curso de galego

Cursos de lingua galega preparatorios para as probas CELGA.

Se vos interesa, ou sabedes de alguén a quen lle interese, estas son algunhas indicacións:

  • Para maiores de 16 ano.
  • Inscrición só ata o 21 de Febreiro no Concello (ou no teléfono 982 45 20 61 preguntando por Mónica).
  • A realización está condicionada a un grupo mínimo de 20 persoas.
  • Os cursos realizaranse durante os meses de abril e maio.

Foto: Cursos de lingua galega preparatorios para as probas CELGA.

Para máis información contactade con Mónica no Concello.

o portal das palabras

Presentamos o Portal das Palabras, inaugurado en xuño, no que segundo indica a propia web, se pode facer unha navegación dobre:

  1. Por unha banda, desde a portada accédese directamente aos novos contidos publicados e navegando por eles, poderemos continuar descubrindo moitos máis.
  2. Por outra, mediante os botóns superiores de seccións, vaise a cada zona da web, onde veremos explicacións de cada apartado así como as súas utilidades, podendo así acceder á totalidade dos contidos que se leven publicados.

Conta tamén cun potente dicionario electrónico que inclúe un servizo de busca de sinónimos e antónimos. Que pode ser descargada para utilizar en dispositivos mobiles con sistemas operativos iOS e Android. Estas apps unha vez instaladas non precisan de conexión a internet para funcionar.

Este espazo de difusión do léxico e a lexicografía do galego é unha iniciativa da Real Academia Galega (RAG) e a Fundación Barrié, coa finalidade de para aproximar os recursos léxicos da RAG á sociedade galega de hoxe.

Na web da Academia podemos ler que contén:

Xogos
Neste apartado o usuario da páxina pode medir e ampliar o seu coñecemento do noso léxico mediante unha serie de ferramentas interactivas que lle permiten verificar en tempo real as súas aptitudes lingüísticas.

Vídeos
Nesta sección ofrécese unha selección de pequenas pezas audiovisuais nas que membros numerarios da Academia e outras figuras da nosa cultura disertan sobre un aspecto lingüístico do seu interese.

Léxico
Dividida en tres categorías –A palabra do día, Mira que din e Setestrelo– este capítulo do Portal das Palabras achega información sobre cuestións lexicográficas de actualidade, hipóteses etimolóxicas e exemplos de uso.

Dicionario
Permite consultar tamén a nova versión en liña do Dicionario da Academia que permite facer buscas avanzadas e de sinónimos así como unha lectura máis directa e simplificada das súas entradas.

Certamente unha visita de interese e que recomendamos, pois cada día se atopan cousas novas, moitas delas interesantes.