ceos galegos, na biblioteca

A Biblioteca Pública Municipal do Saviñao presenta a mostra de calendarios de Ceos galegos, un proxecto de divulgación e comunicación social dirixido por X. Dosi Veiga.

A exposicón de calendarios poderá visitarse do 10 ó 31 de maio no baixo da Biblioteca Pública Municipal do Saviñao, no mesmo horario de atención ó público da biblioteca (de 10 a 13.30 e de 16.30 a 19.30), coas mesmas restricións de acceso que o resto das instalacións: máscara, distancia de seguridade e uso de xel hidroalcohólico dispoñible á entrada.

Trátase dun proxexto:

De ciencia, no sentido amplo da palabra, pois inclúe astronomía, xeoloxía, bioloxía… pero tamén historia, arqueoloxía, literatura.

De fotografía, pois artéllase ao redor dunha imaxe fermosa do ceo, ou didáctica, ou curiosa.

De cultura, porque o coñecemento científico tamén é cultura. Porque coñecer o noso contorno máis próximo permítenos comprender mellor quen somos e de onde procedemos, proxectándonos cara o futuro. Pero tamén permítenos valorar mellor os ceos doutros lugares, porque podemos aprezar as semellanzas e as diferenzas.

Para ampliar información sobre este proxecto, consulta a web Ceos Galegos ou as súas contas en Instagram, Facebook e Twitter.