“novotecnoloxizándonos”

Está ben aprender a manexar un ordenador, pero non abonda con saber como se crea unha carpeta, como se garda un documento,… Por iso, para manexarnos máis comodamente co ordenador e escribir máis rápido, vai ben practicar mecanografía. Imos ver os por ques.

Vantaxes de facer un curso de mecanografía? Moitas:

– saber onde están as letras para non andar a perseguilas polo teclado (aínda que ás veces o pareza, non andan cambiando de sitio)

– escribir con maior soltura (ó saber onde están non se perde tempo buscando as letras)

– escribir con maior velocidade (ó saber usar todos os dedos, iremois moito máis rápido)

– non fai falla moito tempo para ver o moito que melloramos na escritura: GARANTIZADO! Con só 5 ou 10 minutos ó día e durante só cinco días, podemos multiplicar a nosa habilidade inicial polo menos por 3. Con máis tempo, melloraremos aínda máis.

Hai cursos online (nos buscadores aparecen moitos). Un deles é o curso de mecanografía Vedoque. Na web Vedoque pódense atopar un grande número de xogos (de habilidade, clásicos, educativos, infantís, para todos,…) para entreterse co ordenador ou descargalos ó móbil.

Entrade no noso facebook para comentar a práctica que fagades, e confirmarnos se temos razón ou non.

máis actividades

Ademais dos cursos de informática, está previsto realizar cursos de manualidades para adultos e aula de estudio para nenos.

Os horarios das actividades dependerán do número de inscritos, e os lugares de impartición dependerán das dispoñibilidades espaciais e materiais, polo que é probable que algunha delas se realice noutras dependencias municipais.

Para máis información e inscripcións, hai que dirixirse ó Concello en horario de 8.00 a 14.00, ou chamar ó 982452061.

cursos de informática

As Concellerías de Igualdade e Benestar Social e a de Xuventude e Cultura, están a preparar cursos de iniciación á informática (duración aproximada de 30 horas) que serán impartidos na biblioteca a partir do mes de outubro. Están pensados para tódalas idades.

Para ampliar información e inscribirse, hai que dirixirse ó Concello en horario de 8.00 a 14.00, ou chamando ó 982452061.

relación de obradoiros

Continuando coa programación de formación de adultos en novas tecnoloxías, está aberto o prazo para inscribirse nos obradoiros de novas tecnoloxías que se impartirán na biblioteca en colaboración coa Rede de Dinamización da Sociedade da Información a partir deste mes de setembro.

Os obradoiros son os seguintes:

  1. Manexo do rato e do teclado
  2. Procura de información en Internet
  3. Alfabetización Dixital: Iniciación a Informática e Internet
  4. Iniciación a Informática
  5. Iniciación a Internet
  6. Suite Ofimática: OpenOffice
  7. Mecanografía
  8. Procesador de textos: Writer
  9. Blog, participa en Internet
  10. Cociña en Internet
  11. Saúde en Internet
  12. Solicitude de Cita Médica en Internet
  13. Elaboración CV
  14. Procura de emprego
  15. Telefonía por internet
  16. Videoconferencia
  17. Creación dunha Conta de Correo Electrónico
  18. Introducción á fotografía dixital
  19. Edición de imaxes: GIMP
  20. Ed. de imaxes I
  21. Ed. de imaxes II
  22. Manexo da cámara dixital
  23. Manexo do teléfono móbil
  24. SIXPAC: Sistema de Información Xeográfica
  25. Alfabetización para adultos con medios dixitais

Cada persoa pode anotarse en cantos obradoiros sexan do seu interese.

Só se celebrarán os obradoiros que conten co número necesario de participantes, polo que non se garante que se impartan todos.

A duración varía segundo a temática, de1 a 10 días, cunha duración de 1 hora e media por día.

As datas iranse concretando conforme se vaian pechando grupos. Faranse varios grupos para os obradoiros con maior demanda.

Clausura dos cursos de informática

Hoxe rematan as clases dos dous cursos de iniciación á informática que se estaban desenvovlendo na biblioteca.

Aquí vos poño unha fotiños de cada grupo:

Lembrade que despois de Semana Santa, comenzará o obradoiro de manexo de teléfonos mobiles, e do 7 ó 18 de abril comenzarán outros seguintes obradoiros de iniciación á informática.

A biblioteca inaugura o seu blog!!!

O día 15 de xuño de 2007 a Biblioteca Pública Municipal do Saviñao inaugura o seu blog e a súa wiki.

A emoción dun coñecemento recén adquirido e posto en práctica durante o curso de formación “Creación e uso de weblogs no entorno bibliotecario”, organizado por Anabad-Galiciaen Santiago de Compostela, é o xérmolo deste blog.
Espero podelo manter actualizado e contar coas aportacións dos usuarios da biblioteca para mantelo vivo e dotalo de contido útil para todos: novas da biblioteca, libros recomendados, comentarios sobre os libros lidos, suxerencias de obras a adquirir, etc.
Este é o parque máis próximo á biblioteca, xusto diante da Casa do Concello: