libros no cine en pequeno

Hoxe presentamos unha curtametraxe, inspirada na mesma medida polo furacán Katrina, Buster Keaton, O Mago de Oz, e un amor desmedido polos libros, “Morris Lessmore” é unha historia sobre as persoas que adican a súa vida ós libros e os libros que devolven o favor. Unha alegoría conmovedora e humorística sobre os poderes curativos da historia. Usando unha variedade de técnicas (miniaturas, animación por ordenador, animación en 2D) o galardoado autor-ilustrador William Joyce e o co-director Brandon Oldenburg presentan unha nova experiencia narrativa que se remonta ás películas mudas e musicais de MGM en Technicolor. “Morris Lessmore” é anticuada e ó mesmo tempo tremendamente actual.

The Fantastic Flying Books of Mr. Morris Lessmore é unha das 5 curtametraxes que participan na convocatoria deste ano aos premios da Academia de Cine Americana (os populares “Oscar”).

http://vimeo.com/moogaloop.swf?clip_id=35404908&server=vimeo.com&show_title=0&show_byline=0&show_portrait=0&color=00adef&fullscreen=1&autoplay=0&loop=0

The Fantastic Flying Books of Mr. Morris Lessmore from Moonbot Studios on Vimeo.

(Información traducida de Moonbot Studios en http://vimeo.com/35404908).

Máis información en Moonbot Studios. Dispoñible para mobil en APP Store e iTunes.

Saga Crepúsculo

A saga de Crepúsculo segue a ser un éxito de empréstito na biblioteca. Para premiar ós fieis seguidores da serie, incluímos estes vídeos.

Summit Entertainment presentou este reducido “making-off” da película de Eclipse para incluír na versión de aluguer de Luna Nueva da Saga Crepúsculo. Foi feita tralo escenario, contén entrevistas ós protagonistas e inclúe a rodaxe dalgunhas escenas. Dura só 2 minutos dos 7 que teñen previsto que dure no DVD.

A película, proximamente na biblioteca. Para abrir boca, déixovos os avances da nova película que se estrea en xuño:

http://www.antena3.com/PortalA3com/swf/A3PlayerEmbed.swf

http://www.antena3.com/PortalA3com/swf/A3PlayerEmbed.swf

Que vos gustaran tanto como vos gustaron os libros!

clásico infantil adaptado para a gran pantalla

Un clásico entre os clásicos é o título Onde viven os monstros de Maurice Sendak, que se pode leer na biblioteca do Saviñao tanto en galego coma en castelán.

Este clásico xa hai tempo que se podía ver en debuxos animados:

Agora da o gran salto con actores de carne e óso.

Dirixida por Spike Jonze, xa tén data de estreno: 18 de decembro, a punto para as vacacións de Nadal.

Está protagonizada por Catherine Keener, Max Records, Mark Ruffalo, Lauren Ambrose, Chris Cooper, James Gandolfini, Catherine O’Hara, Forest Whitaker, Alice Parkinson, Robby D. Bruce e Steve Mouzakis.

Podedes ver un avance da película aquí mesmo:

Loxicamente nunha película cóntanse máis aventuras das que aparecen no libro, pero … queres saber máis antes de que chegue a película? Pásate pola biblioteca.