que queres que compre a biblioteca?

carriño libros.jpg

Xa vos fomos avisando de que co premio María Moliner iades ser vós os que escollerades o que mercaremos para a biblioteca.

Compartimos convosco un formulario web para que nos digades que queredes que merquemos e por que queredes que o haxa na biblioteca.

Intentaremos facer caso a todas as suxestións presentadas, pero temos que adaptarnos a un presuposto, polo que é fundamental que nos digades por que é importante para vós que fagamos esa compra e como podemos avisarvos de que a fixemos.

Para facer caso das suxestións teremos en conta 2 criterios:

  • saber de que obra se trata: fundamental que nos indiquedes ademais do título, a autoría (hai obras de diferentes autores que comparten o mesmo título, polo que se non nos indicades autoría, sería posible que mercaramos unha obra que non é a que nos estades pedindo)
  • saber quen o pide: terán preferencia as suxestións de persoas socias da nosa biblioteca ou usuarias habituais do noso servizo de préstamo, polo que é importante que nos digades quen sodes e como contactarvos para avisarvos das adquisicións (o voso nome e un número de teléfono ou un correo electrónico de contacto)

Podedes compartir o formulario copiando o enderezo deste enlace ou compartindo este artigo do noso blog.

que queres ler?

Estreamos servizo: “SUXESTIÓNS DE COMPRA“.

Se queres ler algún libro que non atopas na biblioteca, só tés que suxerirnos que o compremos. Para facelo, tés varias opcións:

  1. escribindo a suxestión nunha folla e introducíndoa na caixa de “suxestión de compra” que atoparás na biblioteca.
  2. accedendo ó apartado Suxestións (escolle “Suxestión de compra” no menú despregable) desde a páxina web do catálogo da biblioteca, no menú de Xestións en liña,.

O máis pronto posible estará á túa disposición, na medida das nosas posibilidades.

Mentres agardas e pensas que queres ler, entretente con este vídeo de libros.

La vida secreta de los libros 2: