ceos galegos, na biblioteca

A Biblioteca Pública Municipal do Saviñao presenta a mostra de calendarios de Ceos galegos, un proxecto de divulgación e comunicación social dirixido por X. Dosi Veiga.

A exposicón de calendarios poderá visitarse do 10 ó 31 de maio no baixo da Biblioteca Pública Municipal do Saviñao, no mesmo horario de atención ó público da biblioteca (de 10 a 13.30 e de 16.30 a 19.30), coas mesmas restricións de acceso que o resto das instalacións: máscara, distancia de seguridade e uso de xel hidroalcohólico dispoñible á entrada.

Trátase dun proxexto:

De ciencia, no sentido amplo da palabra, pois inclúe astronomía, xeoloxía, bioloxía… pero tamén historia, arqueoloxía, literatura.

De fotografía, pois artéllase ao redor dunha imaxe fermosa do ceo, ou didáctica, ou curiosa.

De cultura, porque o coñecemento científico tamén é cultura. Porque coñecer o noso contorno máis próximo permítenos comprender mellor quen somos e de onde procedemos, proxectándonos cara o futuro. Pero tamén permítenos valorar mellor os ceos doutros lugares, porque podemos aprezar as semellanzas e as diferenzas.

Para ampliar información sobre este proxecto, consulta a web Ceos Galegos ou as súas contas en Instagram, Facebook e Twitter.

descrenza, na biblioteca

A Biblioteca Pública Municipal do Saviñao presenta a exposición Descrenza da Asociación Fotográfica O Potiños do Carballiño.

A mostra, composta por 22 fotografías en branco e negro, poderá visitarse do 22 de marzo ó 9 de abril no baixo da Biblioteca Pública Municipal do Saviñao, no mesmo horario de atención ó público da biblioteca (de 10 a 13.30 e de 16.30 a 19.30), coas mesmas restricións de acceso que ó resto das instalacións: máscara, distancia de seguridade e uso de xel hidroalcohólico dispoñible á entrada das instalacións.

pandemia virtual, na biblioteca

A Biblioteca Pública Municipal do Saviñao presenta a exposición Pandemia virtual do fotógrafo Ángel Utrera.

O autor pretende establecer un dialogo interior consigo mesmo dende o obxectivo da súa cámara fotográfica, “no que me recoñezo e identifico na soidade, os claro escuros, o medo e o silencio individual e individualista, no que mergullo descaradamente sen escusas, buscando deixar espido a través dunha foto esta ausencia de solidariedade e contacto físico, deste novo Virus, que resulta ser o egoísmo individualista do fascismo social provocado por esta nova normalidade absurda, irreal e fría, na que a ausencia do contacto nos está a converter en autómatas.”

A mostra, composta por 25 fotografías, poderá visitarse do 22 de febreiro ó 5 de marzo no baixo da Biblioteca Pública Municipal do Saviñao, no mesmo horario de atención ó público da biblioteca (de 10 a 13.30 e de 16.30 a 19.30), coas mesmas restricións de acceso que ó resto das instalacións: máscara, distancia de seguridade e uso de xel hidroalcohólico dispoñible á entrada das instalacións.

horizontes, na biblioteca

A Biblioteca Pública Municipal do Saviñao inaugura o ano coa exposición Horizontes do fotógrafo ourensán Bruno Taboada González.

A mostra fotográfica poderá visitarse do 11 ó 29 de xaneiro no baixo da biblioteca co mesmo horario e coas mesmas restricións de acceso que ó resto das instalacións: máscara, distancia de seguridade e uso de xel hidroalcohólico dispoñible á entrada.

Trátase dunha serie de 16 fotografías a cor de distintas paisaxes do mundo, agrupadas baixo o título xenérico de Horizontes.

exposición maría victoria moreno

Podedes coñecer máis de María Victoria Moreno visitando a nosa exposición sobre ela. Ademais podedes aproveitar para consultar e levar en préstamo calquera das súas obras dispoñibles na biblioteca.

exposición bibliográfica de María Victoria Moreno

Libros de María Victoria Moreno da Biblioteca Pública Municipal do Saviñao

Hai moitas moi divertidas, coma Leonardo e os fontaneiros, na que descobrir quen é Leonardo é unha sorpresa. Ademais os fontaneiros, que son rapaces e rapazas que estudan nunha escola, argallan moitas falcatruadas, algunhas das cales acaba cos pais dalgún dos rapaces no xulgado e coa pandilla dos fontaneiros expulsados da escola… Que farían!?…

En Mar adiante, os protagonistas emprenden unha longa aventura mariñeira nun barco, onde chegan a pasar o Nadal cunha árbore de Nadal moi especial.

