falan de nós na revista mi biblioteca

A revista Mi Biblioteca da Fundación Alonso Quijano (galardoada co Premio Nacional al Fomento de la Lectura en 2015) fíxose eco no seu último número das actividades que conformaron o Ciclo Biblioteca en Igualdade, que se desenvolveu na biblioteca desde o día 6 de setembro ó 18 de outubro. Neste ciclo contamos con Dani Viéitez e Iria Iglesias, Carmen Domech, Tarabelos, Eduvía, Menos dá unha pedra, Fátima Fernández, Antía Yáñez e Sole Felloza.

artigo na Revista Mi Biblioteca.png

Aparecemos na sección de actualidade bibliotecaria. Podedes consultar a revista na biblioteca.

A Fundación Alonso Quijano é unha institución privada e independente, sen ánimo de lucro, que pretende contribuir ó desenvolvemento integral do humano por medio da promoción de iniciativas culturais e educativas, especialmente daquelas orientadas ó fomento da lectura. Aínda que tén sede en Málaga, o seu ámbito de actuación exténdese a todo o territorio nacional, con algunhas actividades de carácter internacional.

Contactaron connosco desde a revista, non lle enviamos nada desde a biblioteca ata que nos pediron información. Por iso agradecemos a vosa participación nas actividades, e a difusión que fixestes delas, pois foi grazas a vós que contactaron connosco para coñecer máis a fondo en que consistía este ciclo.

contos de sempre para xente de agora

Contos de sempre para xente de agora de Fátima Fernández, na Biblioteca Pública Municipal do Saviñao o vindeiro venres 11 de outubro ás 18 h., continúa o ciclo A biblioteca en igualdade.

fatimafdz_pq..png

Nesta actividade coñeceremos historias recollidas da nosa tradición oral e escrita, baseados en mulleres que protagonizaron a nosa historia cotiá e marcaron o noso futuro.

Esta actividade (para público a partir de 4 anos) enmárcase dentro do programa Ler conta moito de igualdade, financiado pola Consellería de Cultura e Turismo dentro do Pacto de Estado contra a Violencia de xénero.

resume do ciclo biblioteca en igualdade

Resume do Ciclo Biblioteca en Igualdade

Podedes atopar información detallada das actividades que conformaron o Ciclo Biblioteca en Igualdade nos seguintes enlaces do blog Ler conta moito, programa do que formaban parte todas as actividades desenvoltas (iremos actualizando segundo se vaian producindo:

  • 6 de setembro con Dani Viéitez e Iria Iglesias  a actividade = (Igual)

IMG_20190906_125046_censored_pq

= (igual)…na BPM do Saviñao

augasclaras3

a carteira de augasclaras…na BPM do Saviñao

todos por igual 6

Rosalía, tod@s por igual…na BPM do Saviñao

contamos en igualdade 2

Contamos en igualdade…na BPM do Saviñao

IMG_20191004_192254

A escena verbas!…na BPM do Saviñao

fatima_1

Contos de sempre para xente de agora…na BPM do Saviñao

sinatura antia yañezconta sole felloza

Día da Biblioteca 2019

 

Contacontos “Érase unha vez uns zapatos…” (II)

O pasado 10 de abril, celebramos o Día do Libro Infantil co contacontos Érase unha vez uns zapatos… de Fátima Fernández, dentro do repertorio do programa Ler conta moito.

Fátima presentouse, e rapidamente se puxo “á faena” co seu mandil de zapateiriña remendona contadora de historias.

Fátima Fernández no contacontos na Biblioteca Municipal do SaviñaoAsí aprendemos que os zapatos FALAN! Si, falan. Por exemplo, os de Laura, dixéronnos que ela sempre pisa un zapato co outro e que nunca os limpa con crema. E como é que o sabemos?, pois porque Fátima é neta de zapateiro e aprendeu a lingua dos zapatos desde moi nena e fíxonos de tradutora.

Coñecemos a historia dos zocos dun neno que non os podía poñer para ir ó galiñeiro co seu pai (para que non se mancharan). E eles querían ir porque lles dixeran que as galiñas contaban unhas historias marabillosas. Así descobrimos como se deu por primeira vez o caso dun galo incubando un ovo e todas as peripecias que viviu ata conseguir que nacera o poliño! E vimos en vivo e en directo como o Galo Aarón foi papá!

Descobrimos sentimentos e o significado das cores para o monstro das cores, amigo de Tamara.

Fátima Fernández no contacontos na Biblioteca Municipal do SaviñaoRimos moito coas historias, tanto que case choramos coa risa e ó final resulta que case todos tiñamos a cor rosa (do sentimento do amor) e verde (o sentimento da calma).

Desde logo, a sesión foi espectacular e moi divertida. Agardamos tela pronto de volta con máis historias.

Contacontos “Érase unha vez uns zapatos…” (I)

Para celebrar o Día do Libro Infantil (2 de abril, día festivo), presentamos o contacontos:

Contacontos Fátima Fernández

Contacontos a cargo de Fátima Fernández

Que sería do gato con botas sen as botas,
de Cinsenta sen o zapato de cristal,
se os trasnos non lle fixesen zapatos ao zapateiro…
Sería posible o mundo dos contos
que todos coñecemos
se non houbese zapatos?

A actividade englóbase dentro do programa de animación á lectura “Ler conta moito”.

Temos feita unha selección de libros con temática relacionada, por se queredes irvos metendo en materia! Estará exposta na “casiña dos ratos”.

Entre os contos atópanse os clásicos Cinsenta, O gato con botas, O mago de Oz, pero tamén outros que igual non coñecedes como A gata con botas, Carlota e a bota perdida, Hormigas en botas de fútbol, As zapatillas vermellas, Piratas en zapatillas, Sin piedad con mis zapatillas, Balzac en zapatillas,…