as superheroínas do noso pobo, na biblioteca

O venres 2 de xullo comeza o ciclo de actividades do Programa Ler conta moito deste ano, cofinanciado entre o Concello do Saviñao e a Consellería de Cultura.

A actividade As superheroínas do noso pobo, desenvolverase na biblioteca o 2 de xullo ás 11 da mañá coa autora e ilustradora Estefanía Padullés, que conta con varios libros infantís publicados en distintas editoriais, moitos dos cales se poden atopar na biblioteca.

Aplicaranse as medidas Covid establecidas para actividades culturais, polo que o aforo é limitado, e será preciso reservar as entradas previamente na Biblioteca ou no teléfono 982452324.


O obradoiro de ilustración versará sobre mulleres esquecidas en diferentes campos, aprendendo a debuxalas nunha ilustración que as represente. Para rematar a actividade, cada participante fará un cartel dunha muller do seu entorno, para darlle visibilidade e convertela nunha “superheroína” que amose os seus “superpoderes”.

entrega de premios Letras Galegas 2019

A entrega de premios do Certame de narración e debuxo Letras Galegas 2019 terá lugar coa presentación do libro A manchas ou a raias? e con obradoiro a cargo da autora Estefanía Padullés.

entrega premios letras 19_pq.jpgEsta actividade desenvolverase o vindeiro venres 7 de xuño ás 17:00 h na sala infantil da biblioteca.

Agardamos por vós!

O desexo do gato Klops, de Estefanía Padullés

cartaz desexo do gato klops A ilustradora e escritora Estefanía Padullés presentaranos o seu conto “O desexo do gato Klops” e desvelaranos algún dos secretos do traballo do debuxo e da ilustración.

Convidámosvos a participar nesta actividade ideal para asistir en familia, que terá lugar na Sala Infantil da Biblioteca Municipal do Saviñao o vindeiro venres 7 de agosto ás 12 da mañá.

A autora, de orixe catalán, trasladouse a vivir a Galicia hai algúns anos e esta é a primeira obra que ilustra e escribe.

desexo do gato klopsNa sesión coñeceremos a marabillosa historia do gato Klops, un conto que nos fala do proceso de aprendizaxe necesario para recoñecer que somos valiosos e dignos de ser queridos a pesar de non ser perfectos. Con formato de álbum, as ilustracións complementan a historia e motivan unha aprendizaxe entretida, interactiva y reflexiva.

gato klopsA actividade está indicada non só para nen@s, senon que é perfecta para asistir en familia, con ou sen nen@s.

Como xa dixemos, ó rematar a actividade a autora asinará gustosa os exemplares dos asistentes que asi o desexen.sinatura de exemplares