reto a viralizar #quedanacasaele

As bibliotecas da Rede de Bibliotecas de Galicia, tras proposta da BPM de Redondela, tras ver a campaña de concienciación cidadá realizada polos sanitarios da Comunidade de Madrid: #quedateencasa, para frenar os contaxios e axudar a non expandir o COVID-19, tamén queremos contribuir e lanzar a nosa campaña, promovendo o esforzo de quedar na casa e, xa de paso, fomentando a lectura.Por eso vos convidamos a usar e compartir o hashtag #quedanacasaele

Porque nestes días de alerta sanitaria o máis importante que podes facer por tí e polas persoas que te rodean é quedar na casa.

Fagamos desta crise unha oportunidade, e aproveitemos para ler aqueles libros que tiñamos pendentes, eses que se nos acumulan na mesiña de noite.

Na casa, con lecturas, é máis levadeiro e máis pracenteiro.

Dende as Bibliotecas municipais convidámoste a que nos achegues unha imaxe do teu recuncho de lectura para estes días ou de como estás ou estades sacando proveito para achegarvos aos libros.

Fagamos viral un chamamento para que a cidadanía quede na casa e fomentemos a lectura!

Sairemos desta, e farémolo reforzados e máis cultivados e sabios.

#quedanacasaele
#euquedonacasa
#yomequedoencasa
#quedateencasa
#quedanacasa
#quedateencasaylee
#nacasacoslibros
#nacasaconlecturas
#lecturaencasa
#lecturadixital
#retoviral

coronavirus – covid-19

Desde a biblioteca queremos remitir ó público en xeral a consultar a documentación oficial e evitar difundir rumores, que moitas veces fan máis dano ca ben.

CORONAVIRUS-CIAN

Por eso recollemos algunhas recomendacións xerais básicas e algúns recursos que se poden consultar.

Recomendacións xerais:

  • Lavar as mans con frecuencia (con auga e xabón ou con un desinfectante a base de alcohol)
  • Tusir ou estornudar facelo no cóbado ou nun pano de papel que debe tirar inmediatamente e lavar as mans (para evitar levar o virus a outras superficies ou persoas)
  • Evitar tocar a cara (ollos, boca, nariz) para evitar levar o virus coas mans se antes se tocou unha superficie contaminada.
  • En caso de presentar síntomas, débese reducir o contacto con outras persoas, en vez de ir a un centro sanitario débese chamar por teléfono (061) para confirmar se os síntomas son compatibles co contaxio por coronavirus.

Recursos en liña de organismos públicos:

AVISO:

Esta información non se manterá actualizada, é só un relatorio de recursos dispoñibles hoxe a día 11 de marzo de 2020. A pesar de que se intentou indicar recursos que se actualizarán nese mesmo enlace, algúns deses recursos poderían quedar descartados en calquera momento.