catálogo da rede de bibliotecas de galicia

Que significa a integración no Catálogo da Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia?

O catálogo da Rede de Bibliotecas Galicia ten, entre os seus obxectivos xerais:

  • Favorecer a colaboración e o traballo cooperativo por medio dun catálogo común a todas as bibliotecas da Rede.
  • Ofrecer un único catálogo en liña aos usuarios da Rede: consultar desde un único portal todos os libros dispoñibles en todas as bibliotecas da Rede.
  • Propocionar aos usuarios un un só carné válido para todas as bibliotecas integrantes da Rede: con só resistrarse nunha biblioteca poden levar en préstamo materiais de todas as bibliotecas integradas na Rede.

Para a consecución destes obxectivos, o proxecto atópase actualmente nunha segunda fase que conleva:

  • Novos desenvolvementos que contribuirán á mellora do catálogo e das funcionalidades que ofrece ós usuarios das bibliotecas da Rede.
  • Incorporación ao catálogo da Rede de 70 bibliotecas Meiga.

 

actualización dos datos dos socios

logo-biblioteca-escudo-savinao-largoA biblioteca está ultimando os preparativos para integrarse no Catálogo da Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia, por iso, aproveitamos para convidar a todos os nosos usuarios a que se acheguen á biblioteca para actualizar os seus datos persoais. Aqueles usuarios que non teñan os seus datos completos e actualizados é posible que teñan que inscribirse de novo na biblioteca.

logo RBGalicia_2016_Logo RBPG v1 RGBCon esta incorporación ó catálogo colectivo, vai haber unha serie de cambios no funcionamento da biblioteca. Ademais de que se ampliará o prazo de préstamo, o máis destacable, polo práctico que será, é que vai haber un carné único para todas as bibliotecas da rede, polo que sendo socio nunha biblioteca da rede se poderán levar materiais en todas as bibliotecas que formen parte da rede.

Podedes achegarvos á biblioteca para preguntar polo resto de cambios que vai supór esta integración, ademais de revisar que temos os vosos datos actualizados.

 

biblioteca viva e que se “move”

O traballo que realizaron @s alumno@s do colexio de Escairón o Día da Biblioteca, ben merece un atrigo propio, por iso repetimos parte do artigo anterior e relacionamos aquí os libros cos que traballaron.

12844

Calvino de Carlo Frabetti

12845

Chocolate de Marta Chaves

12846

¡Qué rico! : sobre platos apetitosos, alimentos asquerosos, guisos olorosos, potajes ventosos, bocatas sabrosos y otros manjares deliciosos de Alexandra Maxeiner

12847

13 perros de Fernando Lalana

12848

Antología de cuentos de vampiros de E.T.A. Hoffmann, Edgar Allan Poe, Théofile Gautier…[et al.]

12849

Blanca de Nieve y sus siete hermanos : la verdadera historia de Blancanieves de Antonio Rodríguez Almodóvar

12850

Adivinanzas de Ana Alonso

12851

Antonia Purpurina de Maria Espluga

12852

¿La riqueza de unos pocos nos beneficia a todos? de Zygmunt Bauman

12853

¿Por qué llora la princesa? de Jesús Aznar

12854

Cosas que aprendo

12855

Cartas de todos para todos de Toon Tellegen

[Pulsando na imaxe poderedes ver a ficha de cada libro]

O que non comentamos ese día é que a biblioteca é un ente vivo, que se move e cambia constantemente. Por que?

Pois porque cada vez que entra unha obra nova, vai cambiando a relación de novidades (podedes consultar as últimas incorporacións á biblioteca no noso catálogo e comprobaredes que estes libros xa non figuran nas últimas incorporacións, que hai utros despois deles),  tamén van cambiando de sitio nos andeis aínda que a or de colocación se manteña, pois as novas incorporacións vanse colocando entre os libros que xa están.

Non vos pasou nunca que estivestes mirando un libro nunha biblioteca e ós poucos días non o dabades atopado? Preguntastes se o levara alguén en préstamo e estaba na biblioteca non moi lonxe de onde o atoparades? Agora xa sabedes por que!