A festa no faiado, como o título indica, é unha festa que se celebra no faiado da casa do señor iIndalecio e da súa dona, a fachendosa dona Teodosia. Pero non pensedes que os convidados á festa son como vos imaxinariades nunha festa no voso faiado… de seguro que vos sorprenderían… E se non o credes, lede con atención o que conta Uxía a anfitrioa da festa!

Estas son só tres das moitas historias que atoparedes na exposición bibliográfica de María Victoria Moreno, onde tamén hai unha pequena selección de obras que traduciu ó galego.

 

maría victoria moreno, día das letras galegas 2018

Despois de Rosalía de Castro, Francisca Herrero Garrido e María Mariño, este ano adícaselle por cuarta vez o Día das Letras Galegas a unha muller: María Victoria Moreno.

Podedes consultar a lista dos libros que dela e sobre ela temos na biblioteca pulsando neste enlace, pero tamén podes velos expostos no espazo que adicamos ó Día das Letras Galegas.

mvictoriamoreno

Na Biblioteca Virtual Galega pódese ademais de ler a súa biografía, consultar a súa bibliografía e mesmo ler algún fragmento da súa obra.

Na web da Real Academia Galega podedes atopar tamén ampla información sobre a súa vida e obra.

No portal Día das Letras Galegas pódese consultar a lista dos homenaxeados.

actividades polo día do libro infantil

Para celebrar o Día do Libro Infantil, preparamos estas actividades para esta semana:

carlos casares día das letras galegas 2017

libro carlos casaresEste ano o Día das Letras Galegas adícaselle a Carlos Casares, quen naceu no ano 1941 en Ourense. Estudiou Filosofía e Letras en Santiago de Compostela. Exerceu a docencia desde 1969, en Viana do Bolo, Bilbao, Cangas do Morrazo e Vigo, onde faleceu o 9 de marzo de 2002.

O pase de diapositivas require JavaScript.

Entre as súas obras máis coñecidas entre as dispoñibles na biblioteca destacamos:

Todos os libros de Carlos Casares dispoñibles na biblioteca pódelos consultar neste enlace e ver na mostra bibliográfica coa que acompañamos a exposición sobre Carlos Casares que se pode ver na biblioteca.

Na Biblioteca Virtual Galega pódese ademais de ler a súa biografía, consultar a súa bibliografía e mesmo ler algún fragmento da súa obra.

Na web da Real Academia Galega podedes atopar tamén información sobre a súa vida e obra.

No portal Día das Letras Galegas pódese consultar a lista dos homenaxeados.

exposición, contacontos e roteiro mulleres de lemos

Dende hoxe e durante todo o mes de maio poderanse ver na biblioteca as seccións da exposición Mulleres de Lemos que se adican a María Castaña e a Lola de Penelas.

Forman parte desta mostra os traballos presentados na modalidade de banda deseñada do segundo e terceiro Certame de Divulgación Mulleres de Lemos.

lola de penelasA de Lola de Penelas é a primeira vez que nos visita.

maría castañaA de María Castaña xa estivo con nós o ano pasado.

Ademais están dispoñibles en préstamo os tres contos da colección Mulleres de Lemos, unha muller para o 8 de marzo adicados a Inés de Castro, María Castaña e Lola de Penelas.

Esperamos que despois de ver os traballos presentados outros anos ó certame, vos animedes a participar coas vosas Bandas deseñadas. Consultade aquí as bases.

Para coñecer máis sobre a muller á que se lle adica este ano (a farmacéutica Balbina López Somoza), visitarán a biblioteca o vindeiro xoves 4 de maio ás 12:30 os alumnos de 5º de Primaria do CPI Dr. López Suárez de Escairón. Faremos un miniroteiro para completar un contacontos inspirado na súa biografía. E para rematar, ilustraremos unha escea da súa vida.

concurso de fotografía

Despois de decirvos que xa podedes visitar a exposición Operación Monarca do CEIDA ata o día 17,  invitarvos a participar nun concurso fotográfico:

concfotog

A Fundación Alonso Quijano convoca o IX CONCURSO MOMENTOS DE LECTURA co obxectivo de fomentar a creatividade plástica e artística dentro do ámbito da lectura en tódolos seus aspectos e dimensións. O prazo de presentación de traballos remata o 30 de xuño. Farase unha selección de 13 fotografías relacionadas coa lectura para a súa publicación no Calendario de la Lectura 2017 da fundación.

Podedes consultar as bases completas e convocatorias e gañadores anteriores na súa web.