos)
  • 21:30-22:00  Cea infantil
  • 22:00-22:50  Contacontos Bolboretas con Soledad Felloza (programa Ler conta moito)(público infantil, xuvenil e adulto)
  • 22:50-23:50  Obradoiro de debuxo con círculos (público a partir de 10 anos, xuvenil e adulto)
  • 23:50-00:00  Xogos/Karaoke – Festa de despedida

 

Lembrade: Recomendamos inscrivirvos en cada actividade na que queirades participar, e indicar as intolerancias e alerxias alimentarias.