medidas coronavirus no saviñao

CORONAVIRUS-CIAN

Consultar o texto completo do bando

Á vista da situación sanitaria actual e en consonancia coas medidas acordadas no día de hoxe pola Xunta de Galicia, a partir do venres día 13 de marzo e ata novo aviso, pecharán a Escola Infantil, a Biblioteca Municipal e o Fogar do pensionista; suspenderanse todas as actividades deportivas, culturais e sociais programadas.

Ademais das seguintes recomendacións:
– Acudir ás oficinas municipais só en caso de necesidade urxente.
– Seguir as recomendacións do Ministerio de Sanidade e da Consellería de Sanidade,
especialmente no concernente a limpeza e aseo (lavar as mans e a cara frecuentemente
con auga e xabón)
– Non facer viaxes e desprazamentos que non sexan imprescindibles
– Evitar no máximo posible o contacto físico, especialmente con persoas dos grupos
de risco.
Teléfonos de información:

para casos leves: 900400116
para casos graves: 061

coronavirus – covid-19

Desde a biblioteca queremos remitir ó público en xeral a consultar a documentación oficial e evitar difundir rumores, que moitas veces fan máis dano ca ben.

CORONAVIRUS-CIAN

Por eso recollemos algunhas recomendacións xerais básicas e algúns recursos que se poden consultar.

Recomendacións xerais:

  • Lavar as mans con frecuencia (con auga e xabón ou con un desinfectante a base de alcohol)
  • Tusir ou estornudar facelo no cóbado ou nun pano de papel que debe tirar inmediatamente e lavar as mans (para evitar levar o virus a outras superficies ou persoas)
  • Evitar tocar a cara (ollos, boca, nariz) para evitar levar o virus coas mans se antes se tocou unha superficie contaminada.
  • En caso de presentar síntomas, débese reducir o contacto con outras persoas, en vez de ir a un centro sanitario débese chamar por teléfono (061) para confirmar se os síntomas son compatibles co contaxio por coronavirus.

Recursos en liña de organismos públicos:

AVISO:

Esta información non se manterá actualizada, é só un relatorio de recursos dispoñibles hoxe a día 11 de marzo de 2020. A pesar de que se intentou indicar recursos que se actualizarán nese mesmo enlace, algúns deses recursos poderían quedar descartados en calquera momento.