outubro, mes das bibliotecas

Estas son as actividades que realizaremos na biblioteca para celebrar o Día das Bibliotecas 2021:

8 de outubro

Sesión cos autores Dani Viéitez e Iria Iglesias

-Álex quere ser coma papá: contacontos contra os estereotipos e a desigualdade. Ás veces a Álex dinlle que non son axeitadas as cousas que fai. A través de Alex debatemos c@s cativ@s, exemplificando distintas situacións que loitan contra os estereotipos.

15 de outubro

Obradoiro con Hermanager Procucións

Deixa o móbil e debuxa: obradoiro de iniciación sobre ilustración e banda deseñada. Faremos debuxos, algunhas viñetas e/ou tiras cómicas en común e para remataremos facendo cadaquén a súa.

22 de outubro

Obradoiro coa escritora Andrea Barreira

Terroríficas, historias de terror: obradoiro de achega á literatura de terror a diversos públicos a través da lectura e da escritura. O obradoiro consta de dúas partes que combinan teoría e práctica: un repaso de distintas escritoras, do pasado ao presente, que traballaron o xénero do terror e a escritura dun relato de terror poñendo en práctica o visto no punto anterior.

Todas estas actividades enmárcanse no programa de animación Ler conta moito.

deixa o móbil e debuxa…na biblioteca

Día 7 de abril de 2017 ás 17:00, na biblioteca de Escairón

Para celebrar o Día do Libro Infantil (2 de abril) e en vista dos 2 certames de debuxo que temos convocados (Debuxo infantil Letras Galegas 2017, e Certame Mulleres de Lemos en modalidade de Banda Deseñada sobre Balbina López Somoza) deixamos o móbil e puxémonos a debuxar con esta actividade do catálogo Ler conta moito:

Obradoiro de tiras cómicas e viñetas

deixa o móbil e debuxa

da man de Hermanager

o 7 de abril, ás 17:00 na sala infantil

Empezamos cunha práctica con personaxes que xa coñeciamos, para que nos fora un pouco máis fácil perder o medo a comezar a debuxar.

Calculamos as perspectivas e vemos que aínda que non saia “calcado” tamén queda ben. Ningún debuxo é coma outro e podemos facer moitos trazos a lápis para ver cal nos gusta máis e ese será o que repasemos a bolígrafo ou rotulador.

Vemos os diferentes tipos de viñetas, planos e os “bocadillos” que serven para falar, pensar, susurrar, mostrar medo, etc. Un montón de recursos que nos serven para expresar cousas sen necesidade de escribir.