resume…aprende a facer un podcast!

Día 5 de xullo de 2019 ás 12:00, na biblioteca de Escairón

Hoxe en día os podcasts están na picota. E na biblioteca preparámoste para estar á última: imos facer un podcast! Aprendemos a escribir e guionizar, a interpretar, a locutar e a editar un podcast!

E despois só hai que subilo á nube…

Aprende a facer un podcast!

da man de Damián Alonso de Solovoz

o 5 de xullo, ás 12:00 na sala infantil

tivemos este obradoiro totalmente práctico, no que en apenas 2 horas aprendemos a:

  • Escribir e guionizar o noso podcast!
  • Locutar e interpretar o noso podcast!
  • Gravar e editar o noso podcast con Audacity!

O primeiro foi descobrir que é un podcast e como naceron.Despois vimos a importancia de vocalizar, a necesidade dunha correcta respiración e como proxectar ben a voz.

Logo de facer varias prácticas de narración de diferentes tipos de textos, pasamos á parte práctica máis divertida: gravarnos e editar o noso podcast!

Sorprendente como pode cambiar o que dixemos e como o dixemos unha vez editado:

podemos parecer máis xoves, falar máis rápido, facer coma se estiveramos nunha cova,… os efectos que lle podemos poñer á nosa voz son alucinantes. En canto poidamos, subiremos o resultado do noso obradoiro.

Este é o resultado do noso obradoiro:

audio 1, coas voces de Alba e Lucía:
Ir a descargar

audio 2 coas voces de Sandra e Mónica:
Ir a descargar

audio 3 coas voces de Nico e Ignacio:
Ir a descargar

O noso alucinante profe, Damián Alonso, conta con experiencia como actor de dobraxe (en documentais como Amish Mafia ou American Chopper, ou na serie Turbo Fast, dándolle voz a Tito, o vendedor de tacos), actor de teatro e formador. Guionista e creador de “cachosdesqueches” e voz de Click Clack en Dinotrux entre outras. Máis de 150 obradoiros e cursos impartidos por toda Galicia no que o punto de encontro é a voz. Obradoiros de radio, podcast, falar en público, comunicación e lectura interpretadada e teatro.

aprende a facer un podcast!

Hoxe en día os podcasts están na picota.

Ven e achégate, imos facer un podcast! Queres aprender a facer un podcast? Aquí aprenderás a escribir e guionizar, a interpretar, a locutar e a editar un podcast!

E despois só hai que subilo á nube…

Cartaz Obradoiro Podcast!_ed_pq.png

Aprende a facer un podcast! na Biblioteca Pública Municipal do Saviñao o vindeiro venres 5 de xullo ás 12 h., neste obradoiro do programa Ler conta moito, financiado pola Consellería de Cultura e o Concello do Saviñao.

Neste Obradoiro totalmente práctico en tan só 120 min. Aprenderás a:

  • Escribir e guionizar  o teu  podcast!
  • Locutar e interpretar o teu podcast!
  • Gravar e editar o teu  podcast con Audacity!

Esta actividade está recomendada a partir de 10 anos.