cóntame un cine, na biblioteca

Este venres celebramos o Día das Bibliotecas con 2 das últimas actividades do programa Ler conta moito, trasladadas á biblioteca escolar e á gardería debido á situación que vivimos co coronavirus…

Na biblioteca escolar ás 10 da mañá:

Cóntame un cine, A Cinecleta na Biblioteca, con Anxo Moure achegaranos á historia do cinema mesturado con contos cinematográficos, coñecendo tamén os fondos mariños das Illas Atlánticas, proxectados desde a Cinecleta.

Nesta actividade participarán os alumnos de 4º de Primaria do colexio de Escairón.

que queres que compre a biblioteca?

carriño libros.jpg

Xa vos fomos avisando de que co premio María Moliner iades ser vós os que escollerades o que mercaremos para a biblioteca.

Compartimos convosco un formulario web para que nos digades que queredes que merquemos e por que queredes que o haxa na biblioteca.

Intentaremos facer caso a todas as suxestións presentadas, pero temos que adaptarnos a un presuposto, polo que é fundamental que nos digades por que é importante para vós que fagamos esa compra e como podemos avisarvos de que a fixemos.

Para facer caso das suxestións teremos en conta 2 criterios:

  • saber de que obra se trata: fundamental que nos indiquedes ademais do título, a autoría (hai obras de diferentes autores que comparten o mesmo título, polo que se non nos indicades autoría, sería posible que mercaramos unha obra que non é a que nos estades pedindo)
  • saber quen o pide: terán preferencia as suxestións de persoas socias da nosa biblioteca ou usuarias habituais do noso servizo de préstamo, polo que é importante que nos digades quen sodes e como contactarvos para avisarvos das adquisicións (o voso nome e un número de teléfono ou un correo electrónico de contacto)

Podedes compartir o formulario copiando o enderezo deste enlace ou compartindo este artigo do noso blog.

triloxías na biblioteca

As triloxías parecen estar de moda, e o certo é que ultimamente chegaron varias. Pero hai xa anos que temos triloxías.

Na biblioteca poderedes atopar varias, que van desde intrigas a sagas familiares, desde distopías á máis pura fantasía. Hainas tamén para diferentes idades. Aquí só vos mostraremos unhas poucas que xa contan con versión cinematográfica para que poidades comparar: mellor os libros ou as pelis?

A máis actual de todas é a Trilogía de la Ciudad Blanca, de Eva García Sáenz de Urturi:

  • El silencio de la Ciudad Blanca
  • Los ritos del agua
  • Los señores del tiempo

Outra moi coñecida, tamén de intriga, é a Trilogía del Baztán, de Dolores Redondo:

  • El guardián invisible
  • Legado en los huesos
  • Ofrenda a la tormenta

Anterior é Millennium, de Stieg Larsson, tamén de intriga, e rodeada polo misterio:

  • La chica que soñaba con una cerilla y un bidón de gasolina
  • Los hombres que no amaban a las mujeres
  • La reina en el palacio de las corrientes de aire

Atopamos tamén a distópica Los juegos del hambre, de Suzanne Collins:

  • Los juegos del hambre
  • En llamas
  • Sinsajo

Non esquecemos tampouco un clásico entre os clásicos, O señor dos aneis, de J.R.R. Tolkien, unha novela de fantasía épica, publicada por primeira vez entre 1954 e 1955:

  • A Comunidade do Anel
  • As dúas torres
  • O retorno do rei

 

 

casting para unha película

Este xoves 16 de marzo ás 19:00 horas na Biblioteca Municipal do Saviñao:

casting para a nova longametraxe de Lois Patiño

Búscanse principalmente figurantes, homes e mulleres preferiblemente a partir de 45 anos. Buscan rostros interesantes para dotar a película de maior realismo.

Os figurantes posarán inmóbiles na película polo que non precisan ter preparación actoral.

Sinopse: Nun pobo onde todo o mundo quedou paralizado, tres meigas chegan para coñecer o sucedido no lugar. Para resolver o misterio, terán que atopar ó bruxo.

Tamén se buscan as personaxes das meigas e do bruxo.

Animádevos a participar.

casting

proxección documental

tesourocorcoesto

O vindeiro día 23, ás 20:30 na biblioteca, proxectarase o documental Tesouro de Corcoesto (dirección e guión de Cora Peña), documental inspirado na acción veciñal que se opuxo á apertura dunha mina de ouro en Corcoesto, na Costa da Morte.

A proxección forma parte dunha serie de 2 proxeccións organizadas para estas vacacións de Semana Santa por Lucecús, coa colaboración dos concellos de Pantón e O Saviñao.

fiosfora

O día antes, no Centro Sociocultural de Pantón, ás 19:00, terá lugar a proxeción do documental Fíos fóra (dirección e guión de Illa Bufarda) sobre a industria téxtil na que traballaron moitas galegas desde os anos 60 e a súa deslocalización.

stepenie meyer volve á gran pantalla

Acaba de estrearse o filme The host, baseado no mesmo libro da autora Stephenie Meyer, que podes tomar emprestado do fondo da nosa biblioteca, xunto cos da saga Crepúsculo.

Hoxe presentamos a entrevista que sae no XL Semanal desta fin de semana. Pulsando na imaxe podes abrir o arquivo da reportaxe en papel (gardado na wiki da biblioteca) e podes descargar o arquivo en PDF.

Se premes aquí, irás á entrevista publicada na web XL Semanal.

Entrevista á autora (en inglés subtitulado en castelán) sobre o libro:

Avances da película:

presentación da película Vilamor (II)

A presentación do filme estivo do máis entretida coas numerosas anécdotas da rodaxe que nos contaron Ignacio Vilar, Rubén Riós, Sabela Arán e Xoel Yáñez..

Pódense ver máis fotos na sección de fotos do blog.

Estiveron moi próximos e responderon ás preguntas que se lles fixeron, algunhas delas con mostras prácticas.

Foron moi amables e atentos, asinaron autógrafos e fotografáronse cos asistentes que quixeron.

Quedamos todos desexando que se estree a película para ir vela. En Monforte estará os días 4, 5, 6, 7 e 8 de abril.

Estamos estudando a posibilidade de ir en autobús á estrea do filme. De momento só estamos mirando se se pode facer, pero podedes ir pasando pola biblioteca para que saibamos máis ou menos cantas persoas estarían interesadas, e se finalmente é factible e hai un número suficiente de preinscritos, abriremos unha lista definitiva para anotarse.

presentación da película Vilamor

Está previsto que a película “Vilamor” se estree o vindeiro 30 de marzo en Lugo e Ribadeo, o 4 de abril en Monforte, despois, cunha estrea cada venres, proseguirá o seu percorrido por cines de toda Galicia ata o 16 de maio. Ademais esta presenza nos cines acompáñase coa xira promocional da Caravana Vilamor, na que Ignacio Vilar e os actores principais (Rubén Riós, Sabela Arán e Xoel Yáñez) percorrerán nunha furgoneta máis de 250 institutos e asociacións culturais e deportivas de toda Galicia para dar a coñecer a película.

Mañá día 20 de marzo, estarán na nosa biblioteca, a partir das 5 da tarde.

Presentaranos a película o seu director, Ignacio Vilar, e comentarannos a súa experiencia os actores protagonistas Rubén Riós, Sabela Arán e Xoel Yáñez. Despois sesión de preguntas, entrevista ou autógrafos.

Aquí mesmo podedes ver un avance do filme:

http://vimeo.com/moogaloop.swf?clip_id=38358336&server=vimeo.com&show_title=0&show_byline=0&show_portrait=0&color=00adef&fullscreen=1&autoplay=0&loop=0

Trailer de Vilamor en Vimeo.

Máis información na web do filme.

NOTA: Película recomendada a partir dos 12 anos.

libros no cine en pequeno

Hoxe presentamos unha curtametraxe, inspirada na mesma medida polo furacán Katrina, Buster Keaton, O Mago de Oz, e un amor desmedido polos libros, “Morris Lessmore” é unha historia sobre as persoas que adican a súa vida ós libros e os libros que devolven o favor. Unha alegoría conmovedora e humorística sobre os poderes curativos da historia. Usando unha variedade de técnicas (miniaturas, animación por ordenador, animación en 2D) o galardoado autor-ilustrador William Joyce e o co-director Brandon Oldenburg presentan unha nova experiencia narrativa que se remonta ás películas mudas e musicais de MGM en Technicolor. “Morris Lessmore” é anticuada e ó mesmo tempo tremendamente actual.

The Fantastic Flying Books of Mr. Morris Lessmore é unha das 5 curtametraxes que participan na convocatoria deste ano aos premios da Academia de Cine Americana (os populares “Oscar”).

http://vimeo.com/moogaloop.swf?clip_id=35404908&server=vimeo.com&show_title=0&show_byline=0&show_portrait=0&color=00adef&fullscreen=1&autoplay=0&loop=0

The Fantastic Flying Books of Mr. Morris Lessmore from Moonbot Studios on Vimeo.

(Información traducida de Moonbot Studios en http://vimeo.com/35404908).

Máis información en Moonbot Studios. Dispoñible para mobil en APP Store e iTunes.