fixécheste socio/a durante a corentena?

galiciale

Se te autorrexistraches en GaliciaLe durante o estado de alarma e non recolliches o teu carné, lembra que o prazo para recollelo na túa biblioteca remata o 21 de xullo, se non o fas, perderás o acceso á plataforma desde o día 22.

Contacta coa túa biblioteca de referencia para máis información ou concretar cita para recoller o carné!

facerse socio/a durante a corentena

Debido á situación de confinamento forzoso na que nos atopamos, desde a Rede de Bibliotecas de Galicia habilitouse a posibilidade de darse de alta desde a casa, co fin de poder acceder á Biblioteca Dixital da rede.

É tan sinxelo como entrar no seguinte enlace e cubrir os datos persoais despois de seleccionar o concello no que vives (se non o atopas, deberás seleccionar “Outra localidade”): https://catalogo-rbgalicia.xunta.gal/cgi-bin/koha/opac-memberentry.pl

galicialeweb

Aínda que o correo electrónico ou o número de teléfono non son obrigatorios, si que é moi recomendable que os indiques por se che xurden dúbidas ou tés problemas para acceder.

No prazo dun mes desde a fin da corentena deberás achegarte á biblioteca para obter o carné. De non facelo, a conta eliminarase automaticamente de Koha e deixarás de ter acceso a GaliciaLe.

Para calquera consulta, podes contactar coa biblioteca a través do correo electrónico osavinao.rbgalicia@eidolocal.es