catálogo da rede de bibliotecas de galicia

Que significa a integración no Catálogo da Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia?

O catálogo da Rede de Bibliotecas Galicia ten, entre os seus obxectivos xerais:

  • Favorecer a colaboración e o traballo cooperativo por medio dun catálogo común a todas as bibliotecas da Rede.
  • Ofrecer un único catálogo en liña aos usuarios da Rede: consultar desde un único portal todos os libros dispoñibles en todas as bibliotecas da Rede.
  • Propocionar aos usuarios un un só carné válido para todas as bibliotecas integrantes da Rede: con só resistrarse nunha biblioteca poden levar en préstamo materiais de todas as bibliotecas integradas na Rede.

Para a consecución destes obxectivos, o proxecto atópase actualmente nunha segunda fase que conleva:

  • Novos desenvolvementos que contribuirán á mellora do catálogo e das funcionalidades que ofrece ós usuarios das bibliotecas da Rede.
  • Incorporación ao catálogo da Rede de 70 bibliotecas Meiga.

 

Advertisements

actualización dos datos dos socios

logo-biblioteca-escudo-savinao-largoA biblioteca está ultimando os preparativos para integrarse no Catálogo da Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia, por iso, aproveitamos para convidar a todos os nosos usuarios a que se acheguen á biblioteca para actualizar os seus datos persoais. Aqueles usuarios que non teñan os seus datos completos e actualizados é posible que teñan que inscribirse de novo na biblioteca.

logo RBGalicia_2016_Logo RBPG v1 RGBCon esta incorporación ó catálogo colectivo, vai haber unha serie de cambios no funcionamento da biblioteca. Ademais de que se ampliará o prazo de préstamo, o máis destacable, polo práctico que será, é que vai haber un carné único para todas as bibliotecas da rede, polo que sendo socio nunha biblioteca da rede se poderán levar materiais en todas as bibliotecas que formen parte da rede.

Podedes achegarvos á biblioteca para preguntar polo resto de cambios que vai supór esta integración, ademais de revisar que temos os vosos datos actualizados.

 

biblioteca viva e que se “move”

O traballo que realizaron @s alumno@s do colexio de Escairón o Día da Biblioteca, ben merece un atrigo propio, por iso repetimos parte do artigo anterior e relacionamos aquí os libros cos que traballaron.

12844

Calvino de Carlo Frabetti

12845

Chocolate de Marta Chaves

12846

¡Qué rico! : sobre platos apetitosos, alimentos asquerosos, guisos olorosos, potajes ventosos, bocatas sabrosos y otros manjares deliciosos de Alexandra Maxeiner

12847

13 perros de Fernando Lalana

12848

Antología de cuentos de vampiros de E.T.A. Hoffmann, Edgar Allan Poe, Théofile Gautier…[et al.]

12849

Blanca de Nieve y sus siete hermanos : la verdadera historia de Blancanieves de Antonio Rodríguez Almodóvar

12850

Adivinanzas de Ana Alonso

12851

Antonia Purpurina de Maria Espluga

12852

¿La riqueza de unos pocos nos beneficia a todos? de Zygmunt Bauman

12853

¿Por qué llora la princesa? de Jesús Aznar

12854

Cosas que aprendo

12855

Cartas de todos para todos de Toon Tellegen

[Pulsando na imaxe poderedes ver a ficha de cada libro]

O que non comentamos ese día é que a biblioteca é un ente vivo, que se move e cambia constantemente. Por que?

Pois porque cada vez que entra unha obra nova, vai cambiando a relación de novidades (podedes consultar as últimas incorporacións á biblioteca no noso catálogo e comprobaredes que estes libros xa non figuran nas últimas incorporacións, que hai utros despois deles),  tamén van cambiando de sitio nos andeis aínda que a or de colocación se manteña, pois as novas incorporacións vanse colocando entre os libros que xa están.

Non vos pasou nunca que estivestes mirando un libro nunha biblioteca e ós poucos días non o dabades atopado? Preguntastes se o levara alguén en préstamo e estaba na biblioteca non moi lonxe de onde o atoparades? Agora xa sabedes por que!

Esta semana, por exemplo, estamos revisando a sección de revistas e descubriredes que vai acabar con cambios.

Se queredes facer prácticas de rexistro, saber como se “moven” os libros pola biblioteca e máis cousas sobre o seu funcionamento, podedes pasarvos polas tardes e revisamos como se fai.