Adeus Günter Grass e Eduardo Galeano

Igual que acontece ás veces, dous grandes escritores que marcaron época, deixáronnos o mesmo día.

falecemento Grass Galeano

Günter Grass

grassEscritor

Günter Wilhelm Grass, escritor e artista alemán, galardoado co Premio Nobel de Literatura e o Premio Príncipe de Asturias de las Letras en 1999.

Nacemento: 16 de outubro de 1927, Cidade libre de Dánzig, Polonia

Morte: 13 de abril de 2015, Lübeck, Alemania

Libros: El tambor de hojalata, El rodaballo, La ratesa,…

Premios: Premio Nobel de Literatura, Premio Príncipe de Asturias de las Letras

Películas: El tambor de hojalata

Eduardo Galeano

GaleanoPeriodista e escritor

Eduardo Germán María Hughes Galeano, coñecido como Eduardo Galeano, periodista e escritor uruguaio, gañador do premio Stig Dagerman, considerado un dos máis destacados autores da literatura latinoamericana.

Nacemento: 3 de septembro de 1940, Montevideo, Uruguai

Morte: 13 de abril de 2015, Montevideo, Uruguai

Libros: La piedra arde, Voces de nuestro tiempo,…

Premios: Premio Stig Dagerman, Premio Alba de las letras

Podedes atopar algunhas das súas obras na biblioteca, accedendo ó catálogo pulsando no nome de cada escritor.

Fallo do Certame Infantil de Poesía de Nadal 2013

Xa está exposta na biblioteca a relación íntegra de galardoados (aquí están só os nomes e a idade) no Certame de Poesía Infantil Nadal 2013

Premiados:

Categoría A: ata 8 anos

  • Usama (8 anos)
  • Xiana (8 anos)
  • Juan Martín (8 anos)

Categoría B: de 9 a 11 anos

  • Saúl (10 anos)
  • Naiara (10 anos)
  • Lucía (9 anos)

Categoría C: de 12 a 16 anos

  • Fouad (12 anos)
  • Andrea (13 anos)

Poderanse ver, expostas na Biblioteca, copias dos traballos premiados. Os traballos que non resultaron galardoados, poderanse recoller na mesma Biblioteca o día da entrega dos premios.

A entrega de premios terá lugar o venres 3 ás 5 da tarde na biblioteca de Escairlón, despois do contacontos.

Noraboa ós galardoados!

actividades de nadal

Nunha semana comezaremos coas actividades especiais de Nadal.

Entre estas actividades inclúense varios obradoiros de manualidades de nadal (tanto infantís como para adultos), sesións de cine e de xogos, festival de Nadal (con sorpresas), obradoiro infantil de cociña, elaboración das cartas para os Reis Magos e Cabalgata de Reis.

Mantéñense os obradoiros de origami dos venres, e o contacontos de primeiro venres de mes volve en xaneiro.

Para saber a data e  hora de cada actividade, consultade os carteis na biblioteca, os folletos das actividades ou o facebook da biblioteca.

Fallo do Certame Infantil de Poesía de Nadal 2012

Xa está exposta na biblioteca a relación íntegra de galardoados (aquí están só os nomes e a idade) no Certame de Poesía Infantil Nadal 2012

Premiados:

Categoría A: ata 8 anos

  • Raúl (8 anos)
  • Rubén (8 anos)
  • Antía (8 anos)
  • ACCESIT Brayan (8 anos)
  • ACCESIT Manuel (8 anos)

Categoría B: de 9 a 11 anos

  • Manuel (10 anos)
  • Brais (10 anos)
  • David (9 anos)
  • ACCESIT Manuel (10 anos)
  • ACCESIT Céline (10 anos)

Categoría C: de 12 a 16 anos

  • Andrea (12 anos)

A excelente calidade dos traballos presentados nesta convocatoria, determina que se estableceran accesits en dúas das categorías.
Poderanse ver, expostas na Biblioteca, copias dos traballos premiados. Os traballos que non resultaron galardoados, poderanse recoller na mesma Biblioteca ata a data de entrega dos premios.
A data e hora da entrega de premios darase a coñecer neste mesmo lugar.

Escairón, a 15 de xaneiro de 2013

últimas incorporacións

Entre as últimas incorporacións ó fondo da biblioteca, destacamos esta pequena selección:

Novidades adultos:

v:* {behavior:url(#default#VML);}
o:* {behavior:url(#default#VML);}
w:* {behavior:url(#default#VML);}
.shape {behavior:url(#default#VML);}

Novidades adultos

Con este libro intentaremos descubrir que segredos de Fátima están aínda por revelar..

