ricardo carballo calero, día das letras galegas 2020

Este ano adícaselle o Día das Letras Galegas a Ricardo Carballo Calero.

Debido á incidencia da COVID-19, decidiuse adiar para o 31 de outubro a celebración a ver se melloraban as circunstancias para festexar o autor, pero dada a situación, a celebración será virtual.

Aínda así, na biblioteca temos feita a selección das súas obras para préstamo. Podedes consultar a lista dos libros que del e sobre el temos na biblioteca pulsando neste enlace.

Ricardo Carballo Calero

Na Biblioteca Virtual Galega pódese ademais de ler a súa biografía, consultar a súa bibliografía e mesmo ler algún fragmento da súa obra.

Na web da Real Academia Galega podedes atopar tamén ampla información sobre a súa vida e obra.

No portal Día das Letras Galegas pódese consultar a lista dos homenaxeados.

No noso Twitter podedes consultar algunhas das publicacións sobre Carballo Calero que fixemos en maio.

Tamén a serie Unha palabra para don Ricardo, da Real Academia Galega, que tamén compartimos convosco no noso Twitter.

Si os contos puideran contar, na gardería

CANCELADA

Este venres celebramos o Día das Bibliotecas con 2 das últimas actividades do programa Ler conta moito, trasladadas á biblioteca escolar e á gardería debido á situación que vivimos co coronavirus…

Na gardería ás 11 da mañá:

Si os contos puideran contar, con Fátima Fernández descubriremos que pasaría si os libros de contos decidisen que eles tamén queren inventar as súas historias, que os textos que teñen “tatuados” non lles valen, que as ilustracións “lles contan” outras cousas…

Nesta actividade participará a aula de maiores da Escola Infantil Municipal de Escairón.

cóntame un cine, na biblioteca

Este venres celebramos o Día das Bibliotecas con 2 das últimas actividades do programa Ler conta moito, trasladadas á biblioteca escolar e á gardería debido á situación que vivimos co coronavirus…

Na biblioteca escolar ás 10 da mañá:

Cóntame un cine, A Cinecleta na Biblioteca, con Anxo Moure achegaranos á historia do cinema mesturado con contos cinematográficos, coñecendo tamén os fondos mariños das Illas Atlánticas, proxectados desde a Cinecleta.

Nesta actividade participarán os alumnos de 4º de Primaria do colexio de Escairón.

a reconquista, o venres no cole

Este venres comezamos as actividades do programa Ler Conta Moito na biblioteca.

Visitaremos a biblioteca do colexio de Escairón con Antía Yáñez, autora do conto A reconquista (Premio Fina Casalderrey de literatura Infantil pola Igualdade, da editorial Baía) e 2 novelas de intriga que gustaron tanto, que cando nos visitou polo Día da Biblioteca de 2019, tivo unha intensa sesión de reparto de autógrafos: O misterio de Portomarín e O misterio do torque de Burela.

horario de inverno por covid

Debido á situación provocada polo Covid-19, ata novo aviso, o horario de atención ó público da biblioteca rematará 30 minutos antes do horario habitual de peche, quedando de 10 a 13.30h. e de 16.30 a 19.30h.

Para evitar aglomeracións e esperas, solicitarase cita no teléfono 982452324.

horario de inverno

En canto a situación se normalice totalmente, volveremos ó horario habitual.

biblio verán en galicia

21 bibliotecas municipais galegas convidámovos a descubrir #BiblioVeránEnGalicia.
Compartindo con vós as nosas recomendacións de lectura para animarvos a coñecer o noso entorno máis próximo con recunchos de lectura, paisaxes, tradicións, gastronomía, arte, historia, lendas e moito máis que a terra galega nos pode ofrecer.
Bo verán!
Podedes velos todos no seguinte vídeo:

fixécheste socio/a durante a corentena?

galiciale

Se te autorrexistraches en GaliciaLe durante o estado de alarma e non recolliches o teu carné, lembra que o prazo para recollelo na túa biblioteca remata o 21 de xullo, se non o fas, perderás o acceso á plataforma desde o día 22.

Contacta coa túa biblioteca de referencia para máis información ou concretar cita para recoller o carné!