obradoiro de debuxo monstruoso

O venres 7 de xullo, debuxa en directo co autor dos Megatoxos.

cartaz_anxo_farina_pq

Podes aproveitar para coñecer as obras que temos na biblioteca. Así cando veña, poderás facerlle preguntas sobre os seus traballos. Están xa expostas na casiña dos ratos. Podes atopar desde contos infantís e novelas xuvenís ata guías de viaxes por Galicia e as ilustracións dun libro de teatro.

Ensinaranos trucos para debuxar e rematarremos coa contrución dun deseñador de monstros ou seres imaxinarios.

Vente divertir mentras aprendes!

Teremos 2 obradoiros o  venres 7 de xullo:

  • ás 12 da mañá na Biblioteca de Escairón
  • ás 5 da tarde na Biblioteca de Currelos

Deberás anotarte porque hai aforo limitado e para que teñamos materiais suficientes para todos. Podes facelo no teléfono da biblioteca: 982452324 durante as horas de apertura (10-14 h. e 16:30-20 h. e a partir do 3 de xullo de 8:30-14:30 h.).

O desexo do gato Klops, de Estefanía Padullés

cartaz desexo do gato klops A ilustradora e escritora Estefanía Padullés presentaranos o seu conto “O desexo do gato Klops” e desvelaranos algún dos secretos do traballo do debuxo e da ilustración.

Convidámosvos a participar nesta actividade ideal para asistir en familia, que terá lugar na Sala Infantil da Biblioteca Municipal do Saviñao o vindeiro venres 7 de agosto ás 12 da mañá.

A autora, de orixe catalán, trasladouse a vivir a Galicia hai algúns anos e esta é a primeira obra que ilustra e escribe.

desexo do gato klopsNa sesión coñeceremos a marabillosa historia do gato Klops, un conto que nos fala do proceso de aprendizaxe necesario para recoñecer que somos valiosos e dignos de ser queridos a pesar de non ser perfectos. Con formato de álbum, as ilustracións complementan a historia e motivan unha aprendizaxe entretida, interactiva y reflexiva.

gato klopsA actividade está indicada non só para nen@s, senon que é perfecta para asistir en familia, con ou sen nen@s.

Como xa dixemos, ó rematar a actividade a autora asinará gustosa os exemplares dos asistentes que asi o desexen.sinatura de exemplares

contando con imaxes

O vindeiro 6 de xuño ás 5 da tarde teremos un obradoiro coa ilustradora Noemí López.

Para a actividade será necesario inscribirse ata o día 4 de xuño na biblioteca.

A inscrición pode facerse ademais de presencialmente na biblioteca, por teléfono, ou por mensaxe privada a través de Facebook (se non se recibe confirmación, chamar).

Podedes consultar o seu blog e a súa ficha na Asociación Galega de Profesionais da Ilustración para coñecer máis da súa traxectoria como ilustradora.

obradoiro de ilustración

O luns 9 de abril contaremos con

Manel Cráneo

que nos presentará o seu obradoiro de ilustración

Planeta Mincha.

Esta actividade ofrécese dentro do Programa Letras Vivas da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, polo cal se cofinancian actividades de animación á lectura entre os Concellos e a Consellería. Haberá un obradoiro na biblioteca de Currelos e outro na de Escairón.

  • Currelos, ás 16:00.
  • Escairón, ás 18:30.

Podes atopar máis información do autor e a súa obra nos seguintes enlaces:

o blog de Manel Craneo

outro blog de Manel Craneo

as súas obras na biblioteca

en entrecomics

sobre Planeta Mincha:

o blog de Manel Craneo sobre Planeta Mincha

o blog de Planeta Mincha

Para coñecelo en persoa e desfrutar do obradoiro, acércate o luns a algunha das nosas bibliotecas.

actividade biblioteca de currelos

[consultar a web do autor]

Mañá, día 5 de maio, terá lugar na Axencia de Lectura Municipal “Maruchi Arias” de Currelos a actividade A crear personaxes, co ilustrador galego Anxo Fariña. Están convidados a participar os rapaces de Primaria do Colexio de Currelos.
Esta actividade ofrécese dentro do Programa Letras Vivas da Consellería de Cultura, polo cal se cofinancian actividades de animación á lectura entre os Concellos e a Consellería.
Para participar na realización desta actividade de animación lectora na Biblioteca de Currelos, a Biblioteca de Escairón pechará pola mañá ás 13.30 h.

O gato sol – con Marisa Irimia

Podemos ver xa a representación de Marisa Irimia co Kamishibai do conto “O gato sol“, ilustrado por Beatriz Iglesias Ortiz.

Argumento: O protagonista deste conto atopa un gatiño na selva e lévao para a casa. Non sabe qué nome poñerlle e decide visitar ó sabio do pobo para que lle axude a elixilo.

(se o vídeo non se ve, proba aquí)