que queres que compre a biblioteca?

carriño libros.jpg

Xa vos fomos avisando de que co premio María Moliner iades ser vós os que escollerades o que mercaremos para a biblioteca.

Compartimos convosco un formulario web para que nos digades que queredes que merquemos e por que queredes que o haxa na biblioteca.

Intentaremos facer caso a todas as suxestións presentadas, pero temos que adaptarnos a un presuposto, polo que é fundamental que nos digades por que é importante para vós que fagamos esa compra e como podemos avisarvos de que a fixemos.

Para facer caso das suxestións teremos en conta 2 criterios:

  • saber de que obra se trata: fundamental que nos indiquedes ademais do título, a autoría (hai obras de diferentes autores que comparten o mesmo título, polo que se non nos indicades autoría, sería posible que mercaramos unha obra que non é a que nos estades pedindo)
  • saber quen o pide: terán preferencia as suxestións de persoas socias da nosa biblioteca ou usuarias habituais do noso servizo de préstamo, polo que é importante que nos digades quen sodes e como contactarvos para avisarvos das adquisicións (o voso nome e un número de teléfono ou un correo electrónico de contacto)

Podedes compartir o formulario copiando o enderezo deste enlace ou compartindo este artigo do noso blog.

fotos do contacontos de agosto

Día 4 de agosto de 2017 ás 12:00, na biblioteca de Escairón

Preparámonos para as festas da vila con esta actividade do catálogo Ler conta moito:

Filipa cos contos

repertorio de Carlos Casares

da man de Bandullo Azul

o 4 de agosto, ás 12:00 na sala infantil

Comezamos adaptando o oído á música de acompañamento, aprendendo unha historia do máis breve da man de Fran: Estaba a amora no seu lugar, pero como era moi moi breve, decidimos alongala un pouco con máis estrofas encadeándolle máis personaxes.

A continuación coñecemos a Filipa e puidemos escoitar unhas historias desternillantes, entre as cales había varias inspiradas na obra de Carlos Casares: Lolo anda en bicicleta, A cousa que máis doe do mundo, A figueira de Pelostortos, A galiña azul, e unha historia inventada, Hipo que?.

Cantamos, rimos, berramos, e en definitiva pasámolo en grande!

Para rematar, os que quixeron, fixeron unha foto de grupo con Filipa e Fran.

Esta actividade do programa “Ler conta moito” da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria coa colaboración do Concello do Saviñao, gustou moito ós asistentes, tanto grandes como pequenos.

a “abueliña” Mafalda

A internacionalmente coñecida obra de Quino, Mafalda, xa tén 50 anos.

Podes ler as súas aventuras na biblioteca.

Con 50 anos aínda seguen estando de actualidade as súas inquedanzas.

Tamén podes coñecer máis cousas do autor visitando a súa páxina web.


Como o luns se celera o día do pai, e temos todo o fin de semana por diante para prepararlle un agasallo coas nosas mans, remítovos ó post de hai un ano para prepararlle unha tarxeta de felicitación polo día do pai.