falan de nós na revista mi biblioteca

A revista Mi Biblioteca da Fundación Alonso Quijano (galardoada co Premio Nacional al Fomento de la Lectura en 2015) fíxose eco no seu último número das actividades que conformaron o Ciclo Biblioteca en Igualdade, que se desenvolveu na biblioteca desde o día 6 de setembro ó 18 de outubro. Neste ciclo contamos con Dani Viéitez e Iria Iglesias, Carmen Domech, Tarabelos, Eduvía, Menos dá unha pedra, Fátima Fernández, Antía Yáñez e Sole Felloza.

artigo na Revista Mi Biblioteca.png

Aparecemos na sección de actualidade bibliotecaria. Podedes consultar a revista na biblioteca.

A Fundación Alonso Quijano é unha institución privada e independente, sen ánimo de lucro, que pretende contribuir ó desenvolvemento integral do humano por medio da promoción de iniciativas culturais e educativas, especialmente daquelas orientadas ó fomento da lectura. Aínda que tén sede en Málaga, o seu ámbito de actuación exténdese a todo o territorio nacional, con algunhas actividades de carácter internacional.

Contactaron connosco desde a revista, non lle enviamos nada desde a biblioteca ata que nos pediron información. Por iso agradecemos a vosa participación nas actividades, e a difusión que fixestes delas, pois foi grazas a vós que contactaron connosco para coñecer máis a fondo en que consistía este ciclo.

a carteira de augasclaras

A carteira de Augasclaras con Carmen Domech, na Biblioteca Pública Municipal do Saviñao o vindeiro venres 13 de setembro ás 12 h., continúa o ciclo A biblioteca en igualdade.

cartaz carteira augas claras_pq

Martina reparte cartas na biblioteca:
Unha de Clementina, a tartaruga que viaxa ceibe polo mundo.
Outra, da elefantiña Rosa Caramelo, que logrou que na súa manada todos vivan xuntos e iguais.
A nena que rega a albáfega escríbenos dende moi lonxe, onde ninguén pode obrigala a facer o que non queira.
Estela dinos como aprendeu a berrar moi forte se algún maior nos fai xogar a xogos que non nos gustan NADA.

Esta actividade (para público a partir de 4 anos) enmárcase no programa Ler conta moito de igualdade, financiado pola Consellería de Cultura e Turismo dentro do Pacto de Estado contra a Violencia de xénero.