fallo do certame de narración e debuxo letras galegas 2018

Compartimos o listado de premiados no Certame de Narración e Debuxo Infantil Letras Galegas 2018 (na biblioteca figura o nome completo dos premiados):

BIBLIOTECA PÚBLICA MUNICIPAL DE

O SAVIÑAO

Certame de narración e debuxo infantil

“LETRAS GALEGAS 2018”

FALLO LOCAL

DEBUXO:

Categoría A:

  1. Aarón G. (7 anos)
  2. María V. (8 anos)

NARRACIÓN:

Categoría A:

  1. Nadia P. (7 anos)
  2. Mario F. (8 anos)

Categoría B:

  1. Martina F. (10 anos)

Categoría C:

  1. Alba D. (14 anos)
  2. Yasmina C. (14 anos)

Poderanse ver, expostas na Biblioteca, copias dos traballos premiados. Os traballos que non resultaron galardoados, poderanse recoller na mesma Biblioteca ata a data de entrega dos premios.
A data e hora da entrega de premios darase a coñecer neste mesmo lugar.

Escairón, maio de 2018

Advertisements

exposición maría victoria moreno

Podedes coñecer máis de María Victoria Moreno visitando a nosa exposición sobre ela. Ademais podedes aproveitar para consultar e levar en préstamo calquera das súas obras dispoñibles na biblioteca.

exposición bibliográfica de María Victoria Moreno

Libros de María Victoria Moreno da Biblioteca Pública Municipal do Saviñao

Hai moitas moi divertidas, coma Leonardo e os fontaneiros, na que descobrir quen é Leonardo é unha sorpresa. Ademais os fontaneiros, que son rapaces e rapazas que estudan nunha escola, argallan moitas falcatruadas, algunhas das cales acaba cos pais dalgún dos rapaces no xulgado e coa pandilla dos fontaneiros expulsados da escola… Que farían!?…

En Mar adiante, os protagonistas emprenden unha longa aventura mariñeira nun barco, onde chegan a pasar o Nadal cunha árbore de Nadal moi especial.

A festa no faiado, como o título indica, é unha festa que se celebra no faiado da casa do señor iIndalecio e da súa dona, a fachendosa dona Teodosia. Pero non pensedes que os convidados á festa son como vos imaxinariades nunha festa no voso faiado… de seguro que vos sorprenderían… E se non o credes, lede con atención o que conta Uxía a anfitrioa da festa!

Estas son só tres das moitas historias que atoparedes na exposición bibliográfica de María Victoria Moreno, onde tamén hai unha pequena selección de obras que traduciu ó galego.

 

maría victoria moreno, día das letras galegas 2018

Despois de Rosalía de Castro, Francisca Herrero Garrido e María Mariño, este ano adícaselle por cuarta vez o Día das Letras Galegas a unha muller: María Victoria Moreno.

Podedes consultar a lista dos libros que dela e sobre ela temos na biblioteca pulsando neste enlace, pero tamén podes velos expostos no espazo que adicamos ó Día das Letras Galegas.

mvictoriamoreno

Na Biblioteca Virtual Galega pódese ademais de ler a súa biografía, consultar a súa bibliografía e mesmo ler algún fragmento da súa obra.

Na web da Real Academia Galega podedes atopar tamén ampla información sobre a súa vida e obra.

No portal Día das Letras Galegas pódese consultar a lista dos homenaxeados.

certame letras galegas 2018

Como xa sabedes, cada ano convócase o Certame de Narración e Debuxo Infantil Letras Galegas para festexar o Día das Letras Galegas.

Xa temos as bases da convocatoria!

Os traballos deberán ser entregados na biblioteca de Escairón.

Animámosvos a participar tanto con historias coma con debuxos.

Bases para o certame Letras Galegas 2018

– Convocatoria Local –

A BIBLIOTECA PÚBLICA MUNICIPAL DO SAVIÑAO convoca o

CERTAME DE NARRACIÓN E DEBUXO INFANTIL LETRAS GALEGAS 2018 (Fase Local), de acordo coas seguintes bases:

1.- Poden participar todas as nenas e nenos con:

– A) Narracións, en galego, cunha extensión máxima dun folio por unha soa cara, sobre o tema que se propón a continuación:

  • “COMO CAMBIOU O CONTO ou COMO DARLLE UNHA VOLTA AO CONTO TRADICIONAL”: o lobo vexetariano?, Carrapuchiña feroz?, Cincento no canto de Cincenta?, unha Bela que nunca dorme?

– B) Debuxos, feitos sobre cartolina de tamaño aproximado de DIN A4, sobre o tema que se propón a continuación:

  • COMO CAMBIOU O CONTO ou COMO DARLLE UNHA VOLTA AO CONTO TRADICIONAL”: o lobo vexetariano?, Carrapuchiña feroz?, Cincento no canto de Cincenta?, unha Bela que nunca dorme?

2.- Cada autor pode presentar cantos traballos desexe, mecanografados, escritos a computador ou a man; neste último caso sempre a bolígrafo e nunca a lapis. Con cada traballo, acompañarase unha folla co nome e demais datos do autor.

3.- Establécense tres categorías:

  • A, ata 8 anos,
  • B, de 9 a 11 anos,
  • C, de 12 a 16 anos.

4.- O prazo de presentación dos traballos rematará o vindeiro 8 de maio, debendo ser entregados polos seus autores en calquera das BIBLIOTECAS MUNICIPAIS.

5.- O xurado, formado por persoas entendidas na materia, seleccionará por cada modalidade e categoría un máximo de tres traballos.

6.- Os traballos premiados nesta fase local participarán na fase provincial do Certame, convocada pola Biblioteca Pública de Lugo, co patrocinio da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia.

