Continuamos coas actividades do programa Ler conta moito, este ano trasladadas ao colexio.
Este venres ás 10 presentaremos un Obradoiro de creacontos, a cuarta actividade.
Será o alumnado de 1º de Primaria quen participe nesta actividade.
Continuamos coas actividades do programa Ler conta moito, este ano trasladadas ao colexio.
Este venres ás 10 presentaremos un Obradoiro de creacontos, a cuarta actividade.
Será o alumnado de 1º de Primaria quen participe nesta actividade.
Continuamos coas actividades do programa Ler conta moito, este ano trasladándoas ao colexio.
Este venres ás 11 presentaremos con Experimentos científico-artísticos, a terceira das actividades.
Fatiropina presentará unha serie de experimentos científicos sinxelos.
Continuamos coas actividades do programa Ler conta moito, este ano trasladándoas ao colexio.
Este venres ás 11 presentaremos, de biblioteca a biblioteca, a actividade musicada: Cantando os cantares, con Truque Matruque.
Con esta actividade achegarémonos á figura de Rosalía de Castro e á súa poesía.
Este venres comezamos as actividades do programa Ler Conta Moito na biblioteca.
Visitaremos a biblioteca do colexio de Escairón con Antía Yáñez, autora do conto A reconquista (Premio Fina Casalderrey de literatura Infantil pola Igualdade, da editorial Baía) e 2 novelas de intriga que gustaron tanto, que cando nos visitou polo Día da Biblioteca de 2019, tivo unha intensa sesión de reparto de autógrafos: O misterio de Portomarín e O misterio do torque de Burela.
Debido á situación provocada polo Covid-19, ata novo aviso, o horario de atención ó público da biblioteca rematará 30 minutos antes do horario habitual de peche, quedando de 10 a 13.30h. e de 16.30 a 19.30h.
Para evitar aglomeracións e esperas, solicitarase cita no teléfono 982452324.
En canto a situación se normalice totalmente, volveremos ó horario habitual.
21 bibliotecas municipais galegas convidámovos a descubrir #BiblioVeránEnGalicia.
Compartindo con vós as nosas recomendacións de lectura para animarvos a coñecer o noso entorno máis próximo con recunchos de lectura, paisaxes, tradicións, gastronomía, arte, historia, lendas e moito máis que a terra galega nos pode ofrecer.
Bo verán!
Podedes velos todos no seguinte vídeo:
O horario de atención ó público da biblioteca en agosto será:
• de 10 a 14h. de LUNS a VENRES
Os servizos que estea autorizado prestar, permanecerán dispoñibles co aforo permitido e no mesmo horario.
Para evitar aglomeracións e esperas, solicitarase cita no teléfono 982452324.
Grazas por comprender estas restricións e respectar as normas.
Se te autorrexistraches en GaliciaLe durante o estado de alarma e non recolliches o teu carné, lembra que o prazo para recollelo na túa biblioteca remata o 21 de xullo, se non o fas, perderás o acceso á plataforma desde o día 22.
Contacta coa túa biblioteca de referencia para máis información ou concretar cita para recoller o carné!
Este luns comezamos a Fase 3 da desescalada. Segundo o que marca a normativa aplicable, permitirase a consulta e o estudo en sala, o uso de ordenadores. A sala infantil deberá permanecer pechada.
Seguiremos co aforo limitado, e atendendo con cita previa tanto para devolucións como para préstamos, uso dos ordenadores, nos que se limitará o tempo de permanencia nas instalacións para evitar aglomeracións e e manter a distancia de seguridade de 2 metros, e para usar os postos habilitados para o estudio. Seguirá sendo necesario acodir con mascariña, e para usar os ordenadores da biblioteca ademais deberanse traer luvas. Para os préstamos e consulta en sala, deberase indicar durante a solicitude de cita os materiais que se desexan levar ou consultar na sala, que unha vez devoltos pasarán a depositarse en corentena, polo que é moi importante saber que materiais se precisan.
Os servizos dispoñibles, horarios, citas e aforo, modificaranse na medida das necesidades e de acordo co que as normativas aplicables permitan e/ou esixan.
O horario de atención ó público amplíase de luns a venres de 9 a 14 h., provisionalmente ata o 1 de setembro.
Deberanse seguir unhas medidas de conducta e hixiene básicas: uso de luvas para usar os ordenadores, e mascariña para acceder á biblioteca, ademais de facer uso dos dispensadores de xel á entrada.
Este luns comezamos a Fase 2 da desescalada. Segundo o que marca a normativa aplicable, permitirase a consulta en sala, o uso de ordenadores e a sala infantil permanecerá pechada.
É dicir, que seguiremos co aforo limitado, e atendendo con cita previa tanto para devolucións como para préstamos e o uso dos ordenadores, nos que se limitará o tempo de permanencia nas instalacións para evitar aglomeracións e e manter a distancia de seguridade de 2 metros. Seguirá sendo necesario acodir con mascariña, e para usar os ordenadores da biblioteca ademais deberanse traer luvas. Para os préstamos e consulta en sala, deberase indicar durante a solicitude de cita os materiais que se desexan levar ou consultar na sala, que unha vez devoltos pasarán a depositarse en corentena, polo que é moi importante saber que materiais se precisan.
Os servizos dispoñibles, horarios, citas e aforo, modificaranse na medida das necesidades e de acordo co que as normativas aplicables permitan e/ou esixan.