stepenie meyer volve á gran pantalla

Acaba de estrearse o filme The host, baseado no mesmo libro da autora Stephenie Meyer, que podes tomar emprestado do fondo da nosa biblioteca, xunto cos da saga Crepúsculo.

Hoxe presentamos a entrevista que sae no XL Semanal desta fin de semana. Pulsando na imaxe podes abrir o arquivo da reportaxe en papel (gardado na wiki da biblioteca) e podes descargar o arquivo en PDF.

Se premes aquí, irás á entrevista publicada na web XL Semanal.

Entrevista á autora (en inglés subtitulado en castelán) sobre o libro:

Avances da película:

Saga Crepúsculo

A saga de Crepúsculo segue a ser un éxito de empréstito na biblioteca. Para premiar ós fieis seguidores da serie, incluímos estes vídeos.

Summit Entertainment presentou este reducido “making-off” da película de Eclipse para incluír na versión de aluguer de Luna Nueva da Saga Crepúsculo. Foi feita tralo escenario, contén entrevistas ós protagonistas e inclúe a rodaxe dalgunhas escenas. Dura só 2 minutos dos 7 que teñen previsto que dure no DVD.

A película, proximamente na biblioteca. Para abrir boca, déixovos os avances da nova película que se estrea en xuño:

http://www.antena3.com/PortalA3com/swf/A3PlayerEmbed.swf

http://www.antena3.com/PortalA3com/swf/A3PlayerEmbed.swf

Que vos gustaran tanto como vos gustaron os libros!