7.- O fallo do xurado local farase público antes do DÍA DAS LETRAS GALEGAS.

8.- Os traballos premiados pasarán a ser propiedade da Biblioteca Pública, que se reserva o dereito de publicación dos mesmos.

9.- Todas as incidencias non previstas nestas bases serán resoltas polo xurado.

10.- A presentación das obras a este Certame supón a aceptación das presentes bases.

[podes descarcar aquí a ficha para os teus datos persoais]

Recordade que quen gañe na fase local participa despois na fase provincial, co cal é o dobre premios!

filipa cos contos

O vindeiro venres, 4 de agosto, visitaranos Bandullo Azul co seu espectáculo Filipa cos contos, actividade recomendada para idades de 3 a 12 anos e público familiar.

Faremos unha viaxe polos contos tradicionais e o repertorio infantil de Carlos Casares (a quen se lle adicou o Día das Letras Galegas este 2017), amenizados con música e cancións en directo con guitarra e voz.

filipa cos contos_pq

Filipa cos contos
4 de agosto
12:00 horas
Biblioteca Municipal do Saviñao

Xa sabedes que contades cunha selección de libros relacionados coa actividade desenvolta, desta vez, exposta fronte ás escaleiras en lugar de na Casa dos ratos.

Esta actividade pertence ó programa “Ler conta moito” da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria coa colaboración do Concello do Saviñao.

propón unha muller para as letras 2018

Xa sabedes que no Colectivo Lemos Le queremos resaltar o papel da muller ó longo da historia na nosa comarca. Pois sempre foi relegada dos libros a pesar da súa importancia social.

Hoxe, desde a biblioteca queremos compartir con vós a iniciativa que impulsa Polo correo do vento, que estivo varias veces contándonos historias na biblioteca. E facémolo cun extracto da publicación de praza.gal [preme na ligazón para acceder ó artigo completo]:

Rosalía de Castro (1963), Francisca Herrera Garrido (1987) e María Mariño (2007). Son as tres únicas autoras homenaxeadas nos 55 anos de historia do Día das Letras Galegas. Nas vindeiras semanas a Real Academia Galega escollerá o autor ou autora a quen dedicará a edición 2018 das Letras e vén de comezar unha campaña que solicita que a homenaxeada sexa unha muller. O colectivo Polo Correo do Vento impulsa a iniciativa, que busca “denunciar a inxustiza histórica do papel da muller na cultura e nos demais ámbitos da sociedade” e “dar a coñecer a mulleres que escribiron en lingua galega ou traballaron na defensa do idioma”. 

(…) lle remita a un dos académicos ou académicas da RAG cartas (pódese descargar aquí o modelo) demandando o recoñecemento para unha autora galega, (…).

A campaña busca tamén a mobilización nas redes sociais, empregando etiqueta #Proponunhamuller, e outras como #nonhaiescusa, #Xavaisendohoraunhamullerparao18, #Sonmoitasasmulleresepoucasasnomeadas, #esteanosi, #Temosmoitasescritorasedecalidade ou #proponunhamullerparao18.

Polo Correo do Vento fai unha primeira proposta de dez autoras que poderían ser merecedoras do recoñecemento, sinalando que na campaña se poderían engadir todas as que as persoas participantes queiran. As dez autoras propostas inicialmente son: Avelina Valladares, Belén Feliú, Clara Corral Aller, Filomena Dato, Luísa Villalta, María Tobío, Mª Victoria Moreno, Pura Vázquez, Xela Arias e Xosefa Iglesias Vilarelle.

carlos casares día das letras galegas 2017

libro carlos casaresEste ano o Día das Letras Galegas adícaselle a Carlos Casares, quen naceu no ano 1941 en Ourense. Estudiou Filosofía e Letras en Santiago de Compostela. Exerceu a docencia desde 1969, en Viana do Bolo, Bilbao, Cangas do Morrazo e Vigo, onde faleceu o 9 de marzo de 2002.

This slideshow requires JavaScript.

Entre as súas obras máis coñecidas entre as dispoñibles na biblioteca destacamos:

Todos os libros de Carlos Casares dispoñibles na biblioteca pódelos consultar neste enlace e ver na mostra bibliográfica coa que acompañamos a exposición sobre Carlos Casares que se pode ver na biblioteca.

Na Biblioteca Virtual Galega pódese ademais de ler a súa biografía, consultar a súa bibliografía e mesmo ler algún fragmento da súa obra.

Na web da Real Academia Galega podedes atopar tamén información sobre a súa vida e obra.

No portal Día das Letras Galegas pódese consultar a lista dos homenaxeados.

sombras chinescas

Dada a boa acollida da actividade do venres, e ante a petición popular á voz de porfi, porfi decidimos seguir facendo sombras chinescas na biblioteca: este venres teremos un obradoiro para elaborar o noso propio teatro de sombras.

20160506_190951_censored_BIS

Será tamén ás 18:30, un rato despois de rematar o obradoiro de origami (que empeza ás 17:00).

obradoiro as nosas historias (ii)

As nosas historias

obradoiro de sombras chinescas

da man de Olga Abad

o 6 de maio, ás 18:30 na sala infantil

as nosas historias corrixido

Non vos adiantamos que historias escoitaremos e representaremos: teredes que vir para averigualo!

Trátase dunha actividade do catálogo de actividades Ler conta moito, financiada polo Concello do Saviñao e a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia.

Ademais o domingo 15 de maio ás 20:30, María do Ceo presentará o seu novo disco no Auditorio Municipal.  Sobre este evento organizado polo concello, irase ampliando información no Facebook do Concello.