A pesar das dificultades que supuxo este ano, non queremos rematalo sen achegarvos as recomendacións de lectura e de agasallos que vos facemos desde o colectivo Lemos Le:
colectivo lemos le
Inés Fernández
Esta mañá presentouse na Casa da Cultura de Monforte o libro Inés Fernández, unha muller para o 8 de marzo que se acaba de editar. Acabamos de poñelo á vosa disposición e xa o podes atopar na biblioteca!
O conto está elaborado polo Centro de Información á Muller coa colaboración do Colectivo Lemos Le (integrado por bibliotecas escolares e municipais da Comarca de Lemos e a Asociación de Libreiros de Monforte) e está ilustrado cos traballos dos escolares dos concellos da Comarca de Lemos.
Esta mañá recollemos os exemplares da biblioteca e xa pode levarse para a casa xunto con
- Inés de Castro, unha muller para o 8 de marzo,
- María Castaña, unha muller para o 8 de marzo,
- Lola de Penelas, unha muller para o 8 de marzo,
- Balbina López Somoza, unha muller para o 8 de marzo e
- Genoveva González Prieto, unha muller para o 8 de marzo das anteriores edicións.

Balbina López Somoza, unha muller para o 8 de marzo

Inés de Castro, unha muller para o 8 de marzo

María Castaña, unha muller para o 8 de marzo

Lola de Penelas, unha muller para o 8 de marzo

Genoveva González Prieto, unha muller para o 8 de marzo
Genoveva González Prieto
Esta mañá presentouse na Casa da Cultura de Monforte o libro Genoveva González Prieto, unha muller para o 8 de marzo que se acaba de editar. Acabamos de recollelos agora mesmo, así que pola tarde xa o poderedes ler na biblioteca!
O conto está elaborado polo Centro de Información á Muller coa colaboración do Colectivo Lemos Le (integrado por bibliotecas escolares e municipais da Comarca de Lemos e a Asociación de Libreiros de Monforte) e está ilustrado cos traballos dos escolares dos concellos da Comarca de Lemos.
Esta mañá recollemos os exemplares da biblioteca e esta tarde xa pode levarse para a casa xunto con Inés de Castro, unha muller para o 8 de marzo, María castaña, unha muller para o 8 de marzo, Lola de Penelas, unha muller para o 8 de marzo e Balbina López Somoza, unha muller para o 8 de marzo das anteriores edicións.

