Día 20 de outubro de 2017 das 10 da mañá ata a medianoite, na biblioteca de Escairón
O día 24 celébrase o Día da Biblioteca, e na biblioteca, debido ó éxito acadado en anteriores edicións (esta é a cuarta), decidimos adiantar a celebración ó venres e non pechar en todo o día. Así tivemos actividades de moi diverso contido, empezando con visitas escolares ó longo de toda a mañá e non rematando ata a medianoite.
Ás 10:00 chegou o primeiro dos grupos escolares (4º, 5º e 6º de Infantil do colexio de Escairón) e ás 11:15 chegou o grupo da Escola Infantil Municipal, que viñeron coñecer a biblioteca e que se entretiveron e divertiron cos contos prohibidos Hola, cartero,Pezzettino ou Soy el más guapo.
Ás 12:00chegaron os alumnos de 1º, 2º e 3º de Primaria e ás 12:45 os de 4º, 5º e 6º de Primaria, que despois de repasar o aprendido sobre O Saviñao na visita do ano pasado (fixemos exame e non se libraron tampouco os profes, que xa están avisados para a próxima), continuaron vendo como é que un libro pasa a formar parte do fondo da biblioteca e se pón a disposición do público: como lle poñemos o identificador de código de barras para facer o empréstito no novo Sistema de Xestión Bibliotecaria. Por grupos, identificamos e etiquetamos varios libros da sección xuvenil, que xa están colocados onde lles corresponde. Ademais aproveitamos para recordar que había máis actividades pola tarde.
De 14:00 a 17:00 reservamos tempo para as visitas guiadas á biblioteca.
Ás 17:00 a nosa primeira sesión “oficial” de Contos Prohibidosda tarde, na que cada quen mirou e remirou os títulos que temos dispoñibles.
Ás 18:30 (despois da merenda) coñecemos A superavoa de Antón da Organización Meu Rei (que colabora coa Fundación Meniños de Galicia)(a partir de 3 anos e público familiar), que rematamos cun obradoiro artístico. Un breve resumo é este:
Toda a tarde estivo chea de contos, moitos deles que foron prohibidos. No obradoiro d’A superavoa de Antón, creamos unha chea de personaxes en pedra entre a hora da merenda e a da cea!
Ás 19:30 a segunda sesión sesión “oficial” de Contos Prohibidosdurante a que vimos novamente Hola, cartero, Orellas de bolboreta, e outros varios que representamos por grupos: Pezzettino (en italiano), Mi perrito quiere bailar ballet, ou Soy el más guapo.
Ás 20:30 Xogos por equipos e unha apetitosa cea para que a fame non acabara coas ganas de diversión.
Ás 22:00 vimos que As cousas pequenas contan (do repertorio do programa Ler conta moito). Con el soubemos que calquera obxecto nos pode servir para crear personaxes e inventar historias. Coas historias inventadas durante o obradoiro fixemos un precioso conto!
A partir das 23:00 relaxámonos con música e baile, e non faltou o karaoke!
As cousas pequenas contan leváronnos a inventar personaxes e historias, coas que se fixo un libriño que podedes atopar na biblioteca. Rematamos con baile e karaoke.
A medianoite despedímonos con poucas ganas de marchar para a casa.
Esperamos que o pasarades moi ben e que sigades con ganas de visitar a vosa biblio. Nós xa estamos pensando a ver como o celebramos o ano que vén.
Agradecemos de corazón a participación nas actividades e alegrámonos de que o pasarades tan ben que non quixerades marchar para a casa.
Igual que fixemos o ano pasado, imos celebrar o Día das Bibliotecas cunha Noite na Biblioteca.
O Día da Biblioteca é o 24, pero adiantaremos a festa ó venres 20, e desde as 10 da mañá e ata a medianoite imos preparar a benvida ó gran día cunha ampla variedade de actividades e moita diversión:
visitas guiadas, obradoiros, actividades, xogos, encontros con autores, manualidades, contos, libros,…
As actividades, en horario continuado de 10:00 a 0:00, son para público familiar, sen límites de idade, aínda que o ideal é a partir de 5 anos.
Recomendamos por motivos organizativos inscribirse previamente.
Programa:
10:00-14:00 Visitas guiadascon grupos escolares
14:00-17:00 Microvisitasguiadas para calquera persoa que acuda á biblioteca
17:00-18:00 Contos prohibidos 1 selección de contos prohibidos en Venecia (de 3 a 5 anos e público familiar)
18:00-18:30 Merendainfantil
18:30-19:30 A superavoa de Antón da Organización Meu Rei (que colabora coa Fundación Meniños de Galicia)(a partir de 3 anos e público familiar)
19:30-20:30 Contos prohibidos 2 selección de contos prohibidos en Venecia (a partir de 5 anos)
20:30-21:30 Obradoiro – Xogos de grupo
21:30-22:00 Ceainfantil
22:00-23:30 As cousas pequenas contan (do programa Ler conta moito)
23:30-00:00 Xogos – Despedida
00:00 Despedida
Agardamos por vós. Podedes anotarvos no teléfono 982452324 ou no mostrador da biblioteca.
O día 24 de outubro celébrase o Día da Biblioteca.
Despois do éxito acadado nas edicións de 2014, 2015 e 2016, na biblioteca de Escairón celebraremos o Día da Biblioteca – Noite na Biblioteca.
20 de outubro: Día da Biblioteca – Noite na Biblioteca das 10 da mañá á medianoite.
21 de outubro: Cea Día das Bibliotecas do Colectivo LemosLe
Como este ano somos os anfitrións do Certame Mulleres de Lemos (que se adica, como sabedes, á que foi nosa veciña, Balbina López Somoza) a cea anual de celebración do Día das Bibliotecas terá lugar o sábado 21 no Saviñao. Teremos un roteiro cultural polo Escairón de Balbina pola tarde, que culminará na cea ó remate da cal se fará entrega dos premios ós galardoados nesta edición.
19:30 Roteiro cultural polo Escairón de Balbina López Somoza
con saída da Biblioteca Municipal (duración aproximada 50 min.)
21:30 Cea do Colectivo LemosLe na Pousada Torre Vilariño (Fión)
Entrega de premios do IV Certame Mulleres de Lemos ó remate da cea
As entradas para a cea recolleranse en calquera das bibliotecas que forman parte do Colectivo Lemos Le ata o día 18.
24 de outubro: Lectura do texto conmemorativo do Día da Biblioteca 2017
12:00 Lectura do texto Coma Mary Poppins, pero sen voar de Alejandro Palomas, Premio Nacional de Literatura Infantil y Juvenil 2016 da Asociación Española de Amigos del Libro Infantil y Juvenil
Poderedes atopar máis información sobre todas estas actividades na biblioteca e en vindeiros artigos do blog.
Tentaremos descubrir os misterios que agochan para teren sido prohibidos. Tén fundamento a prohibición?
This slideshow requires JavaScript.
Os nenos da Pobra do Brollón que visitaron este mércores a biblioteca, non o atopan: parécenlles uns libros (historias) moi bonitos e cren que os que os prohibiron non os leron. Queredes darnos a vosa opinión?
Estamos preparando no blog unha presentación destes libros prohibidos para os vindeiros días.
O vindeiro venres, 1 de setembro ás 12:00 h., na sala Infantil da Biblioteca Municipal do Saviñao, visitaranos Alba Bermúdez con Comechíns, segundo prato, actividade do programa “Ler conta moito” da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria coa colaboración do Concello do Saviñao, coa que coñeceremos eses inconvintes relacionados cos alimentos, tan habituais hoxe en día.
A través das historias mergullarémonos nun mundo imaxinario, no que as cativas e os cativos -ou non tanto- descubrirán como a lectura pode abrir o apetito… E sobre todo, que cousas convén comer para saciar ese apetito.
A actividade está recomendada para 4 a 10 anos e público familiar.
Por suposto, haberá unha ampla selección de libros sobre alimentos e cociña na Casa dos Ratos.
Tanto se vivistes a primeira sesión de Comechíns coma se non, está garantizada a diversión cos alimentos.
Día 4 de agosto de 2017 ás 12:00, na biblioteca de Escairón
Preparámonos para as festas da vila con esta actividade do catálogo Ler conta moito:
Filipa cos contos
repertorio de Carlos Casares
da man de Bandullo Azul
o 4 de agosto, ás 12:00 na sala infantil
Comezamos adaptando o oído á música de acompañamento, aprendendo unha historia do máis breve da man de Fran: Estaba a amora no seu lugar, pero como era moi moi breve, decidimos alongala un pouco con máis estrofas encadeándolle máis personaxes.
Subimos algunha foto das últimas sesións de contacontos do programa Ler conta moito que tiveron lugar na biblioteca:
Palabras confeitadas
contacontos para bebés
da man de Sherezade Bardají
o 2 de xuño, ás 17:00 na sala infantil
Comezamos apagando as luces e quedando en penumbra, sentados no chan, cos papis ó lado ou en cadeiras ó redor da sala, tan expectantes coma nós.
