O pasado venres elaboramos uns preciosos cadros mariños con varios elemenentos do mar:
Os pasos para elaboralos na casa son:
1.- colorear unha base con acuarela líquida ou témpera moi diluída deixando caer gotas de distintas tonalidades ata ter o fondo cuberto e, mentras aínda está mollado, espolvorear cun compoñente esencial da auga mariña (adiviñas cal?)
2.- escoller varios elementos mariños para decorar o noso cadro das profundidades oceánicas (mentras secaba a pintura, elaboramos uns sinxelos peixes de origami moi lucidos)
3.- incorporar todos os elementos que escollemos para o noso cadro mariño (cunchas, peixes de varios tamaños e estreliñas) pegándoos con cola quente para que queden ben suxeitos.
Este venres teremos un novo obradoiro, co que aprenderemos a crear o noso propio acuario na casa pero sen que sexa necesario botarlle de comer ós seus habitantes. Animádesvos?