El secreto todavía ocultado
Autor/es: Ferrara, Christopher A.
Editorial: Good Counsel Publications [2011]
Materias: Virxe de Fátima / Virxe María – Aparicións

Localización: 27/FER/sec Rexistro: 11921 Sección: Adultos
[Reservar exemplar] [Enviar opinión]

Con esta novela descubrimos que non estamos sós no universo.

The host
Autor/es: Meyer, Stephenie / Sánchez Raya, María Jesús
Editorial: Suma de Letras 2009
Materias: Novelas de ciencia ficción / Novelas románticas
Resume: Tras el éxito alcanzado con “Crepúsculo”, novela romántica de vampiros para un p…

Localización: N/MEY/hos Rexistro: 11916 Sección: Adultos
[Reservar exemplar] [Ver opinións] [Enviar opinión] [Ampliar imaxe]

Estamos hipocondríacos? Descubrirémolo con este libro.

La hernia de Viriato
Autor/es: Benavides, Toño / Ruiz del Cueto, Sofía / POSADAS, Carmen (1953- )
Editorial: Temas de Hoy 2002
Materias: Novelas de humor / Novelas médicas / Hipocondría – Novelas

Localización: N/POS/her Rexistro: 11917 Sección: Adultos
[Reservar exemplar] [Enviar opinión]

Completamos a triloxía “El Círculo”, outra serie que xira ó redor dos vampiros.

La cruz de Morrigan
El baile de los Dioses
El Valle del Silencio
Autor/es: Masso, Gerardo di / Roberts, Nora
Editorial: RBA 2010
Serie: [El Círculo]
Materias: Novelas de aventuras / Novelas románticas

Localización: N/ROB/cru Rexistros: 11136, 11911, 11912 Sección: Adultos
[Reservar exemplar] [Enviar opinión]

Novidades infantil e xuvenil:

Con esta novela chea de emoción e aventura, descubrimos cousas moi interesantes e curiosas sobre a cultura exipcia. Estamos esperando a que saia o segundo volume da serie.

La pirámide roja
Autor/es: Riordan, Rick / Viciano Delibano, Manuel
Editorial: Montena 2011
Serie: Las crónicas de los Kane

Localización: X/RIO/cro Rexistro: 11910 Sección: Infantil Xuvenil
[Reservar exemplar] [Enviar opinión]

Xa temos un libro extra da saga de Crepúsculo, co que se nos revelarán algunhas cousas que quedaban es suspense nunha das esceas máis importantes da saga.

La segunda vida de Bree Tanner
Autor/es: Meyer, Stephenie / Hermoso, Julio
Editorial: Alfaguara 2010
Serie: Crepúsculo
Materias: Vampiros – Novelas xuvenís / Novelas xuvenís románticas
Resume: Novela corta relacionada con la saga Crepúsculo que narra la transformación en v…

Localización: X/MEY/seg Rexistro: 11909 Sección: Infantil Xuvenil
[Reservar exemplar] [Ver opinións] [Enviar opinión] [Ampliar imaxe]

Misterio, profecías, traición e maldicións enchen esta triloxía.

O clan da loba
O deserto de xeo
A maldición de Odi
Autor/es: CARRANZA, Maite / Saborido Otero, Pilar
Editorial: Rodeira 2009
Serie: A guerra das bruxas
Materias: Novelas xuvenís de aventuras / Novelas xuvenís fantásticas / Seres fantásticos – Novelas
Resume: A guerra das bruxas está próxima e a elixida non pode pospoñer máis o momento de…

Localización: X/CAR/gue Rexistros: 11887, 11888, 11889 Sección: Infantil Xuvenil
[Reservar exemplar] [Enviar opinión] [Ampliar imaxe]

Realmente os reloxios poden negarse a contar o tempo? Descubriremos onde está a orixe deste misterio.

Os reloxos preguiceiros de Néboa
Autor/es: LAMA, Xavier / TOMÁS, Xosé
Editorial: Xerais 2011
Serie: Biblioteca Dramática Galega (de Literatura Infantil)
Materias: Teatro infantil
Resume: «OS RELOXOS PREGUICEIROS DE NÉBOA» DE XAVIER LAMA…

Localización: I-T/LAM/rel Rexistro: 11914 Sección: Infantil
[Reservar exemplar] [Enviar opinión] [Ampliar imaxe]

Fallo do Certame Infantil de Poesía de Nadal 2011

Os galardoados no Certame de poesía infantil “O NADAL 2011” son:

Categoría A: ata 8 anos

  • Lucía (8 anos)
  • Marta (8 anos)
  • Yasmina (7 anos)

Categoría B: de 9 a 11 anos

  • Carlos (11 anos)
  • Javier (9 anos)
  • Naiara (9 anos)

Categoría C: a partir de 12 anos

  • José Manuel (12 anos)

Aquí figura só o nome, no listado que se publicará na biblioteca, figurará o nome completo dos premiados. Poderanse ver, expostas na Biblioteca, copias dos traballos premiados. A data de entrega dos premios darase a coñecer na biblioteca.

