Como xa sabedes, cada ano convócase o Certame de Narración e Debuxo Infantil Letras Galegas para festexar o Día das Letras Galegas.
Presentámosvos xa as bases da convocatoria deste ano!
Aínda vos queda máis dun mes para entregar os vosos traballos na biblioteca de Escairón.
Animámosvos a participar tanto con historias coma con debuxos.
Bases para o certame Letras Galegas 2019
– Convocatoria Local –
A BIBLIOTECA PÚBLICA MUNICIPAL DO SAVIÑAO convoca o
CERTAME DE NARRACIÓN E DEBUXO INFANTIL LETRAS GALEGAS 2019 (Fase Local), de acordo coas seguintes bases:
1.- Poden participar todas as nenas e nenos con:
– A) Narracións, en galego, cunha extensión máxima dun folio por unha soa cara, sobre o tema:
- “O dereito das nenas e nenos a participar na vida cultural. (Art. 37 Convención sobre os Dereitos do Neno)”
– B) Debuxos, feitos sobre cartolina de tamaño aproximado de DIN A4, sobre o tema:
- “O dereito das nenas e nenos a participar na vida cultural. (Art. 37 Convención sobre os Dereitos do Neno)”
2.- Cada autor pode presentar cantos traballos desexe, mecanografados, escritos a computador ou a man; neste último caso sempre a bolígrafo e nunca a lapis. Con cada traballo, acompañarase unha folla co nome e demais datos do autor.
3.- Establécense tres categorías:
- A, ata 8 anos,
- B, de 9 a 11 anos,
- C, de 12 a 16 anos.
4.- O prazo de presentación dos traballos rematará o vindeiro 8 de maio, debendo ser entregados polos seus autores na BIBLIOTECA PÚBLICA MUNICIPAL DO SAVIÑAO (Escairón).
5.- O xurado, formado por persoas entendidas na materia, seleccionará por cada modalidade e categoría un máximo de tres traballos.
6.- O fallo do xurado local farase público antes do DÍA DAS LETRAS GALEGAS.
7.- Os traballos premiados nesta fase local participarán na fase provincial do Certame, convocada pola Biblioteca Pública de Lugo, co patrocinio da Consellería de Cultura, Educación e Universidade da Xunta de Galicia.
8.- Os traballos premiados pasarán a ser propiedade da Biblioteca Pública, que se reserva o dereito de publicación dos mesmos.
9.- Todas as incidencias non previstas nestas bases serán resoltas polo xurado.
10.- A presentación das obras a este Certame supón a aceptación das presentes bases.
[Podes descargar aquí a ficha para os teus datos persoais]
Recordade que quen gañe na fase local participa despois na fase provincial, co cal é o dobre premios!