obradoiro de debuxo monstruoso

O venres 7 de xullo, debuxa en directo co autor dos Megatoxos.

cartaz_anxo_farina_pq

Podes aproveitar para coñecer as obras que temos na biblioteca. Así cando veña, poderás facerlle preguntas sobre os seus traballos. Están xa expostas na casiña dos ratos. Podes atopar desde contos infantís e novelas xuvenís ata guías de viaxes por Galicia e as ilustracións dun libro de teatro.

Ensinaranos trucos para debuxar e rematarremos coa contrución dun deseñador de monstros ou seres imaxinarios.

Vente divertir mentras aprendes!

Teremos 2 obradoiros o  venres 7 de xullo:

  • ás 12 da mañá na Biblioteca de Escairón
  • ás 5 da tarde na Biblioteca de Currelos

Deberás anotarte porque hai aforo limitado e para que teñamos materiais suficientes para todos. Podes facelo no teléfono da biblioteca: 982452324 durante as horas de apertura (10-14 h. e 16:30-20 h. e a partir do 3 de xullo de 8:30-14:30 h.).

actividade biblioteca de currelos (II)

Os participantes no obradoiro de ilustración co ilustrador galego Anxo Fariña pasárono de marabilla.

Empezamos aprendendo que calquera obxecto se pode caracterizar para convertirse nunha personaxe, pero tamén nos podemos inspirar en alguén que coñezamos, e que despois de anotar ideas as podemos usar ou descartar durante o proceso de creación da nosa personaxe.

Anxo Fariña mostrounos a súa habilidade para debuxar improvisando coas suxerencias que lle fixemos, e tamén como crea a personaxe Cachotrabada dos libros da colección A monstroescola.

O que aprendemos, pode ser aplicado á hora de crear os debuxos sobre A MENTIRA para participar no Certame de Narración e Debuxo Infantil Letras Galegas 2011 que se poden presentar ata mediada a semana que vén.

Podemos ver varias imaxes do evento:

actividade biblioteca de currelos

[consultar a web do autor]

Mañá, día 5 de maio, terá lugar na Axencia de Lectura Municipal “Maruchi Arias” de Currelos a actividade A crear personaxes, co ilustrador galego Anxo Fariña. Están convidados a participar os rapaces de Primaria do Colexio de Currelos.
Esta actividade ofrécese dentro do Programa Letras Vivas da Consellería de Cultura, polo cal se cofinancian actividades de animación á lectura entre os Concellos e a Consellería.
Para participar na realización desta actividade de animación lectora na Biblioteca de Currelos, a Biblioteca de Escairón pechará pola mañá ás 13.30 h.