contos de sempre para xente de agora

Contos de sempre para xente de agora de Fátima Fernández, na Biblioteca Pública Municipal do Saviñao o vindeiro venres 11 de outubro ás 18 h., continúa o ciclo A biblioteca en igualdade.

fatimafdz_pq..png

Nesta actividade coñeceremos historias recollidas da nosa tradición oral e escrita, baseados en mulleres que protagonizaron a nosa historia cotiá e marcaron o noso futuro.

Esta actividade (para público a partir de 4 anos) enmárcase dentro do programa Ler conta moito de igualdade, financiado pola Consellería de Cultura e Turismo dentro do Pacto de Estado contra a Violencia de xénero.

contamos en igualdade

A sesión Contamos en igualdade con Eduvía, na Biblioteca Pública Municipal do Saviñao o vindeiro venres 27 de setembro ás 18 h., continúa o ciclo A biblioteca en igualdade.

contamos en igualdadecartaz.png

Esta sesión de contacontos pretende rachar cos estereotipos dos roles tradicionais asignados aos personaxes dos contos en función do seu xénero, idade, etnia ou mesmo condición social, cultural ou funcional.

Esta actividade (para público a partir de 5 anos) enmárcase no programa Ler conta moito de igualdade, financiado pola Consellería de Cultura e o Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero.

rosalía, todos por igual

Rosalía, todos por igual con Tarabelos títeres e contacontos, na Biblioteca Pública Municipal do Saviñao o vindeiro venres 20 de setembro ás 18 h., continúa o ciclo A biblioteca en igualdade.

todos por igual_pq

Rosalía de Castro foi rompedora de barreiras nun tempo no que o xénero, o idioma, o lugar de nacemento, a clase social… daban lugar a escenas de desigualdade que Rosalía denuncia co seu arte. Imos facer arte. A través dun conto de Rosalía e a pintura, faremos a nosa obra de arte pola igualdade. Porque a igualdade é tratar a todos por igual.

Esta actividade (para público a partir de 5 anos) enmárcase no programa Ler conta moito de igualdade, financiado pola Consellería de Cultura e o Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero.

a carteira de augasclaras

A carteira de Augasclaras con Carmen Domech, na Biblioteca Pública Municipal do Saviñao o vindeiro venres 13 de setembro ás 12 h., continúa o ciclo A biblioteca en igualdade.

cartaz carteira augas claras_pq

Martina reparte cartas na biblioteca:
Unha de Clementina, a tartaruga que viaxa ceibe polo mundo.
Outra, da elefantiña Rosa Caramelo, que logrou que na súa manada todos vivan xuntos e iguais.
A nena que rega a albáfega escríbenos dende moi lonxe, onde ninguén pode obrigala a facer o que non queira.
Estela dinos como aprendeu a berrar moi forte se algún maior nos fai xogar a xogos que non nos gustan NADA.

Esta actividade (para público a partir de 4 anos) enmárcase no programa Ler conta moito de igualdade, financiado pola Consellería de Cultura e Turismo dentro do Pacto de Estado contra a Violencia de xénero.

=igual

=Igual con Dani Viéitez e Iria Iglesias, na Biblioteca Pública Municipal do Saviñao o vindeiro venres 6 de setembro ás 12 h., iniciando o ciclo A biblioteca en igualdade.

Dani Viéitez e Iria Iglesias, autores da serie do Raposo Rufo e de Amanita e Pilonga falarannos do seu traballo como ilustradores, das tarefas na casa, que reparten equitativamente.

cartel = (redes)_pq.png

Neste contacontos relacionado coa igualdade, explicarán conceptos coma a empatía, o respecto, o sexismo e o feminismo. Rematando cun obradoiro.

Esta actividade enmárcase no programa Ler conta moito, financiado pola Consellería de Cultura e o Concello do Saviñao.

Ven o venres 6 de setembro ás 12 h. a esta actividade para participantes a partir de 3 anos e público familiar.