A biblioteca pecha desde o venres 8 por Semana Santa.
Os libros quedarán prorrogados automaticamente ata o día 18 de abril.
Poderán devolverse no mostrador de rexistro do concello en horario de mañá os días laborables.
Desculpen as molestias.
A biblioteca pecha desde o venres 8 por Semana Santa.
Os libros quedarán prorrogados automaticamente ata o día 18 de abril.
Poderán devolverse no mostrador de rexistro do concello en horario de mañá os días laborables.
Desculpen as molestias.
A biblioteca pecha o 31 de decembro e tamén a primeira semana de xaneiro.
Os préstamos quedan automaticamente prolongados ata o 10 de xaneiro. Os libros tamén poderán devolverse no Concello no mostrador de rexistro (1º andar) en horario de mañá.
Desculpen as molestias
Estas son as bases do certame de poesía infantil de Nadal deste ano:
A BIBLIOTECA PÚBLICA MUNICIPAL DO SAVIÑAO convoca o CERTAME DE POESÍA INFANTIL “NADAL 2021” (Fase local), de acordo coas seguintes
BASES:
1.- Poden participar tódolos nenos e nenas, con poemas sobre o tema xenérico de “O NADAL”.
2.- Establécense tres categorías:
3.- Cada autor/a poderá presentar cantos traballos desexe. Os poemas estarán redactados en galego e a súa extensión será como máximo dun folio por unha soa cara, e poderán presentarse mecanografados, escritos a computador ou a man; neste último caso sempre a bolígrafo e nunca a lapis. Con cada traballo, acompañarase unha folla co nome e demais datos do autor. (ver nota 1). [pulsar para descargar o modelo]
4.- O prazo de presentación dos poemas rematará o 23 de decembro de 2021, debendo ser entregados polos seus autores na BIBLIOTECA PÚBLICA MUNICIPAL (ver nota 2).
5.- Un xurado, formado por entendidos na materia, seleccionará por cada modalidade e categoría un máximo de tres traballos. Os autores seleccionados recibirán cadanseu diploma e libros.
6.- Os traballos premiados nesta fase local, participarán na fase provincial do Certame, convocado pola Biblioteca Pública de Lugo, co patrocinio da Consellería de Cultura, Educación e Universidade da Xunta de Galicia.
7.- O fallo do xurado local farase público na primeira quincena de xaneiro do 2022.
8.- Os traballos premiados pasarán a ser propiedade da Biblioteca Pública de Lugo que se reserva o dereito de publicación dos mesmos.
9.- Todas as incidencias non previstas nestas bases serán resoltas polo xurado.
10.- A presentación das obras a este certame supón a aceptación das presentes bases.
NOTAS:
O venres 3 de setembro temos outra actividade do programa Ler conta moito deste ano.
Será ás 12 da mañá. O aforo é limitado, polo que será preciso reservar as entradas previamente na Biblioteca (días 1 e 2 de setembro presencialmente ou por teléfono no 982452324, en horario de 8:30 a 14:30).
Dani e Iria visitan novamente a biblioteca. Nesta ocasión cóntannos que ás veces a Álex lle din que non son axeitadas as cousas que fai. Veremos distintas situacións que loitan contra os estereotipos a través da experiencia de Álex.
Este venres, aproveitando a visita da nosa antiga mestra de origami, teremos con ela un obradoiro de flores de tela de deseño xaponés.
Debido ás medidas de prevención da Covid, o aforo será moi reducido, polo que é imprescindible reservar praza na biblioteca, presencialmente ou por teléfono no 982452324.
Debido ó procedemento de elaboración a actividade diríxese a un público adulto.
O venres 6 de agosto temos unha nova actividade do programa Ler conta moito.
Será ás 12 da mañá. O aforo é limitado, polo que será preciso reservar as entradas previamente na Biblioteca (días 4 e 5 de agosto presencialmente ou por teléfono no 982452324, en horario de 8:30 a 14:30).
A Cinecleta volve á Biblioteca: cóntame un cine. Anxo Moure achegaranos á historia do cinema mesturado con contos cinematográficos, coñecendo tamén os fondos mariños das Illas Atlánticas, proxectados desde a Cinecleta.
Veremos tamén como era un dos cines de Escairón.