Certame de Poesía Infantil “Nadal 2011”

[Traballos gañadores do Certame 2009]

Xa está convocado o

Certame de Poesía Infantil “Nadal 2011”

– Convocatoria Local –

A BIBLIOTECA PÚBLICA MUNICIPAL DO SAVIÑAO convoca o CERTAME DE POESÍA INFANTIL “NADAL 2011” (Fase local), de acordo coas seguintes

BASES:

1.- Poden participar tódolos nenos e nenas, con poemas sobre o tema xenérico de “O NADAL”.
2.- Establécense tres categorías:

  • A, ata 8 anos,
  • B, de 9 a 11 anos,
  • C, de 12 a 16 anos.

3.- Cada autor poderá presentar cantos traballos desexe. Os poemas estarán escritos en galego e a súa extensión será como máximo dun folio por unha soa cara. Con cada traballo, acompañarase unha folla co nome e demais datos do autor (sobre todo o número de teléfono de contacto).
4.- O prazo de presentación dos poemas rematará o 20 de decembro de 2011, debendo ser entregados polos seus autores en calquera das BIBLIOTECAS PÚBLICAS MUNICIPAIS (tanto en Escairón coma en Currelos).
5.- Un xurado, formado por entendidos na materia, seleccionará por cada modalidade e categoría un máximo de tres traballos. Os autores seleccionados recibirán cadanseu diploma e libros.
6.- Os traballos premiados nesta fase local, participarán na fase provincial do Certame, convocada pola Biblioteca Pública Provincial de Lugo, co patrocinio da Consellería de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia.
7.- O fallo do xurado local farase público na primeira quincena de xaneiro do 2012.
8.- Os traballos premiados pasarán a ser propiedade da Biblioteca Pública que se reserva o dereito de publicación dos mesmos.
9.- Todas as incidencias non previstas nestas bases serán resoltas polo xurado.
10.- A presentación das obras a este certame supón a aceptación das presentes bases.

NOTAS:

A data de entrega de premios e diplomas ós participantes darase a coñecer na biblioteca.
Cos traballos seleccionados na fase provincial editarase unha publicación. Os traballos publicados en anteriores edicións pódense consultar na biblioteca. As portadas pódense ver na wiki da biblioteca.

[Traballos gañadores do Certame 2010]

A CASA da BOTICA

Esta é a vista do edificio que hoxe ocupa a biblioteca, desde o solar no que se construiu o Auditorio Municipal e o lavadoiro de coches da Gasolineira de Escairón aló polos anos 60. Pódese apreciar que se conservou a súa estrutura orixinal.

Xosé Benito de Lage casou con María Vicenta de Prado, dotada polos seus maiores coa titularidade da casa coa horta anexa, no ano 1815. Sen dúbida, as instalacións non eran suficientes porque cara a 1830 construíron, con importantes axudas familiares, a máis tarde coñecida por “Casa nova da Botica”.

Así comeza o artigo que fala da orixe do edificio que hoxe ocupa  Biblioteca Municipal en Escairón. Pódese consultar o texto completo na wiki da biblioteca, ou premendo sobre a cita do artigo.

Tedes fotos do edificio de anos atrás? Podedes facelas chegar á biblioteca a traves deste formulario.

entrega de premios do Certame Letras Galegas 2011

Os galardoados na fase local están convidados a pasar a recoller os seus agasallos na Biblioteca Municipal do Saviñao (Escairón) o martes 28, ás 12.00 na sala infantil-xuvenil onde vén sendo habitual que se celebre a entrega de premios.

A continuación,  conmemoraremos o Día Mundial dos Bosques Tropicais e o Día Mundial das Árbores, deleitándonos coas historias que nos trae a Soñadora das Árbores (Raquel Queizás), quen tamén visitará a biblioteca de Currelos o mesmo día pero pola tarde ás 16.00 h.

Pódense ver, expostas na Biblioteca, copias dos traballos premiados. Os traballos que non resultaron galardoados, poderanse recoller na Biblioteca ata a data de entrega dos premios.

Se na fase provincial do Certame resultase premiado algún dos traballos presentados nesta biblioteca, darase a coñecer tamén no blog.