Esta semana, por exemplo, estamos revisando a sección de revistas e descubriredes que vai acabar con cambios.

Se queredes facer prácticas de rexistro, saber como se “moven” os libros pola biblioteca e máis cousas sobre o seu funcionamento, podedes pasarvos polas tardes e revisamos como se fai.

recursos web accesibles desde a biblioteca

Os socios da biblioteca ademais de poder levar libros en préstamo, teñen acceso a unha serie de recursos web. No artigo de hoxe imos ver cales son e como acceder a eles.

recursos web Desde a páxina do catálogo da biblioteca os nosos socios teñen acceso a:

1.- Recursos electrónicos, dentro dos cales:

* Banco de Contidos de AulaPlaneta (antes Enciclonet): o maior banco de contidos dixitais en lingua española tanto para público adulto como infantil e xuvenil, econta con innumerables materiais de consulta de todas as áreas do coñecemento e cunha ampla oferta audiovisual (galería multimedia con fotos, vídeos, interactivos, audios…) o que fai del un contorno educativo adaptado ás necesidades actuais do alumnado. A toda esta información engádese un dicionario multilíngüe, estatísticas, temas de actualidade etc.

AulaPlaneta

* E-Junior.net: enciclopedia electrónica para estudantes de primaria e primeiro ciclo de secundaria, adecuada ós contidos curriculares que se desenvolven nestas etapas.

e-junior.net* I-Conoce: servizo de novas aparecidas en medios dixitais de todo o mundo : prensa, publicacións especializadas en economía, deporte, tecnoloxía… , blogs e confidenciais.

i-conoce* Gale Virtual Reference Library: plataforma que contén obras de referencia en formato electrónico en español.

Gale Virtual Reference Library

2.- GaliciaLe L. electrónico: plataforma de préstamo de libros electrónicos das bibliotecas públicas galegas GaliciaLe, á que podedes acceder tamén desde o enderezo www.galiciale.es.

GaliciaLe3.- Webs recomendadas: unha serie de webs clasificadas por temática.

recursos web    4.- Intute: buscador (en inglés) de webs para estudio e investigaciónintute

5.- e-revistas: Plataforma Open Access de Revistas Científicas Electrónicas Españolas y Latinoamericanas.

e-revist@s

6.- Biblioteca virtual galega: acceso á Biblioteca Virtual Galega

Biblioteca Virtual Galega

7.- Biblioteca dixital de Galicia: acceso a Galiciana, a biblioteca dixital de Galicia (presente Hispana, directorio e recolector de recursos dixitais españois, e en Europeana, a biblioteca dixital europea)

GalicianaXa sabedes, se sodes socios da biblioteca, podedes acceder identificándovos co voso código de usuario (o número de carné da biblioteca) e o voso contrasinal. Excepto a GaliciaLe (da que vos indicamos a web de acceso)ó resto de recursos, o acceso debe facerse desde a páxina da biblioteca para poder visualizar os contidos.

acadando os 2 millóns de consultas

Nin nas nosas mellores previsións contabamos chegar ós 2 MILLÓNS de consultas no noso catálogo antes de marzo ou abril deste ano.

Hoxe estamos a pouco máis de 700 consultas de acadar ese punto: 2 MILLÓNS de consultas ó catálogo!

1999223 visitasÉ posible grazas a que vós, os nosos usuarios usades cada vez máis o catálogo online para consultar os fondos dispoñibles na nosa biblioteca.

o portal das palabras

Presentamos o Portal das Palabras, inaugurado en xuño, no que segundo indica a propia web, se pode facer unha navegación dobre:

  1. Por unha banda, desde a portada accédese directamente aos novos contidos publicados e navegando por eles, poderemos continuar descubrindo moitos máis.
  2. Por outra, mediante os botóns superiores de seccións, vaise a cada zona da web, onde veremos explicacións de cada apartado así como as súas utilidades, podendo así acceder á totalidade dos contidos que se leven publicados.

Conta tamén cun potente dicionario electrónico que inclúe un servizo de busca de sinónimos e antónimos. Que pode ser descargada para utilizar en dispositivos mobiles con sistemas operativos iOS e Android. Estas apps unha vez instaladas non precisan de conexión a internet para funcionar.

