ceos galegos, na biblioteca

A Biblioteca Pública Municipal do Saviñao presenta a mostra de calendarios de Ceos galegos, un proxecto de divulgación e comunicación social dirixido por X. Dosi Veiga.

A exposicón de calendarios poderá visitarse do 10 ó 31 de maio no baixo da Biblioteca Pública Municipal do Saviñao, no mesmo horario de atención ó público da biblioteca (de 10 a 13.30 e de 16.30 a 19.30), coas mesmas restricións de acceso que o resto das instalacións: máscara, distancia de seguridade e uso de xel hidroalcohólico dispoñible á entrada.

Trátase dun proxexto:

De ciencia, no sentido amplo da palabra, pois inclúe astronomía, xeoloxía, bioloxía… pero tamén historia, arqueoloxía, literatura.

De fotografía, pois artéllase ao redor dunha imaxe fermosa do ceo, ou didáctica, ou curiosa.

De cultura, porque o coñecemento científico tamén é cultura. Porque coñecer o noso contorno máis próximo permítenos comprender mellor quen somos e de onde procedemos, proxectándonos cara o futuro. Pero tamén permítenos valorar mellor os ceos doutros lugares, porque podemos aprezar as semellanzas e as diferenzas.

Para ampliar información sobre este proxecto, consulta a web Ceos Galegos ou as súas contas en Instagram, Facebook e Twitter.

descrenza, na biblioteca

A Biblioteca Pública Municipal do Saviñao presenta a exposición Descrenza da Asociación Fotográfica O Potiños do Carballiño.

A mostra, composta por 22 fotografías en branco e negro, poderá visitarse do 22 de marzo ó 9 de abril no baixo da Biblioteca Pública Municipal do Saviñao, no mesmo horario de atención ó público da biblioteca (de 10 a 13.30 e de 16.30 a 19.30), coas mesmas restricións de acceso que ó resto das instalacións: máscara, distancia de seguridade e uso de xel hidroalcohólico dispoñible á entrada das instalacións.

pandemia virtual, na biblioteca

A Biblioteca Pública Municipal do Saviñao presenta a exposición Pandemia virtual do fotógrafo Ángel Utrera.

O autor pretende establecer un dialogo interior consigo mesmo dende o obxectivo da súa cámara fotográfica, “no que me recoñezo e identifico na soidade, os claro escuros, o medo e o silencio individual e individualista, no que mergullo descaradamente sen escusas, buscando deixar espido a través dunha foto esta ausencia de solidariedade e contacto físico, deste novo Virus, que resulta ser o egoísmo individualista do fascismo social provocado por esta nova normalidade absurda, irreal e fría, na que a ausencia do contacto nos está a converter en autómatas.”

A mostra, composta por 25 fotografías, poderá visitarse do 22 de febreiro ó 5 de marzo no baixo da Biblioteca Pública Municipal do Saviñao, no mesmo horario de atención ó público da biblioteca (de 10 a 13.30 e de 16.30 a 19.30), coas mesmas restricións de acceso que ó resto das instalacións: máscara, distancia de seguridade e uso de xel hidroalcohólico dispoñible á entrada das instalacións.

horizontes, na biblioteca

A Biblioteca Pública Municipal do Saviñao inaugura o ano coa exposición Horizontes do fotógrafo ourensán Bruno Taboada González.

A mostra fotográfica poderá visitarse do 11 ó 29 de xaneiro no baixo da biblioteca co mesmo horario e coas mesmas restricións de acceso que ó resto das instalacións: máscara, distancia de seguridade e uso de xel hidroalcohólico dispoñible á entrada.

Trátase dunha serie de 16 fotografías a cor de distintas paisaxes do mundo, agrupadas baixo o título xenérico de Horizontes.