Desde logo, estivemos moi atentos á historia desa nena que coñecía e xogaba con personaxes tan extraordinarias coma estas
This slideshow requires JavaScript.
Algunha desas personaxes era tan mimosa que quería darnos bicos, ou que llos deramos nós. E outra fíxonos cóxegas!
Foi moi divertido. Sobre todo coas pompas de xabrón: menudo descubrimento! Foi fantástico correr tras delas para pillalas e que desapareceran!
Rematamos coa entrega de premios e unha gran ovación ós galardoados!
Un outro mundo por descubrir
Irene en Oriente Próximo
da man de Solidariedeade Internacional de Galicia
o 5 de maio, ás 17:00 na sala infantil
Para celebrar o Día das Letras Galegas (17 de maio) e en vista dos certames de debuxo e narración que tiñamos convocados, atopamos algunhas ideas sobre o mundo que queremos:
Empezamos buscando no globo terráqueo onde estamos nós e a onde se foi Irene nas súas múltiples viaxes. E detivémonos na parte máis oriental do mar Mediterráneo.
This slideshow requires JavaScript.
Vimos numerosas fotos das paisaxes, as xentes e a cultura nesa parte do mundo. Tamén escoitamos a súa música, interpretamos algún dos seus bailes tradicionais e ulimos as súas especias (algunhas non nos gustaron nada seguramente porque non estamos acostumados). Buscamos nun atlas onde está o Mar Morto e descobrimos por que se chama así e por que, se nadas nel, non afundes. Disque ata podes ler un libro se te tumbas na auga porque flotas!
Esas caixiñas que se ven no chan ocultaban parte do misterio que resolvemos ó coñecer a historia do Corvo Branco, que devolveu as estrelas, o sol e a lúa ó ceo que vemos todos os días. Tamén sabemos por que agora os corvos xa non son brancos…
Despedímonos facendo debuxando un mundo mellorado.
O vindeiro venres día 2 de xuño, ás 5 da tarde visitaranos Sherezade Bardají co contacontos para bebés Palabras confeitadas.
Trátase dun contacontos especialmente indicado para idades de 0 a 3 anos. É un primeiro contacto coa palabra, coa oralidade, cos libros.
Farémolo a través dos sentidos, dos obxectos, das sombras. Pais, nais e bebés…. a viaxe é para todos. Poderemos atopar contos, sons, arrecendos, agarimos. Un espazo onde parar o tempo.
Ó rematar, aproximadamente ás 6 da tarde, terá lugar a entrega dos premios do Concurso Andersen Hoxe e do Certame de narración e Debuxo Infantil 2017.
O listado dos premiados é o seguinte:
Concurso “Andersen hoxe” FALLO LOCAL
Categoría Primeiros lectores (1º, 2º, 3º Primaria):
• Óscar C M (7 anos)
• Cayetana M S (6 anos)
• Ignacio M S (8 anos)
Lectorado avanzado (4º, 5º, 6º Primaria):
• Hugo C M (9 anos)
Certame de narración e debuxo infantil “LETRAS GALEGAS 2017” FALLO LOCAL
Categoría A:
DEBUXO:
1. María V O (7 anos)
2. Sara R L (7 anos)
Os alumnos de 5º de Primaria do CPI Dr. López Suárez de Escairón na súa visita á biblioteca municipal, ademais de achegarse á biografia de Balbina López puideron ver os traballos presentados ós certames de Banda Deseñada de María Castaña e Lola de Penelas que este mes decoran a biblioteca.
Atentos á biografía de Balbina López e sobre todo a fotos da súa vida. Á esquerda vense expostos os traballos de Banda Deseñada sobre María Castaña.
Para rematar a visita, fixeron un breve percorrido pola vila de Escairón para coñecer os sitios máis relevantes de Escairón para coñecer a Balbina López: as rúas Pardo Bazán e Doctor Portela nas que viviu, a Praza maior onde tiña a súa farmacia e mercaba as froitas e verduras no mercado, e as dúas farmacias que hai hoxe na vila.
Vemos onde estaba a farmacia que rexentou Balbina López antes de que coa reforma do edificio para albergar a residencia se trasladara uns metros rúa arriba.
Aquí vemos onde os campesiños vendían os seus excedentes de produción durante a semana na praza Maior.