Este espazo de difusión do léxico e a lexicografía do galego é unha iniciativa da Real Academia Galega (RAG) e a Fundación Barrié, coa finalidade de para aproximar os recursos léxicos da RAG á sociedade galega de hoxe.

Na web da Academia podemos ler que contén:

Xogos
Neste apartado o usuario da páxina pode medir e ampliar o seu coñecemento do noso léxico mediante unha serie de ferramentas interactivas que lle permiten verificar en tempo real as súas aptitudes lingüísticas.

Vídeos
Nesta sección ofrécese unha selección de pequenas pezas audiovisuais nas que membros numerarios da Academia e outras figuras da nosa cultura disertan sobre un aspecto lingüístico do seu interese.

Léxico
Dividida en tres categorías –A palabra do día, Mira que din e Setestrelo– este capítulo do Portal das Palabras achega información sobre cuestións lexicográficas de actualidade, hipóteses etimolóxicas e exemplos de uso.

Dicionario
Permite consultar tamén a nova versión en liña do Dicionario da Academia que permite facer buscas avanzadas e de sinónimos así como unha lectura máis directa e simplificada das súas entradas.

Certamente unha visita de interese e que recomendamos, pois cada día se atopan cousas novas, moitas delas interesantes.

horario de verán

Este ano o horario de verán da biblioteca irá do 1 de xullo ó 15 de setembro, a biblioteca abrirá de luns a venres de 8:00 a 15:00 (agás festivos).

HORARIO DE VERÁN
do 1 de xullo ó 15 de setembro
de luns a venres, de 8 a 15h

Os servizos que se prestan permanecerán dispoñibles no mesmo horario que a biblioteca.

A consulta ó catálogo web permanece activa as 24 horas do día os 365 días do ano (agás momentos puntuais de mantemento).

A información contida no catálogo actualízase frecuentemente (para ver a data da última actualización, premer no enlace da esquerda que indica Fondos).

Continuaremos tendo actividades:

  1. en xuño tódolos venres ás 17:00:
    • obradoiros de origami para adultos e nenos,
    • o día 28 teremos Contos para todos (espectáculo de títeres, maxia e contacontos),
  2. en xullo e agosto tódolos venres ás 12:00:
    • obradoiros de origami para adultos e nenos,
    • o día 26 de xullo teremos Contacontos bilingüe xaponés-español (celebrando o ano dual España-Xapón)
    • o día 30 de agosto teremos Contacontos bilingüe español-xaponés (celebrando o ano dual España-Xapón)
  3. en setembro tódolos venres ata o día 13 ás 12:00, e despois ás 17:00:
    • obradoiros de origami para adultos e nenos,
    • o día 6 teremos Contos vivos (o contacontos tén un chapeu moi especial, unha maleta divertida con animais salvaxes e contos vivos cheos de maxia e ilusión)

De momento temos estas aseguradas, pero mantente informado consultando o blog e pasándote pola biblioteca, pois haberá moitas novidades e sorpresas.

catálogo web da biblioteca

A 31 de decembro de 2012, o número de consultas ó catálogo web da biblioteca superou o MILLÓN. Tendo sido as visitas durante estes días de xaneiro de 5.012, da un total de 1.000.624 consultas ó catálogo ata o 31 de decembro de 2012 a pesar de que as consultas ó mesmo ó longo do ano baixaron con respecto ós anos anteriores. Desde o ano 2008 pódense consultar os fondos dispoñlibles na biblioteca a través do noso catálogo web, e empezamos a animar ós nosos usuarios a usalo desde mediados de 2008.

Agradecemos ós nosos usuarios que fagan uso dos servizos e animámolos a que sigan facendo uso dos mesmos e participen nas actividades que organizamos.

últimas incorporacións ó catálogo

Entre as últimas incorporacións á biblioteca, destacamos hoxe La hija de los sueños de Sandra Andrés Belenguer:

Vemos a continuación o booktrailer …

e o videosaúdo da autora

Podes atopar o resto de novidades na biblioteca ou no catálogo web. En vindeiros días publicaremos reseñas de varias novelas e sagas xuvenís de recente incorporación.