Balbina López Somoza, unha muller para o 8 de marzo

Inés de Castro, unha muller para o 8 de marzo

María Castaña, unha muller para o 8 de marzo

Lola de Penelas, unha muller para o 8 de marzo

Balbina López Somoza, unha muller para o 8 de marzo
certame de divulgación mulleres de lemos, 2019
-
O obradoiro“Inés Fernández. Abadesa de Eiré. Unha muller para o 8 de marzo” nos centros educativos públicos e concertados da nosa comarca. Esta actividade desenvolverase en colaboración co CIM (Centro de Información á Muller) de Monforte de Lemos e constará por unha banda, nun traballo de reflexión sobre a súa vida e, por outra banda, na elaboración dun libro que plasme en imaxes esta reflexión.
-
VI Certame Mulleres de Lemos modalidade Banda Deseñada. Para Secundaria e Bacharelato na que os participantes terán que elaborar un traballo artístico e creativo que plasme a historia de Inés Fernández (extensión mínima: 2 páxinas).
-
VI Certame Mulleres de Lemos modalidade Divulgación. Esta modalidade está destinada a maiores de 18 anos que en calquera xénero literario presenten un traballo sobre a protagonista do certame (extensión de 10 a 25 páxinas a dobre espazo, tamaño de letra 12).
recomendacións lectoras de inverno
Presentamos as recomendacións lectoras para este inverno. Tanto para ler como para agasallar.
Fanse coa colaboración das bibliotecas e centros escolares do Colectivo Lemos Le, e non hai todos os libros en todas as bibliotecas.
Pregúntanos cales temos dispoñibles na biblioteca:
Podes descargar as recomendacións en PDF neste enlace.
Boas Festas!
certame de divulgación mulleres de lemos, 2018
- O obradoiro “Genoveva González Prieto. Unha muller para o 8 de marzo” nos centros educativos públicos e concertados da nosa comarca. Esta actividade desenvolverase en colaboración co CIM (Centro de Información á Muller) de Monforte de Lemos e constará por unha banda, nun traballo de reflexión sobre a vida dunha mestra no século XX e, por outra banda, na elaboración dun libro que plasme en imaxes esta reflexión a través da súa vida.
- V Certame Mulleres de Lemos modalidade Banda Deseñada. Para Secundaria e Bacharelato na que os participantes terán que elaborar un traballo artístico e creativo que plasme a historia de Genoveva González (extensión mínima de 2 páxinas).
- V Certame Mulleres de Lemos modalidade Divulgación. Esta modalidade está destinada a maiores de 18 anos que en calquera xénero literario presenten un traballo sobre a protagonista do certame (extensión de 10 a 25 páxinas a dobre espazo, tamaño de letra 12).
balbina lópez somoza
Esta mañá presentouse na Casa da Cultura de Monforte o libro Balbina López Somoza, unha muller para o 8 de marzo que se acaba de editar.
O conto está elaborado polo Centro de Información á Muller coa colaboración do Colectivo Lemos Le (integrado por bibliotecas escolares e municipais da Comarca de Lemos e a Asociación de Libreiros de Monforte) e está ilustrado cos traballos dos escolares dos concellos da Comarca de Lemos.
Esta mañá recollemos os exemplares da biblioteca e esta tarde xa pode levarse para a casa xunto con Inés de Castro, unha muller para o 8 de marzo, María castaña, unha muller para o 8 de marzo e Lola de Penelas, unha muller para o 8 de marzo das anteriores edicións.

Inés de Castro, unha muller para o 8 de marzo

María Castaña, unha muller para o 8 de marzo

Lola de Penelas, unha muller para o 8 de marzo
recomendacións lectoras de inverno
Estas son as recomendacións lectoras para este inverno.
Lembrade que as facemos entre todas as bibliotecas e centros escolares do Colectivo Lemos Le, e non hai todos os libros en todas as bibliotecas. Pregúntanos cales temos dispoñibles para tí na nosa biblioteca.
Enlace á versión en pdf para descargar.
visita sorpresa
Este luns, viñeron de visita polo Saviñao escolares dos colexios da Pobra do Brollón e de Sober. Na súa parada en Escairón, preguntaron se podían visitar a biblioteca, e como aquí recibimos a todas as visitas cos brazos abertos, convidámolos a pasarse polas nosas instalacións
Dado o escaso tempo que durou o percorrido, só fixemos a visita á sala de informática na que resumimos brevemente o motivo da súa visita: A Ribeira Sacra, o seu significado e os elementos máis definitorios deste territorio:
- as xentes e a viticultura heroica,
- arte románica e cultura,
- paisaxe, flora e fauna
- o río (no noso caso, o Miño)
Rematado o percorrido virtual polo territorio, visitamos a vila: desde o balcón da biblioteca vimos a casa de Balbina López Somoza e, desde a praza, o edificio no que se ubicou a súa farmacia.
Non houbo tempo para máis, así que quedaron convidados a volver outro día para coñecer máis cousas.
ampliado o prazo para o certame mulleres de lemos
AVISO
O prazo de entrega de traballos para o IV Certame de Divulgación Mulleres de Lemos amplíase ata o 15 de setembro.
Os traballos serán presentados en calquera biblioteca municipal ou escolar dos centros educativos da comarca de Lemos integrados no colectivo Lemos Le.
Lebramos os seguintes puntos das bases:
Establécense 2 modalidades:
– a. Banda deseñada para participantes de 12 a 18 anos, e
– b. Traballo de divulgación en calquera xénero literario para participantes a partir de 18 anos.
Os traballos presentados deberán aterse á extensión mínima e máxima de:
– a. 2 a 4 páxinas para Banda deseñada
– b. 10 a 25 páxinas para Traballo de divulgación, en tamaño de folio DIN A4 mecanografados por unha soa cara, a dobre espazo e tamaño de letra 12.
Podedes consultar as bases completas da convocatoria clicando na imaxe.
Ampliación e actualizacións da información relacionada co certame no blog LemosLe.