vídeos mulleres de lemos 2020

Podedes ver os contos das diferentes convocatorias Mulleres de Lemos:

2019 –Inés Fernández en vídeo:

2018 – Genoveva González Prieto en vídeo:

2017 – Balbina López Somoza en vídeo:

2016 – Lola de Penelas en vídeo:

2015 – María Castaña en vídeo:

2014 – Inés de Castro en pdf:

INES_DE_CASTRO_unha_muller_para_o_8_de_marzo pode lerse tamén en liña neste enlace.

Inés Fernández

Esta mañá presentouse na Casa da Cultura de Monforte o libro Inés Fernández, unha muller para o 8 de marzo que se acaba de editar. Acabamos de poñelo á vosa disposición e xa o podes atopar na biblioteca!

O conto está elaborado polo Centro de Información á Muller coa colaboración do Colectivo Lemos Le (integrado por bibliotecas escolares e municipais da Comarca de Lemos e a Asociación de Libreiros de Monforte) e está ilustrado cos traballos dos escolares dos concellos da Comarca de Lemos.

Esta mañá recollemos os exemplares da biblioteca e xa pode levarse para a casa xunto con

 

13321-1

Balbina López Somoza, unha muller para o 8 de marzo

portada Inés de Castro, unha muller para o 8 de marzo

Inés de Castro, unha muller para o 8 de marzo

12929-1

María Castaña, unha muller para o 8 de marzo

13105-1

Lola de Penelas, unha muller para o 8 de marzo

 

13321-1

Genoveva González Prieto, unha muller para o 8 de marzo

 

vídeos mulleres de lemos 2019

Podedes ver os contos das diferentes convocatorias Mulleres de Lemos:

2018 – Genoveva González Prieto en vídeo:

2017 – Balbina López Somoza en vídeo:

2016 – Lola de Penelas en vídeo:

2015 – María Castaña en vídeo:

2014 – Inés de Castro en pdf:

INES_DE_CASTRO_unha_muller_para_o_8_de_marzo pode lerse tamén en liña neste enlace.

Genoveva González Prieto

genoveva.jpg

Esta mañá presentouse na Casa da Cultura de Monforte o libro Genoveva González Prieto, unha muller para o 8 de marzo que se acaba de editar. Acabamos de recollelos agora mesmo, así que pola tarde xa o poderedes ler na biblioteca!

O conto está elaborado polo Centro de Información á Muller coa colaboración do Colectivo Lemos Le (integrado por bibliotecas escolares e municipais da Comarca de Lemos e a Asociación de Libreiros de Monforte) e está ilustrado cos traballos dos escolares dos concellos da Comarca de Lemos.

Esta mañá recollemos os exemplares da biblioteca e esta tarde xa pode levarse para a casa xunto con Inés de Castro, unha muller para o 8 de marzo, María castaña, unha muller para o 8 de marzo, Lola de Penelas, unha muller para o 8 de marzo e Balbina López Somoza, unha muller para o 8 de marzo das anteriores edicións.

13321-1

Balbina López Somoza, unha muller para o 8 de marzo

portada Inés de Castro, unha muller para o 8 de marzo

Inés de Castro, unha muller para o 8 de marzo

12929-1

María Castaña, unha muller para o 8 de marzo

13105-1

Lola de Penelas, unha muller para o 8 de marzo

13321-1

Balbina López Somoza, unha muller para o 8 de marzo

certame de divulgación mulleres de lemos, 2018

O Colectivo Lemos Le para conmemorar o Día da Muller que se celebra o 8 de marzo; organiza por quinto ano o Certame Mulleres de Lemos coa finalidade de dar a coñecer e promover as figuras femininas relevantes na historia das Terras de Lemos.
O Certame deste ano estará dedicado a Genoveva González Prieto unha mestra do Concello de Bóveda do século XX.  Propoñemos a esta muller polo seu compromiso coa ensinanza na Galiza rural.
As actividades que levaremos a cabo serán as seguintes:
  • O obradoiro “Genoveva González Prieto. Unha muller para o 8 de marzo” nos centros educativos públicos e concertados da nosa comarca. Esta actividade desenvolverase en colaboración co CIM (Centro de Información á Muller) de Monforte de Lemos e constará por unha banda, nun traballo de reflexión sobre a vida dunha mestra no século XX e, por outra banda, na elaboración dun libro que plasme en imaxes esta reflexión a través da súa vida.
  • V Certame Mulleres de Lemos modalidade Banda Deseñada. Para Secundaria e Bacharelato na que os participantes terán que elaborar un traballo  artístico e creativo que plasme a historia de Genoveva González (extensión mínima de 2 páxinas).
  • V Certame Mulleres de Lemos modalidade Divulgación. Esta modalidade está destinada a maiores de 18 anos que en calquera xénero literario presenten un traballo sobre a protagonista do certame (extensión de 10 a 25 páxinas a dobre espazo, tamaño de letra 12).
As bases do V Certame de Divulgación Mulleres de Lemos publicáronse polo Día da Muller no blog do colectivo. Atoparédelas a continuación e no blog do Colectivo Lemos Le podedes ampliar a información.

Seguir lendo